(2022-2023) San Valentín non so é para os namorados!
Ola a todos e todas! Como ben saberedes xa, o día 14 de febreiro celebramos San Valentín, ou como tamén se coñece, o día dos namorados e namoradas. Esta celebración fixo que no cole nos fixesemos unha pregunta... De verdad este día e solo para as persoas namoradas? Que hai do amor hacia as nosas familias? Que hai do amor aos nosos amigos e amigas? E as nosas mascotas?
Así que, como parte do noso proxecto anual sobre as emocións, decidimos traballar o amor da mellor forma que se pode practicar, vivíndoo. De ahí que o día 14, en cada unha das clases do colexio houbese sobres, cun bombón de chocolate pegado en cada un deles; e unha tarxeta cun nome dentro. A dinámica foi moi sinxela: coller un sobre, ler o nome da persoa a que vai dirixido e entregarlle o bombón. No momento de entregalo, dedicamos a esa persoa unhas palabras positivas, unha dedicatoria ou resaltamos unha cualidade positiva do compañeiro ou compañeira en cuestión. E a vista esta que lles encantou!
Pero os nenos non foron os únicos que o pasaron ben facendo esta actividade. Os mestres e mestras do colexio tamén tivemos o noso momento; e sen dúbida recibimos o mellor regalo que poderiamos ter: unha escola onde todos e todas nos queremos e respetamos.
E sen máis que dicir, despedímonos agardando impacientes polo próximo San Valentín para repetir esta actividade! Coma sempre, se queredes ver máis fotos desta actividade podedes facelo na súa carpeta correspondente na nosa galería.