(2022-2023) Sabías que un globo pode pegar? contámoscho no vídeo que creamos deste novo experimento
Este mes, o noso experimento científico tivo que ver coa electricidade estática. O profe presentounos o material que iamos empregar e, cada quen, foi plantexando a súa hipótese do que se podía facer con el.
Seguindo as instrucións, frotamos o globo coa toalla e descubrimos que, papeis cortados en anacos moi pequiños voaban ata quedar pegados cando se achegaba o globo. Tamén probamos a facelo co noso pelo, que tamén quedaba de punta pegado.
Ata fomos capaces de deixar o globo pegado na porta da clase, despois de "cargalo" frotándoo coa toalla.
Debatimos sobre cal podería ser a causa de que isto sucedese, e fomos pantexando diferentes hipóteses. O profe contounos finalmente, que cando se frotaba o globo "quedaba cargado" de electricidade estática, que era o que facía que se pegasen as cousas.
Cada un dos equipos cooperativos, repetiu os mesmos pasos para facer o experimento; tras acordar dialogadamente a cor do globo, a cor do folio e como organizar o traballo, para que todos e todas puidesen participar no mesmo.
Todos os equipos conseguiron "cargar os seu globo" e que voasen os papeis, puxera de punta o pelo e ata que quedase pegado na porta.
Unha vez todos e todas deron rematado de repetir o experimento; os integrantes do equipo "CABALO", engados nesta ocasión de crear o vídeo do mesmo puxéronse máns á obra. Recortaron e pegaron as imaxes que buscaron en internet, que logo imprimiron, escribindo a cantidade e o tipo de material ao seu lado.
Usaríamos este panel no vídeo.
Despois da grabación, e de que o profe "montase o vídeo", así quedou unha vez rematado, co equipo CABALO contando como podes facer este experimento... por se queredes repetilo na túa casa.
Tan só nos quedaba plasmar as observacións, e resultado final do experimento no caderno de campo de cada quen.
Lembra que podes acceder ós vídeos de tódolos experimentos que levamos a cabo, neste e nos cursos anteriores, desde aquí.