Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Última entrada do ano, isto é o que fixemos en decembro!

Ola a todos e todas! Xa estamos en decembro, e iso solo pode significar unha cousa... toca despedir o ano! Pero antes de facelo, falta compartir con vós que é o que pasou na aula de EI1. Comezamos!

Celebramos os cumples do mes de decembro, que neste caso foron de Yara e Nora. Ademais de facerlle unha camiseta con estrelas que representan a cada un dos seus compañeiros e compañeiras; tamén lle fixemos unha coroa e unha tarta de cumple moi rica na que tivemos axuda das alumnas de 5º e 6º de primaria.

No plano artístico, continuamos elaborando o noso dossier de laminas onde pintamos cadros de distintos artistas. Pero ademais, tamén continuamos experimentando coa plasti, practicando distintas técnicas e elaborando cousas como unha estatua de nós mesmos.

Outra das actividades plásticas que fixemos, foi unha pequena árbore de Nadal con cartulina. Con pegatinas, cores, cartulinas e todo o que veu a nosa cabeza, elaboramos estes conos que utilizamos para colaborar na decoración do pasillo do colexio.

Como xa puidechedes ver en outras entradas, elaboramos distintos adornos para colgar do teito. Facelo levounos a ter que organizarnos, repartir as tarefas, decidir que pinta cada cousa, que cores imos a usar, como ían ser os equipos... E o resultado foi chulísimo!

Como xa puidechedes ver, tamén estivemos preparando a nosa obra de teatro, o cal nos levou moitisimo traballo. Dende deseñar o monstruo, a levalo a realidade ou todos os ensaios que fixemos; os nenos e nenas fixeronse responsables de todo, e o máis importante, o pasamos xenial durante todo o proceso.

Tamén participamos no concurso de bolas de nadal do concello. Aínda que seguro que as familias recordades ben ese día, xa que volvimos a casa cheos de prupurina ata as orellas.

Outra das actividades que fixemos, foi a de medirnos para reorganizar os nosos sitios na asamblea. E como xa somos maiores, e coñecemos ben os números, cada neno e nena fixose cargo de medir a un dos seus compañeiros e compañeiras. A continuación rexistramos as medidas na pizarra, e ordenamos as alturas de maior a menor.

Estas postales resultan familiares verdade? Probablemente sexa porque xa estarán nas vosas casas. Este mes tamén elaboramos postais de Nadal que, ademais de cubrir cunha mensaxe as nosas familias, envíamos nos mesmos utilizando o buzón de correos do noso concello.

Un dos días máis divertido chegou coa excursión que fixemos ao cine a Caldas. A película que vemos foi super divertida, pero igual de ben o pasamos no autobus de camiño ao cine.

Outro día moi divertido chegou cun experimento que decidimos facer utilizando: imáns, cereais e auga. E aínda que tiñamos os imáns, faltaban os cereais. Por iso, tras pedir permiso, fomos de excursión ao supermercado para mercar o material que necesitabamos.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.