Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Chegou o Nadal a EI: decoramos o corredor, participamos no Festival... e moito máis. Queres vernos?

Coa chegada do mes de decembro, xa estaba preto o Nadal, Así que en Educación Infantil, puxémonos mans á obra porque tiñamos moito que facer:      

Creamos a nosa árbore xigante de Nadal, que encheríamos de estrelas que decoramos na casa, e con doces de Nadal aportados por todos e todas.

     

Co paso dos días fomos decorándoo, coas estrelas e os doces de Nadal que fomos traendo das nosas casas.

           

Unha vez rematado quedou así de fantástico e "delicioso".

   

  

Creamos uns adornos xigantes de Nadal para pendurar no corredor, pintados e decorados con purpurina.

   

Nos adornos pegamos as fotografías de cada un dos equipos convertidos en "Papá Noel", con barba e gorro. Podes vernos a todos e todas, de seguido.

    

Cos adornos pendurados no corredor, xa tiñamos lista a decoración do mesmo, acompañando á arbore chea de doces.

    

Sen esquecernos de escribir o cartel de benvida, que anunciaba a chegada do Nadal, para que puideran lelo cando viñeran as nosas familias a ver o festival.   

 

     

Decoramos unhas bolas brancas, para engadir na decoración do Concello de Campo Lameiro.

     

Creamos a una "postal reno", que enviaríamos ás nosas casas por correo.. a ver cando as recibimos?

     

Nelas escribimos unha mensaxe de Nadal para as nosas familias. 

 

     

Tivemos que metela nun sobre, pegar un selo e indicar o noso enderezo e remitente, para que o carteiro ou carteira puidese levala ás nosas casas.

    

Con todo listo, chegou o momento de ir a metela no buzón de correos e, de paso, ver a decoración de Nadal que había polo camiño.

   

Recibimos a visita de "Papa Noel", que nos regalou unha bolsa de caramelos a cada un, ademais de falar con cada un.

     

Planificamos, preparamos, ensiamos e participamos no Festival de Nadal con dúas actuacións.

     

Representaríamos unha obra de teatro (6º de infantil) e faríamos un baile (4º e 5º de infantil).

Para a obra, baseada no conto "A min non me comas", creamos un monstruo xigante, elixindo as cores que queríamos que tivese.

    

Despois de varios días de ensaios, xa estabamos listos para o gran día do Festival, tanto para os nosos compañeiros (o mércores), como para as nosas familias (o xoves)  

   

Asistimos tamén ás actuacións dos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, justo despois da nosa.

    

Así podes ver a nosa actuación no Festival de Nadal diante das nosas familias. Que che parece?

  

Lembra que podes ver tódalas actuacións do Festival, na que están as de todos os compañeiros e compañeiras do colexio, na seguinte ligazón:

(2022-2023) Festival de Nadal 2023 [vídeo completo]

    

Antes de marchar de vacacións de Nadal, despois das actuacións para as familias, chegou o momento de "comer os doces" que estaban na nosa árbore... estaban boísimos.

     

Podes ver tódalas fotogafías, moitas non publicadas aquí, no seguinte álbum da galería fotográfica:

ÁLBUM: (2022-2023) Chega o Nadal, decoramos os corredores e participamos cunha actuación no festival... e motio máis.  

    

  

  

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.