(2021-2022) Pechamos novembro recordando o que fixemos
Menudo mes! En novembro fixemos tantas cousas que nin o profe acórdase ou sacou fotos de todas. Por sorte, entre ás veces que os nenos e nenas de EI1 recórdanllo, e os momentos no que a neurona funciona, puidemos facer unha recopilación dalgunhas das actividades que fixemos ao longo deste mes... Listos? Empezamos!
Sesión de pintura estampando
Para esta actividade, comezamos explicando en que consiste a técnica do estampado. A continuación, buscamos na nosa aula xoguetes, obxectos e material de aula que servise para estampar. Tractores, platos, rexas, bloques... Deixamos todo perdido de pintura, pero os resultados foron dignos dunha galería de arte.
Fixemos as cestas para o Magosto
Aproveitando todos os tubos que trouxemos da casa (grazas de novo ás familias!), fixemos as cestas para as castañas. E para completar a decoración, utilizamos pegatinas de distintas cores para personalizalas e facelas nosas. Foi tan divertido facelas como chealas de castañas.
Ilusionismo na aula
Este mes tamén falamos de ilusionismo, un estilo artístico que busca representar realidades inexistentes e incoherentes co espazo no que representanse. Por iso, a través do collage, fixemos as nosas propias obras ilusionistas, pegando sobre a paisaxe de marte elementos da nosa vida diaria, dende fotos de comida a modelos desfilando sobre cráteres.
Seguimos a completar os nosos diccionarios
Aínda non o dixemos nas entradas anteriores, pero tanto en EI2 como en EI1 retomamos a rutina do diccionario. Todas as semanas, completamos o noso diccionario xigante con toda clase de palabras que comezan pola letra da semana. E, na seguinte sesión, completamos o noso diccionario individual coas nosas palabras favoritas das que vemos o día anterior. A nós encántanos facelo, e sobra dicir que está a quedar xenial!
Debuxamos propostas para o logo da radio da escola
Pero non só fixemos cousas para nós. No cole celebramos un concurso para elexir o logo e nome da radio da escola. E por supuesto, en EI1 quixemos participar tan pronto chegounos a noticia. Foi coa profe Zaira quen deunos ideas, nos axudou a facelos e tamén a escribir un nome. Normal que nos guste tanto cando visita a nosa aula!
As tarxetas das emocións
Como amosamos en anteriores entradas, na clase elaboramos un mural das emocións para identificar as cores e as caras que representan cada emocións. Pois agora que xa o completamos, elaboramos unhas tarxetas personalizadas coas fotos de cada neno e nena, onde poden ver a sua propia cara expresando cada emoción para ter na súa casa. Agora a pregunta é... En que traballaremos agora? Estade atentos a próximas entradas para descubrilo!