(2021-2022) Así foron os primeiros días do curso na nosa aula e buscamos globos por todo o centro.
Durante estes primeiros días de curso, voltamos a adaptarnos ás rutinas da aula, adicamos o tempo a coñecernos uns ós outros, e a que os novos compañeiros e compañeiras foran descubrindo todo o que suecede e podemos facer en Infantil 2.
Comezamos a xogar todos xuntos e epxlicándolle ós novos compañeiros e compañeiras todo o que podemos usar na nosa aula.
Descubrimos as normas da merenda, desenvolvendo as nosas habilidades de autonomía, inciativa e toma de decisións.
Creamos os nosos novos carnets QR, que empregaremos ó longo de todo curso en diferentes tarefas (calendario online, rexistro da biblioteca...) , e como vos iremos contando en diferentes entradas deste blog.
Retomamos as rutinas do encargado, usando o carnet QR para acceder ó calendario online... e tivemos as nosas primeiras asambleas.
Non nos esquencimos do lavado habitual das nosas mans, por mor da COVID-19.
Encantounos poder xogar todos xuntos no patio nos recreos.
Descubrimos tódolos libros que temos na biblioteca de aula e que, moi pronto, comezaremos a levar para casa os venres.
Creamos as nosas novas bandexas para a merenda, buscando no ordenador, a fotografía que queríamos pegar.
Actualizamos a foto de grupo da nosa porta, para que puidésemos aparecer todos e todas nela.
Fixemos tamén unha foto individual, que levamos para as nosas casas. Agora xa poden coñecer as nosas familias, ós novos compañeiros e compañeiras.
Busca de globos escondidos polas dependencias do colexio:
Para que os novos compañeiros e compañeiras, que estaban nas dúa aulas, participamos nunha busca, ó longo da semana, de globos escondidos por diferentes dependencias do colexio.
Cada globo tiña o nome dun compañeiro ou compañeira, ademais de gomets para decoralo.
Ó longo dos días, todos e todas foron atopando os seus respectivos globos, por diferentes lugares do centro.
En próximas entradas continuaremos contando todo que nos que nos queda por facer (refacer as normas, organizar os equipos cooperativos...) para retomar as nosas aventuras na nosa aula.