Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2019-2020) Creamos unha boca “orelluda” para participar no Salón do libro. Xa llo levamos ó LOBO ORBIL

Este curso participaremos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, primeiro e segundo.

O tema nesta ocasión e "O HUMOR" e como sempre, para poder participar nas actividades, e reencontranos co LOBO ORBIL, temos que crear un traballo literario sobre o tema entre todos e todas.

O primeiro que fixemos foi lembrar como fora a nosa participación e visita, ó salón do libro do curso pasado, sobre todo para presentarlle a ORBIL ós novos compañeiros e compañeiras.

 

Os profes contáronnos que os de primeiro e segundo estaban creando unha boca xigante, da que saían chistes na súa lingua. Nos seríamos os encargados de facerlle cadansúa orella-libro.

Cada unha das aulas inventou, despois de varios borradores para correxir a historia, un conto de humor, no que as "orellas" fosen as protagonistas.

Repartíndonos o traballo e traballando xuntos, demos creado os nosos fantásticos libros-orella.

Co libro xa rematado, só faltaba darlle a última revisión "de calidade".

 

Por se non podes agardar para velos no "Salón do libro", aquí os podes ler facendo click sobre cada imaxe.

Os compañeiros e compañeiras de EI1 crearon:

 

Pola súa banda, os de EI2 son os autores de: 

Cos libros rematados chegou o momento de que tamén participasemos na creación da "boca xigante orelluda", pintando de negro a caixa onde se atopaba a boca, e a lingua cos chites dos compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo.

 

Puxémoslle os nosos "libros-orella" unha vez estivo seco, e quedou listo para levarllo ó LOBO ORBIL.

Así de fantástico quedou unha vez rematado. Deixámolo uns días no colexio antes de levalo a Pontevedra, para que todos os compañeiros e compañeiras do colexio puidesen velo.

Agora tan só nos queda agardar a que chegue o día da visita ó Salón, onde poderemos ver o noso traballo exposto, xunto ós dos demais colexios participantes, e asistir a unha fantástica sesión do contacontos.

Como sempre poderedes velo nunha entrada neste blogue.

Podes atopar toda a información sobre o "Salón do libro 2020", así como horario de visitas de balde en https://www.salondolibro.gal/

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.