(2019-2020) E demais, no mes de febreiro, tamén sucedeu todo isto.
Durante as últimas semanas sucederon moitas cousas en Infantil 2, tal como vos fomos contando nestas entradas anteriores:
- (2019-2020) Creamos unha boca “orelluda” para participar no Salón do libro. Xa llo levamos ó LOBO ORBIL
- (2019-2020) Celebrámo-los aniversarios do mes de febreiro
- ] (2019-2020) Celebramos o Entroido: Obradoiro de disfraces coas familias, desfilamos como tractores e seguimos as instrucións do Meco
- (2019-2020) Xa temos a nosa película dos Pokemons rematada. Queres vela?
Pero ademais de todo isto, tamén...
Anotamos as datas sinaladas no noso calendario online, que usa o encargado de cada día para facer os diferentes rexistro e rutinas.
Traballamos aspectos de lóxica matemática coa profe Yolanda.
Continuamos a encher, coas nosas palabras favoritas, tanto o dicionario xigante como o noso dicionario individual
Xogamos a descubrir imaxes ocultas nas sesións de "xogar a pensar" para desenvolver os nosos pilares de pensamento a través do diálogo.
Continuamos a rexistrar, grazas a aplicación online, os libros que levamos para casa os venres, que tamén anotamos nos nosos rexistros en papel, usando a portada que se pode imprimir se introducimos o número correcto do libro.
Encántanos relaxarnos co noso "cerebro" de purpurina.
Comezamos a facer os "apadriñamentos lectores" xunto ós compañeiros e copañeiras da de primaria. Tódolos luns na hora de ler encontrámonos con eles.
Visitonounos Dora e Pepa Pig, un día cando estabamos no patio do recreo.
Despedimos o Entroido, co "enterro do Meco" xunto ós compañeiros e compañeiras de primaria.
Os compañeiros e compañeiras de sexto leron o "testamento do Meco"
Queimándoo demos por rematado este Entroido. Tan só nos queda agardar un ano máis para voltar a atoparnos con el.