Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2018-2019) Entrevistamos a Susa Herrera para o telexornal que estamos creando en infantil

Un día os profes ensináronos na clase un telexornal con noticias moi curiosas, a partir del xurdiu un diálogo sobre todo o que alí saía, para que servía e quen os facía.

 

 

A todos nos parecía raro que non saira ningunha noticia do noso colexio, así que alguén plantexou a idea de facer o noso propio telexornal contando as noticias que sucederan ó longo deste curso.

Acordamos crear o noso propio telexornal, e comezamos por organizar e planificar o traballo, clasificando as noticias do telexornal que acabábamos de ver en diferentes seccións. Escribimos debaixo as noticias que contaríamos do noso colexio de cada categoría.

  

 

Pedimos tamén axuda ás nosas familias para conseguir información sobre como se fai un telexornal. Recibimos varios vídeos e documentos (que podedes atopar no recanto de infantil no apartado de vídeos). Tamén trouxemos un micrónofo que poderíamos usar nas noticias que había que crear.

  

 

Con esa información anotamos no mural tanto o material que precisaríamos así como as persoas que se encargan de facelo, e o rol que desempeña cada un deles.

 

Agora que xa sabíamos quen era un redactor, presentador, realizador...  estabamos preparados para crear as nosas noticias.

Cando estiveran todas listas poderíamos "crear" un plató e rodar un telexornal con todas elas.

Como esta semana viría Susa Herrera a presentar o seu novo libro-disco, e como estaba xa anotado na nosa lista de noticias previstas, pensamos que poderíamos facerlle unha entrevista para logo incorporar á noticia. 

Entre todos e todas escribimos as preguntas que lle faríamos.

 

Acordamos quen sería reporteiro e cámara, entre os voluntarios que se presentaron.

 

 

Despois de varios ensaios, o día da celebración do concerto de Susa Herrea (do que teredes unha entrada nesta mesma web), cando rematou o concerto puidemos facerlle unha entrevista. 

Aquí está o equipo de dous redactores e o cámara esperando a que chegara, probando que todo funcionase correctamente.

 

Foi moi divertida e quedou xenial, lista para incorporala á noticia.

 

 

Visionamos a noticia na aula, para ver que nos parecía e facer unha valoración crítica da mesma.

 

Poderedes ver esta entrevista, xunto coas restantes noticias, cando estea listo o telexornal a final de curso, como sempre poderedes velo neste blogue.

Continuaremos a contar o proceso de creación do noso telexornal ó longo das vindeiras semanas en sucesivas entradas.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.