2018-2019 - CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR
Dentro das actividades programadas dentro PLAN DIRECTOR, e despois da sesesión que nos ofreceron cos pais/nais, agora a Garda Civil visita ao alumnado do cole para ofrecernos información e formación sobre a violencia de xénero e o acoso escolar.
Resolvéronnos moitas dúbidas...
E, a partir de aquí, xa sabemos un pouco máis desta temática que, por desgracia está tan a orde do día...
Neste senso, educar no respecto á diversidade forma parte da formación integral do noso alumnado. Ligado todo a valores como a igualdade, a pluralidade, a diferenza e o respecto.