Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Durante a semana do Entroido Dora mandounos traer posto...

Como cada curso, durante a semana de celebración do Entroido no colexio Dora, a mascota da biblioteca, foi mandándonos vir vestidos de formas estrafalarias.

Por cursos fomos escollendo o que debería traer vestido todo o colexio ó día seguinte, ata chegar ó venres, cando tería lugar o desfile e festa do Entroido.

Os de INFANTIL fomos os primeiros que tivemos que elexir como vir vestidos o luns, para o cal xuntámonos as dúas aulas para decidir de que forma graciosa poderíamos mandar vir a todo o mundo.

Para explicarlles como funcionaba este "xogo de Entroido" ós novos compañeiros e compañeiras que non estaban o curso pasado, revisamos o que había publicado na web do ano pasado, para ver de que forma tivemos que vir vestidos.

 

Despois de aportar diferentes ideas e argumentar cales eran máis graciosas que outras, acordamos vir cun calzoncillo ou unha braga ben na cabeza ou por enriba da roupa. A votación foi moi reiña pero finalmente gañou a opción de traela na cabeza posta, a modo de sombreiro.

 

Para que tódolos compañeiros e compañeiras do colexio coñecesen a nosa decisión, escribímola entre todos nunha cartulina.

 

Agora, xa pendurada de Dora, todos saberían como había que vir vestidos o luns. Ademais puxémoslle un calzoncillo a Dora e a un boneco de peluche na cabez para que non quedase ningunha dúbida.

 

Anotamos nunha nota, e así o faríamos ó longo da semana, como había que vir vestidos ó día seguinte, para que o soubesen as nosas familias, que tamén podían ir mirándoo na páxina web do colexio.

 

E así viñemos o LUNS, con calzoncillos e bragas na cabeza.

 

Para o MARTES os de primeiro e segundo decidiron que viñeramos con algo elegante nos pes.

 

Cada día estabamos atento a que cambiara o cartel que había posto en Dora, para escribir a nota coa instrucción para o día seginte.

Para o MÉRCORES os de terceiro e cuarto propuxeron vir cun pixama vestido.

 

Para o XOVES os de quinto e sexto quixeron que viñésemos todos e todas con algo na cabez e vestidos elegantes.

 

Cada día, coa foto de grupo que nos facíamos, completamos un panel onde a pegábamos e escribíamos como había que vir vestido.

 

Por último o VENRES, non había instrucción, porque era o día do desfile do Entroido, e nesta ocasión fomos disfrazados de MINIONS (cada curso do colexio foi disfrazado dunha película)

 

Podes ver como foi todo o proceso de deseño e elaboración dos nosos difraces de Minions, nun obradoiro coas familias, así como o desfile e festa posterior do ENTROIDO, na entrada publicada ó respecto neste mesmo blogue. Accede a ela desde AQUÍ

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.