(2016-2017) E ademais... nos meses de abril e maio tamén sucedeu todo isto.
O longo destas semanas, ademais de continuar coa nosa investigación sobre a muralla chinesa, tal como comentamos na entrada correspondente, tamén sucedeu todo isto no día a día da nosa aula.
Exploramos as nosas posibilidades creativas coa témpera, ben seguindo instruccións e controlando os espazos...
... como traballando de forma coordianda para facer unha creación conxunta.
Establecendo diálogos cos compañeiros e compañeiras para completar unha creación conxunta.
Logrando ó final unha mistura de cores
Continuamos a explorar as posilidades dos robots educativos da nosa aula.
Cronometrando o tempo que tardaban os ozobots en chegar ó fina do seu camiño, con código de cores diferente de cada vez.
Creando un labirinto para que o percorrese o Beebot...
... coa programación que lle indicamos para chegase o seu destino.
E axudando ós ozobots a chegar o seu camiño, sorteando obstáculos.
Traballando en equipos todo é moito máis doado.
Desenvolvemos as nosas capacidades psicomotrices e de coordinación nas sesións no pavillón.
Asistimos a un contacontos na biblioteca do colexio a cargo da "libreira" da librería "Pataca Frita".
Con quen rematamos cantando unha canción moi coñecida coa axuda da súa pandereta.
Tamén a nai de Lara visitou as nosas aulas para contarnos o conto favorito da nosa compañeira. Motas grazas!
Creamos o noso regalo para o día da nai:
Como regalo para as nosas familias, polo día da nai, creamos un lapiceiro con vasos de cartón e pinzas. O primeiro foi contar as 18 pinzas que iamos precisar.
Logo tan só había que dividilas "á metade", para poder pintalas de dúas cores diferentes.
Pegamos as pinzas ó vaso de cartón, facendo unha serie coas cores.
Confeccionamos o noso propio papel de regalo, enchéndoo de palabras que non "daban ledicia": amor, bicos, apertas...
Tan só faltaba envolvelos como un caramelo e escribir unha pequena nota para acompañalo. Xa estaba preparado para levar para casa.
Continuamos a anotar os libros que levamos para casa os venres...
...e a encher de palabras o nos diccionario xigante.
Cos máis pequenos traballamos aspectos de orientación espacial, conteo e cores facendo un camiño "enorme" para que puidesen pasar os animais.
Démolo feito entre todos e todas... por fin os animais poderían chegar ás súas casas.
Lembra que podes ler todo o que fixemos, ademais do que aquí contamos, nestes meses nas diferentes entradas publicadas neste mesmo blogue.