(2016-2017) Así preparamos e celebramos o Magosto-Samaín
Por fin chegaba unha das festa máis esperadas no colexio "o Samaín e o Magosto", pero antes do gran día tiñamos que planificalo e facer unha serie de preparativos. Contámosche de seguido todo o que fomos facendo e como o celebramos.
DESCUBRIMOS E DESEÑAMOS UN MONSTRUO XAPONÉS: O USHI-ONI
Desde a Blioteca do centro Dora, a mascota, enviounos unha carta convidándonos a representar un monstruo doutro país inventando unha rima para o mesmo.
No noso caso descubrimos o monstruo xaponés, como os nosos compañeiros e compañeiras cos que intercambiamos correspondencia.
Descubrimos que o USHI-ONI era un monstruo vaca, que roubaba os peixes ós pescadores xaponeses. Así o deseñamos entre todos e todas, aportando diferentes ideas de como podería ser.
Os de 4 e 5 anos inventamos unha rima, que escribimos detras do noso USHI-ONI, para que todos puidesen lela na biblioteca.
Así quedou a nosa rima rematada:
O USHI-ONI É UN MONSTRUO VACA
SE TE ATOPAS CON EL
SEGURO QUE TE FAS CACA
Coa plastificadora deixamos o nos monstruo listo...
... para penduralo na biblioteca do colexio, decidindo entre todos e todas cal sería o mellor lugar para poñelo.
Por decisión maioritaria, tras unha votación, acordamos penduralo na entrada da biblioteca para que todos e todas puidesen velo en canto entrasen.
CONVERTIMOS O NOSO CORREDOR NUN "LUGAR TERRÓRIFICO": Pantasmas, morcegos e cabazas monstruoas.
O primeiro foi crear un cartel que avisase que estabamos en Samaín, e que ían atopar cousas de "medo", entre todos dictamos a palabra ó profe, quen a foi escribindo no encerado. Logo "pasámola" a unhas cartolinas negras, unha por cada letra.
Tan só quedaba colorealas para que quedasen "terroríficas"...
E colocándoas en orde, tiñamos listo o noso cartel de aviso... agora quen entrase no noso corredor estaba avisado que que podía pasar "moito medo".
Penduramos do teito as pantasmas e morcegos que fixeramos con follas e caixas de ovos. Podes ver o proceso de creación dos mesmos nas entradas respectivas (do mes de outubro) publicadas nos blogues de infantil 1 e 2.
Pouco a pouco fomos traendo tódalas cabazas de infantil, que logo estarían no concurso-exposición do colexio... encantábanos miralas cada vez que entrábamos ou saíamos da aula... e ós compañeiros e compañeiras de outras aulas viñeron a ver "que fantásticas eran".
Así quedou o noso corredor rematado... moi terrorífico todo ;)
E CHEGOU O GRAN DÍA: BENVIDOS Á FESTA DO MAGOSTO-SAMAÍN.
O día da festa do Magosto-Samaín, viñemos todos con disfraces terroríficos... e os profes tamén!!.
Metimos os nosos medos no "come medos" que había no corredor e no que tódolos compañeiros do colexio, foron introducindo os seus medos escritos en pequenas pantasmas de cores.
Participamos na votación da nosa cabaza favorita, alí estaban xunto ás nosas as dos demais compañeiros e compañeiras.
A decisión non era fácil posto que había moito onde escoller.
Tomada a decisión escribimos o número das nosas cabazas favoritas nun papel, e metémolo na caixa de votos.
Mentras agradábamos o reconto de votos e ata o recreo bailamos cancións de samaín unha das aulas...
... e visionamos curtametraxes de medo na outra. Cada quen escolleu autónomamente en cada momento que prefería facer.
A hora do recreo, disfrazados de monstruos terroríficos tiña pinta de ser fantástica.
E así foi... pasámolo "de medo".
Ata algún profe difrazado se acercou ó noso patio a ver o "medo que dábamos".
ENTREGA DE PREMIOS E DIPLOMAS ÁS CABAZAS FAVORITAS NA BIBLIOTECA:
Despois do recreo chegou o momento de subir á Biblioteca e descubrir cal era o resultado do concurso-exposición de cabazas.
Alí, nunha biblioteca que tamén se voltara terrorífica, estamos todos e todas agardando o resultado final.
En Infantil 1 quen levou o agasallo pola súa cabaza foi Nayra.
Mentras que en Infantil 1 foi a cabaza de María.
Ademais tamén levaron diplomas honoríficos as cabazas de Carlota, Mariña, Lucas G e Lara F.
PARTICIPAMOS NOS XOGOS DO MAGOSTO NO PAVILÓN.
Nesta xornada tan completa, unha vez rematada a celebración do Samaín comezamos a celebración do Magosto participando en diferentes xogos no pavillón, xunto con compañeiros e compañeiras de outros cursos do colexio.
Cada grupo estivo "acompañado" e guiado por un compañeiro ou compañeira de sexto curso, que o fixeron xenial.
Xogamos a "levar unha castaña cunha culler na boca".
A encestar aros nun cono.
A derribar os bolos.
Nunha carreira de sacos.
A encestar castañas na boca do "come castañas"
E nunha competición de tirar da corda... na que parcipamos todos.
COMENDO AS CATAÑAS ASADAS DO MAGOSTO:
Rematados os xogos, os compañeiros e compañeiras maiores foron os encargados de repartir as castañas.
Metémolas no noso fantástico cesto-morcego para poder comelas tranquilamente.
Velaquí podes vernos degustando as castañas asadas do Magosto, as mesmas que foramos traendo de casa e que tivéramos nas nosas aulas.
Foi unha festa fantástica... agora tan só nos queda agardar a que chegue a do vindeiro curso que agardamos sexa igual de terrorífica.