(2016-2017) Experimentando coas cores
Xa en setembro comezamos coas nosas sesións artísticas, con témpera de cores e diferentes útiles.
Unhas veces pintamos con pincel e moitas outras con outro tipo de instrumentos e útiles.Unhas veces de maneira dirixida e cun obxectivo final e outras de maneira libre e cunha idea na cabeza.
Nunha sesión pintamos con esponxas, estampando con elas
ou arrastrándoas no papel.
Pero o que máis nos gusta a todos e todas, por suposto, é pintar coas mans. E para isto tamén tivemos ocasión. Esta vez en gran grupo, sobre un gran papel branco.
Repartimos distintas cores por todo o papel..e...con música de fondo....a comezar!
Ademáis nesta ocasión non tiñamos que respetar o espacio onde pintaban outros compañeiros xa que era algo totalmente abstracto, unha mistura de cores e intencións.
Cómo desfrutamos coas sensacións da pintura nas mans, esbarando no papel e facendo cambiar as tonalidades e as cores que inicialmente estaban.
Como este mural era de todos, cando secou, decidiuse que o empregaríamos para facer sobre él a silueta das nosas pegadas
que logo recortaríamos e con elas marcaríamos o espacio onde habitualmente facemos as asembleas.
Unha vez marcada esta zona coas nosas pegadas, inicialmente decidimos que en cada unha delas, iría escrita unha palabra bonita que iríamos propoñendo. A primeira foi "amigos".
Pero noutra ocasión, e a raiz de ver a curta "Tamara" e coñecer cómo falan as persoas sordas, decidimos colocar en cada pegada unha letra do abecedario, a medida que foran aparecendo no diccionario xigante.
Así que estreamos a primeira pegada co símbolo en linguaxe de signos, da letra A.
Vos seguiremos contando!