Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Remata setembro e a nosa aula xa funciona a pleno rendemento

Cando remata este primeiro mes de curso, e tal como vos fomos contando en entradas anteriores, puxemos ó día a nosa aula e xa está a pleno rendemento.

Tan só nos quedaba comezar a levar a cabo aquelas tarefas que iremos facendo de forma periódica ó longo do curso:

 

COMEZAMOS UN NOVO DICCIONARIO XIGANTE:

Iniciamos co novo curso un novo diccionario xigante, no que cada semana iremos plasmando as nosas palabras favoritas con cada letra.

Como sempre despois de acordar entre todos e todas (ámbalas dúas aulas) as palabras da semana, buscámolas no ordenador (na aplicación dispoñible no recanto de infantil desta web), para imprimir 1 foto en grande e o número que se acorde de pequenas.

 

Por parellas imos pegando a imaxe e a palabra, escrita por nos, no diccionario xigante.

 

E así imos completando, as dúa aulas, cada semana o diccionario xigante, que podes ver no corredor de infantil.

 

De entre as palabras "preferidas" do diccionario xigante, escollemos algunhas para incluílas no noso diccionario individual, pegando as imaxes que imprimíramos no seu momento e escribíndoas debaixo.

 

Os novos compañeiros e compañeiras tiveron que "iniciar o seu diccionario" poñendose o seu nome, mentras que os máis veteranos continuamos o noso diccionario de cursos anteriores... onde puidemos ver como "escribíamos cando éramos pequenos" e como o facemos agora.

 

 

SEGUIMOS A RELAXARNOS DESPOIS DO RECREO.

Continuando o que iniciamos no curso anterior, á volta do recreo, ou cando cremos que o necesitamos, usamos o noso "cerebro de purpurina e auga" para "tranquilizar o noso cerebro mentras agardamos en silencio a que o cerebro de purpurina se tranquilice"

 

Tamén continuamos cunha "experiencia" que nos encanta para "espertar os nosos sentidos"... que é empregar xabóns de diferentes "aromas", o encargado é quen decide cada día que xabón empregaremos.

 

Comentamos a que nos cheira, e sempre xorde algunha idea moi interesante e creativa.

 

E pouco a pouco a pouco imos explorando sensorialmente co tacto se está frío ou quente, como fai escuma, e como "masaxeamos" cada un dos dedos da nosa man, á vez que imos lembrando como se chaman en castelán e en galego, onde os nomes son moi simpáticos ;)

 

 

FACEMOS O PRIMEIRO PRÉSTAMO DE LIBROS PARA CASA:

Tamén iniciamos o préstamo de libros para casa que faremos cada venre, escollendo un dos libros e, por parellas  empregando o noso carnet QR na aplicación dispoñible no recanto de infantil desta web, introducindo o seu número para conseguir a portada do mesmo.

 

Con esa portada e completando outros datos, facemos o rexistro no caderno individual de rexistro de libros para casa.

 

 

ORGANIZAMOS A PLASTILINA "NOVA" NOS SEUS BOTES:

A nova plastilina tivemos que organizala por cores, identificando en que bote de cor iría, segundo o que poñía na súa etiqueta.

 

En pequenos grupos fomos encargándonos e "encher" cada bote coa plastilina de cada cor.

 

 

"LEMOS" LIBROS XUNTOS, POR PARELLAS, COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA OUTRA AULA:

Unha sesión á semana,  dentro das actividades conxuntas entre as dúas aulas, adicamos un anaco a ler libros "xuntos", por parellas.

 

As normas para ler libros xuntos son:

  • As parellas fórmanas un compañeiro/a de cada unha das aulas.
  • Hai que escoller, de forma acordada, un único libro por parella, e hai que cambialo por outro de forma acordada.
  • Cando remate o tempo (soe o despertador) hai que deixalo todo recollido e situado no seu sitio.
  • Xa de volta, todos xuntos, comentaremos que tal nos foi, se houbo algún problema ou como nos puxemos dacordo.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.