Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR: Calendario electoral.

Iníciase o proceso polo que se renovará parcialmente o Consello Escolar do C.E.I.P. Pedro Antonio Cerviño, de seguido se amosa o calendario previsto para levar a cabo todo o proceso.


PROCESO DE REALIZACIÓN DE ELECCIÓNS NOS DISTINTOS SECTORES DA COMUNIDADE ESCOLAR (PROFESORES E PAIS DE ALUMNOS), PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO.


INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO E CALENDARIO ELECTORAL

 


1.- CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL:
MEMBROS: Directora do Centro, un/unha profesor/a, un pai ou nai ou titor legal e un representante do Persoal de administración e servicios, designados por sorteo, que se celebrou o pasado 4 de novembro na Secretaría do Colexio, quedando constituída ese mesmo día.


2.- CONSELLO ESCOLAR.- Membros que se renovan:
Catro mestres/as elixidos polo claustro, tres pais/nais elegidos por votación e un/unha representante elexido pola A.N.P.A.


3.- PROCESO ELECTORAL E CALENDARIO:
A) - EXPOSICIÓN DE CENSO E PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: Os pais/nais poderán comproba-lo Censo (para correxir posibles erros) no taboleiro de anuncios do Centro e presenta-las súas candidaturas desde o día 5 ata o día 12 de novembro (ámbolos dous incluídos), de 9.15 a 14 horas.
B)  -  SOLICITUDE DE REPRESENTANTE DO CONCELLO: Día 5 de novembro.
C)  - PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS POLA XUNTA ELECTORAL: O día 13 de novembro.
D)  - RECLAMACIÓNS:  do  14 ó 17 de novembro de 9.15 a 14 horas.
E)  - RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS: Reunión da Xunta Electoral para a resolución de reclamacións, proclamación definitiva de candidatos e sorteo dos Compoñentes das Mesas Electorais: o día 18 de novembro ás 14 horas.
F)  -  SORTEO DE MEMBROS DA MESA ELECTORAL DE NAIS/PAIS:  18 de novembro
G)  - ELECCIÓN REPRESENTANTES DO PROFESORADO: Terá lugar o día 18 de novembro, ás 18 horas, en reunión de Claustro. Fixar datas de votación.
H)  - VOTACIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS E MESTRES/AS: Levarase a cabo o día 25 de novembro:
 pais/nais: 9:00  a 14:00 h.  e 16:00  a 18:00 h.
 mestres/as: 18 :00 h.
I)  PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS: pola xunta electoral o día 27 de novembro
J) CONSTITUCIÓN DO NOVO CONSELLO ESCOLAR: 2 de decembro (dentro dos 10 días despois da proclamación)


4.- FINALIZACIÓN DO PROCEDEMENTO:
 - Traslado de actas á Xunta Electoral
- Traslado de actas á Delegación Provicial: 20 de decembro
- Envío do anexo II da resolución do 1 de setembro ó Delegado Provincial antes do 20 de decembro.

   Campo Lameiro, 3 de novembro de 2.008

                    
O DIRECTOR


Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.