(2016-2017) Descubrindo ós novos compañeiros/as, a aula e o colexio nos primeiros días de clase
Durante eses primeiros días do curso fomos "adaptándonos ó ritmo de traballo na aula" á volta das vacacións do verán.
Os máis veteranos, que xa estaban en Infantil 2 o curso anterior, fixeron de anfitrións e foron explicándolle como "funcionaba todo" así como axudando ós compañeiros e compañeiras recén chegados á aula.
Por suposto tamén lles explicamos todo o que se podía facer no ordenador da aula, desde o recanto de infantil.
Exploramos a chea de libros que había na biblioteca de aula, e o profe foi contándonos algúns deles ó longo dos días.
Dentro da casiña comezamos a "imaxinar" e a "xogar" con todo o que había na aula, xunto os novos compañeiros e compañeiras. Os maiores tiñan unhas "ideas fantásticas", que puxemos en práctica e fixemos nosas de seguido ;)
A mesa de luz voltou a funcionar despois de tantas semanas sen que ninguén a empregase... seguía a ser tan divertida como sempre.
Tivemos que organizarnos, xunto cos novos compañeiros e compañeiras, para recoller tódolos xoguetes que iamos empregando...
Todos xuntos fomos "descubrindo" como colaborando rematábamos antes de recoller todo o que había tirado.
Eso si, axudando ós mais pequenos e pequenas, para indicarlles onde se tiña que gardar cada cousa.
Pero non só estivemos dentro da aula... tamén exploramos e descubrimos o patio na hora do recreo... había moito que contar de todo o que se podía facer nel.
Fixemos tamén un percorrido polos diferentes lugares do centro ós que iremos ó longo das semanas.
O pavillón, que xa era o noso lugar favorito, tamén lles encantou ós novos compañeiros e compañeiras...
Reencontrámonos coas árbores do patio... e xunto cos novos compañeiros e compañeiras démoslle unha enorme aperta.
Visitamos a aula de informática e a aula de música, onde iremos cada semana. Aproveitamos tamén para visitar ós nosos anteriores compañeiros e compañeiras, que agora están en primeiro.
Xa na aula tivemos que refacer tódolos rexistros, como o de encargado, para o que precisabamos novas fotografías tanto nosas como dos novos compañeiros e compañeiras. Puxémonos mans á obra.
Tamén fixemos fotografías ós novos mestres deste curso, como por exemplo Elena, que estará connosco unha vez cada semana.
E descubrimos un novo "amigo"... o monstruo de cores que "era o mesmo do libro qeu xa coñecíamos"... un por un fomos dicíndolle os nosos nomes para nos fora coñecendo.
E xunto a todo esto tamén comezamos a "ser encargados", "cambiamos a foto de grupo da aula" e "fixemos as nosas bandexas para a merenda"... pero aínda nos queda moito por "poñer ó día na aula" ó longo dos próximos días.
Como sempre teredes cumprida información en próximas entradas no blogue deste recanto.