Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Preparando a festa do Entroido

Este ano decidimos disfrazarnos de arañas, xa que estiverámos investigando sobre elas.

Decidimos que sería de viuda negra, que a todos nos ten fascinados.

A profe propúxonos que este ano invitásemos ás familias a axudarnos a confeccionalos e tamén nos gustou moito a idea.

 

ELABORACIÓN DAS INSTRUCCIÓNS- PASOS A SEGUIR

Para axudar ás familias na confección, elaboramos unhas instruccións,e resultounos moi doado, xa que ésa fora unha das preguntas da investigación e fixéramos un traxe para a obra de teatro do festival.

Escribimos unha lista co material necesario

    

                        

                     

(1 bolsa negra, 4 calcetíns, ironfish vermello, lá, papel de xornal, papel de pegatina branca e negra, goma eva negra, goma).

E escribimos os pasos a seguir,mentres os iamos realizando

e fotografiando cada un dos pasos

como as instruccións que nós escribimos, eran moi breves e podían quedar cousas sen explicar, dictamos á profe unhas onde explicabamos máis cada paso e esas foron as que utilizamos para os obradoiros

Pero tamén deixamos as nosas xunto cos disfraces da profe Ángela e Merce, que foron os que elaboramos antes.

Así as familias terían os disfraces listos para botar unha ollada e facerse unha idea.

 

ELABORACIÓN DAS PANCARTAS E OS INSTRUMENTOS

Para desfilar ademáis dos traxes tamén levaríamos unhas pancartas identificándonos, Infantil 1, e "arañas arañeiras". Así o decidimos entre todos.

Creamos unhas teas de araña con tea branca. Primeiro probamos nós sós, nos equipos

aínda que finalmente necesitamos axuda da profe, pois ensegida se desfacía o feito e ademáis ela tiña que ir pegando con silicona,...pero todos tiñamos ben claro cómo facelas, igual que as arañas, xa que o investigáramos tamén.

Con estas teas decoramos as nosas pancartas, ademáis de con debuxos, fotos da información das arañas, e os nomes que decidiramos, escritos.

 

Para elaborar os instrumentos, podíamos elixir entre facer maracas e outro instrumento feito cunha caixa de queixiños e contas de madeira que a golpeaban, coma se fose un pequeno pandeiro.

Despois de probar os dous, cada un decidiu cal faría.

Para facer as maracas, metíamos dentro dos botes de yogur líquido (que tiñamos gardados de hai tempo, das merendas) seis contas de madeira e decorábamos con gomets e papeis adhesivos de cores.

 

Para facer os nosos "pandeiros" pintamos dúas teas de arañas coas que decoramos a caixa polos dous lados.

Logo enganchamos dúas contas de madeira nos extremos dunha goma

e con axuda de Ángela, as atábamos a un pao de madeira que ía pegado dentro da caixa.

    

Só había que pegar a caixa por fóra con celo e listo!!!

 

Este ano non seguimos as ordes do Meco na escola, pero o día anterior ó desfile, puidemos vir disfrazados como quixéramos, aquí vos deixamos unha foto de grupo.

Pero qué guapos todos e canta felicidade neses sorrisos....!

O día da celebración do Entroido, ademáis, a maioría das familias colaboramos aportando un postre para degustar despois de desfilar.

Qué boa pinta tiñan todos!!! E qué ganas de comelos xa!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.