Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Continuamos a investigar sobre as formigas respostando as primeiras preguntas

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas seguintes ligazóns:

05/12/15: (2015-2016) Comezamos a investigar sobre as formigas para ter un formigueiro na aula 

24/12/15: (2015-2016) Investigamos sobre as Formigas: "xa temos o noso formigueiro" 

 

ORGANIZÁNDONOS:

Xa estabamos case preparados para iniciar a nosa investigación sobre as formigas á volta das vacacións de Nadal, tan só nos restaba organizarnos.

 

Cada un dos equipos cooperativos encargouse de pegar a súa fotografía, xunto ó nome do equipo no mural da investigación.

 

Deste xeito ó longo da investigación puiemos ir anotando que pregunta investigou cada equipo, ou todos xuntos, nesta ocasión dentro dunha táboa na que cada número se corresponde coa pregunta a investigar.

 

Ó longo da investigación, sempre que traballamos en equipos cooperativos, auto-avaliamos o noso traballo coa panel "das caras" e o "libro dos encargados".

 

 

INVESTIGAMOS TODOS XUNTOS: Falan as formigas?

A primeira pregunta á que quixemos dar resposta foi se as formigas podían falar. Acordamos que investigaríamos esta pregunta todos e todas xuntos. 

 

Atopamos a resposta nun libro que tiñamos no recanto da investigación, do que fixemos unha copia para empregar "parte da información".

 

Fomos plasmando no mural, acordando onde poñer cada un dos datos que atopamos e que o profe nos ía lendo daquel libro, as respostas á pregunta.

 

Velaquí o resultado final da investigación sobre esta pregutna.

 

Como vai o noso formigueiro?:

Obsrvamos como estaba o noso formigueiro e comezamos a facer un rexistro da súa evolución, debuxando nun esquema por onde ían os túneles, indicando tamén o número do día. Voltaremos a facer outra representación deste tipo dentro dunhas semanas, para comprobar se cambiou ou non.

 

 

INVESTIGAMOS POR EQUIPOS:

Xa coa primera pregunta solventada, continuamos a investigar outras catro das dúbidas que tiñamos. Nesta ocasión repartímos o traballo entre os catro equipos cooperativos.

O equipo ABEJITA buscou información para descubrir como nacen as formigas, e empregaron a tablet da aula para buscar imaxes que o amosasen.

 

Atoparno varias fotografías de ovos e, xunto con outra información que lle foron "dando" outros equipos que a atoparan durante as súas respectivas pesquisas... xuntaron unha chea de datos que puideron contar ós restantes compañeiros e compañeiras. 

 

Tan só quedaba plasmalo no mural da información, no lugar acordado para a súa pregunta.

 

Queres saber como nacen? velaquí o tes...

 

Pola súa banda, o equipo PERROS, tivo que descubrir se as formigas picaban ou non, e en caso afirmativo cales o facían. Buscaron en fotocopias e textos impresos que había no recanto da información.

 

Atoparon non só a resposta á pregunta, senón que descubriron como se chamaban algúns tipos de formigas... e por suposto tamén descubriron de que tipo eran as que tiñamos na aula. Así llo contaron ós compañeiros e compañeiras.

 

Explicaron todo o que descubriran pegándoo no mural e escribindo os datos máis relevantes.

 

Aquí podes como descubriron que algunhas si picaban e que as nosas eran as "colleitadoras".

 

O equipo BEEBOT respostou a pregunta de si as formigas cazaban ou non, buscando entre a información dispoñible no ordenador (na web do colexio no recanto de infantil > vídeos)

 

Descubriron algunhas imaxes onde formigas estaban "cazando" outros insectos moito máis grandes, pero ó facelo todas xuntas "podían con eles".

 

Contáronlle este sorprendente descubrimento ós demais compañeiros e compañeiras ,que quedaron igual  de sorprendidos.

 

Anotaron o seu descubrimento no mural da investigación.

 

Velaquí o que poden cazar as formigas.... menos mal que as nosas son "colleitadoras" e só recollen sementes.

 

Pola súa banda o equipo CROCODILO buscou resposta á pregunta: Que fan as formigas raiña? 

 

Lendo algún pe de foto, e pedíndolle ó profe que lles lese o que poñía nalgúns sitios, descubriron a vida tan "cómoda" que tiña a formiga Raiña. E así llo contaron ós demais equipos. 

 

Por suposto, tamén o contaron "por escrito" no mural da investigación.

 

Seguro que te sorprende tanto como a nos o que descubriron. Velaquí o tes:

 

 

DEBUXAMOS UNHA FORMIGA PERO... XURDEN DÚBIDAS:

Empregando témpera, e agora que xa sabíamos moitas cousas das formigas, debuxamos unha de cor negro.

 

Cando estabamos a punto de rematar xurdiunos unha dúbida... podíamos poñerlle ollos, nariz e boca?... eran tan pequenas que non se lle vían.

 

 

TEÑEN OLLOS, NARIZ E BOCA?

Acordamos que o mellor, antes de "mete a pata" ;) rematando a nosa formiga, era investigar para atopar a resposta este misterio. 

 

Descubrimos, analizando diferentes fotos de formigas "moi de preto" que si tiñan uns ollos con "moitos ollos pequenos dentro", que non tiñan nariz e que tiñan boca con "dous dentes", que despois dun debate entre todos estamos seguros que empregan para "cazar os bichos" e "pincharlle o veleno"

 

Así o reflexamos no noso mural da investigación.

 

Xurdiunos unha nova dúbida, xa que se non tiña nariz (porque "cheiraban polas antenas", como podían respirar). Nun dos vídeos que tiñamos no recanto de infantil da web, descubrimos que respiraban por un "orificios" que tiñan no lombo e que non tiñan pulmóns. 

 

XA PODEMOS REMATAR O DEBUXO DA FORMIGA:

Con todos estes novos datos puidemos remtar o noso debuxo.

 

Cada quen decidiu se a súa formiga ía ser "raiña" ou "obreira"... e así quedou a nosa "exposición de formigas".

 

CHEGA NOVA INFORMACIÓN:

Lois tróuxonos unha mañá un panel, que fixera na súa casa, con información sobre as formigas... nela descubrimos que había "cousas" que xa sabíamos pero outras que non "como que había formigas soldado"...

 

Tamén trouxo unha "formiga de xoguete" e un "oso formigueiro". Nesa formiga, que era moito máis grande que na realidade, puidemos comprobar como era certo que tiña ollos e boca pero non nariz.

 

Decidimos engadir o panel de LOIS no mural da investigación, xa que daba resposta a varias das preguntas que tiñamos e ampliaba outras das respostas que xa escribíramos nel.

 

Aínda nos quedan algunhas preguntas por respostar... pero iso xa o contaremos en seguintes entradas.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.