(2015-2016) Investigamos sobre as arañas
Neste primeiro trimestre comezamos un proxecto de investigación sobre as ARAÑAS.
Inicialmente todos plantexamos sobre qué nos gustaría investigar, e despois de realizar varias votacións, eliminado as opcións que menos votos tiñan, tivemos que decidir entre TIBURÓNS E ARAÑAS, obtendo máis votos finalmente as arañas.
Como sempre comezamos cos proxectos, plantexamos os coñecementos previos que tiñamos
A continuación plantexamos o que nos gustaría saber, descubrir sobre as arañas
E coma sempre, pensamos ónde podemos atopar toda esa información, levando unha nota ás familias, solicitando a súa colaboración na búsqueda de información ou calquera tipo de aportación que teña relación.
Así, nos vai chegando de todo un pouco:
Libros
Arañas de xoguete.
Aproveitamos para contarlle a todas elas as patas, e así confirmar que teñen 8 e non 4 como dicía un compañeiro.
Información sacada de internet.
E outra información elaborada coas familias.
Un visor de bichos con lente lupa para velos máis ó detalle.
E toda esta información de papel a colocamos no mesmo espacio para tela a man cando a necesitáramos.
A través dos equipos cooperativos e con todo este material máis algún outro que se atopaba na web do cole no apartado de proxectos, dimos atopado todas as respostas.
-Algunhas léndonos nas fotocopias a profe e anotando o que nos parecía importante: cómo morden?/ cómo fan as teas de araña?/ cómo é o seu corpo?/ de ónde sae o fío?
-Outras mirando algúns destes videos, e establecendo diálogos ó final para chegar á resposta que buscábamos: cómo poñen os ovos?/ cómo se fai un disfraz de araña?
No caso desta pregunta, buscamos en gran grupo, videos en google e fotografías para decidir qué disfraz nos gustaba e qué materiais necesitaríamos.
Despois cofeccionamos o disfraz con estes elementos e tamén o anotamos no noso dossier individual.
-Outras cómo Cáles so os tipos de arañas?, a partir da informació que trouxo Lara F. de catro tipos de araña dos que nos falou
e despois de ver algunhas outras moi curiosas que Nayra trouxo tamén,
por equipos cooperativos nos encargamos de escribir sobre unha cada equipo.
Pouco a pouco e a través dos equipos fumos completando o mural, coas respostas ás preguntas
contándolle aos compañeiros o que anotáramos no mural
e si conseguimos facelo de xeito cooperativo, é dicir, colaborando todos.
Aspecto que tamén evaluávamos ó rematar a actividade
cos paneis analóxicos de autoavaliación.
As respostas están atopadas e anotadas no mural e no noso dossier individual as reflexamos tamén. Pero aínda nos queda unha segunda parte, coa que seguiremos completando o mural do proxecto, con moitas outras propostas relacioadas coas arañas.
Esta segunda parte a relacioaremos co salón do libro Infantil de Pontevedra que este ano titúlase "Canta bichería".
Pero isto volo contaremos máis adiante! Ata pronto!