(2015-2016) Refacemos o noso recanto de reciclaxe na aula
Nestes días pasados, ó igual que cómo fixemos noutros recantos, como o de rexistros, andivemos a refacer o noso recanto da reciclaxe e así de paso explicarllo aos compañeir@s novos.
Despois dun diálogo de grupo para escoitar o que cada un de nós sabía e recordaba sobre o que podemos reciclar na clase, vimos na pizarra dixital un pequeno video sobre esta temática, tamén as fotografías dalgúns alimentos que normalmente tomamos nas merendas, tratando de explicar en qué contenedor os deberíamos tirar,
e xogamos na PDI tamén a reciclar algún lixo.
Repartidos en tres equipos, encargámonos de pintar os tres paneles, amarelo, verde e azul, do lixo de prástico, orgánico e papel respectivamente.
Unha vez que os paneis que delimitarían cada zona, estaban listos,
os alimentos que víramos na PDI, xa impresas as súas imaxes, os clasificamos en cada cor e por equipos tamén os recortamos e pegamos no seu lugar correspondente.
Ademáis de ordear as letras da palabra RECICLO e pegalas no recanto, e coa axuda de Ángela, para cortar o cartón e poder facer os ocos por ónde meter o lixo, así nos quedou finalmente o recanto.
Tamén estivemos observando polo recinto escolar, qué contenedores temos
lles sacamos fotografías para pegar a foto de cada contenedor no noso panel onde corresponda.
E asignamos os venres como día no que o encargado e un axudante vaciarán as papeleiras e caixas no seu lugar correspondente. Aínda que si as damos enchido antes, tamén saldremos a valeiralas.
A verdade, así é imposible non acordarse de reciclar!!