(2014-2015) Visítannos a avoa de Lucas F., Daniela, Carlota e Iker.
Hai tempo Óscar e Ángela propuxéronnos invitar aos nosos avós/as ás nosas aulas, dado que moitos de nós pasamos moito tempo con eles e falamos deles tamén na escola.
A todos nos encantou a idea, e por fin, esta semana comezaron as primeiras visitas.
Pero previamente decidimos tamén que a súa visita merecía un pequeno agasallo que lles quedase de recordo, e qué mellor que unha tarxeta, algo feito por nós mesmos.
Organizados por equipos cooperativos, elaboramos as tarxetas, nas que o mesmo día da visita, pegaríamos unha foto do avó ou avoa feita con todos nós.
-MÉRCORES- VISÍTANOS A AVOA DE LUCAS F.
A súa avóa chámase Dina e contounos como anécdota, que ela viviu durante un tempo en Suiza, o mesmo lugar no que Chaplin tamén viviu, dato que lle contara o seu neto Lucas.
Tamén nos contou cousas da súa infancia. Que non sempre se podía ir á escola, a veces había que quedar en casa, a axudar no traballo do campo.
Tamén nos cantou unha canción que Lucas aprendera no cole e lle gusta moito ("chocaron dos coches....")
E falounos dalgúns xogos ós que xogaba de pequena, como o "pase misí", así que todos xogamos un ratiño tamén con ela a este xogo, que algúns coñecíamos.
Ademáis, axudounos a elaborar o colar de margaridas para o maio, ao que ela deu comezo
Antes de marchar, Diego e Yaiza, compañeiros de primeiro, fixéronlle unha pequena enquisa, para publicar na revista escolar
e.., qué lle preguntarían? Iso poderémolo averiguar cando se publique a revista, no mes de xuño, pero seguro seguro que cousas moi interesantes.
E como remate, a foto de grupo, que iría na tarxeta.
-XOVES- VISÍTANOS A AVOA DE CARLOTA E DANIELA.
o Xoves foi o turno de Mari Carmen, que viña super contenta de poder pasar un ratiño con todos nós e que traía unha bolsa con algunha cousiña para amosarnos.
Na bolsa había un obxecto moi curioso, e moi antigo tamén, pois pertencera ao seu avó, é dicir, ó tatarabó de Daniela e Carlota.
Semellaba unha xerriña de porcelana, que tiña un buratiño na boca da mesma, e soaba coma un silbato. O seu avó a utilizaba para fumar, como unha especie de pipa, e polo buratiño que sae o son, saía o fume do tabaco.
Ademáis, Mari Carmen tamén trouxo unhas fotografías, unha moi especial, da súa avoa,
e nos chamaba á atención sobre as roupas que usaban antes, todas negras e o pano na cabeza.
Tamén nos trouxo unhas fotos da "festa da xuventude", na que facían carreiras de burros. E nos díxo que na súa casa chegaron a ter tres.
Nos falou de que cando era nena, non sempre podía ir á escola pois había que axudar na casa e no campo e que o seu xoguete era unha boneca, feita de tea e fío.
Mari Carmen tamén nos axudou co colar de margaridas e ata que non o rematou non quixo marchar.
Quedou realmente longo...
E por suposto, nos fixemos todos xuntos unha foto con ela, que levou de recordo na súa tarxeta.
-VENRES- VISÍTANOS A AVOA DE IKER
Iker levaba moitos días preguntando que cándo viría a súa avoa, e cando por fin nos visitou, non se separou dela en ningún momento, pedíndolle que contara e contara moitas cousas.
Iker pediulle á súa avoa, Finucha, que nos falara dun dos seus avós, que xa non vive.
Ademáis Finucha contounos moitas cousas da familia de Iker, sobre todo de todos os animais que teñen e tiñan na casa, que eran moitos. E contounos que é familia de Alberto e Joaquín, é a súa tía avoa.
Tamén nos contou unha anécdota relacionada cuns cabalos que tiñan. E outra relacionada cun coche de xoguete grande que lle mercaran a Iker.
Unha compañeira lle preguntou qué lle regalaban os Reis Magos de pequena e nos dixo que caramelos, que antes os cartos non se podían gastar en xoguetes.
Ademáis, os encargados de cantar as coplas de infantil na celebración do maio, llas cantaron, acompañándoos co son das palmas.
Como o colar de margaridas se rematara o día anterior, Finucha axudou a Iker e outros compañeiros a colocalo no maio.
E como despedida, por suposto, despois de facer a foto de grupo con ela
Iker entregoulle o agasallo.
que lle gustou moitísimo.
Os encargados de entrevistala nesta ocasión, foron David e Diego H.
E para a próxima semana...teremos máis visitas!!
Xa vos contaremos cómo foi!