(2014-2015) Rematando a post-producción da película. Queres ver o trailer?
Chegamos á ultima semana que tiñamos planificada no noso plan de rodaxe, por fin teríamos a nosa película rematada.
Lembra que podes ver nos recantos de de Infantil 1 e Infantil 2, como levamos a cabo o proceso de traballo e investigación sobre Charles Chaplin e o cine.
Asemade, ten en conta que tamén podes ver o traballo de preparación e rodaxe, duante as semanas anteriores, nas seguintes entradas:
20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin"
EQUIPO DE EFECTOS ESPECIAIS:
Con tódalas escenas da película xa rodadas, chegou o turno para que o equipo de "efectos especiais", transformase tódalas escenas ó branco e negro, como nas películas de Chaplin. Empregaron un programa informático seguindo os pasos que ía indicando o profe Óscar.
Tamén foron os encargados de ir colocando os diferentes fondos no croma verde, segundo o que se estaba a representar en cada escena. Ó principio precisaron axuda do mestre, pero tras un par de intentos eles sólos foron capaces de ir "creando" os diferentes lugares: unha igrexa, un restaurante, unha rúa, unha obra e ata o Polo Norte (xa o entenderedes cando vexades a película ;) )
EQUIPO DE MONTAXE:
Xa coas diferentes escenas en branco e negro e cos efectos especiais creados, o equipo de montaxe foi o encargado de reordealas todas na orde en que indicaba o guion e o story-board, xa que todas "estaban mesturadas" ó seren rodadas noutra orde.
Novamente cun pouco de práctica, dimos feito o traballo empregando un programa informático.
EQUIPO DE SON E MÚSICA:
Tan só restaba poñerlle as diferentes músicas que xa estaban seleccionadas por parte do equipo de son e música. Novamente voltaron ó seu traballo para escoller que música lle correspondía mellor a cada escena.
PRIMEIRO VISIONADO CONXUNTO: TÍTULOS E CRÉDITOS
E por fin chegou o gran momento, tódolos integrantes do equipo de rodaxe, que participaran dun ou doutro xeito na película, asistiron á primeira proxección do "esquelete" da nosa película. Aproveitamos para, "entre todos e todas", engadir o título, créditos e textos que aparecerían na película.
Sorprendeunos tanto ver como aparecían lugares nos que non rodáramos, como o restaurante, que o equipo de efectos especiais tivo que explicarlles como conseguiramos que parecese de verdade, aínda que era "ficción".
Agora tan só nos queda preparar o "estreno" da nosa película, tanto para as nosas familias como para os nosos compañeiros e compañeiras do colexio... pero aínda nos queda moito por planificar antes da presentación oficial da mesma.
Como sempre irémosvolo contando en sucesivas entradas neste blog.
O TRAILER DA PELÍCULA: "O MAPACHE TOLO"
Moi pronto poderás ver a película tamén nesta web, pero ata entón deixámoste co trailer da mesma, para que vaias abrindo boca.
Chegamos á ultima semana que tiñamos planificada no noso plan de rodaxe, por fin teríamos a nosa película rematada.
Lembra que podes ver nos recantos de de Infantil 1 e Infantil 2, como levamos a cabo o proceso de traballo e investigación sobre Charles Chaplin e o cine.
Asemade, ten en conta que tamén podes ver o traballo de preparación e rodaxe, duante as semanas anteriores, nas seguintes entradas:
20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin"