(2014-2015) Os últimos experimentos do trimestre
Algúns experimentos máis que fixemos na aula, e en torno aos cales elaboramos hipóteses e teorías sobre o proceso e sobre as causas unha vez levado a cabo, foron:
-O vaso pegañento
Consistía en, unha vez enchido un vaso con auga, tapalo cunha cartolina e tentar darlle a volta ao vaso e ver qué sucedía.
así que ahí vai o intento....e...
pois sí! sucedeu o que vedes na foto, a auga permanecía dentro do vaso sin caerse durante un bo rato, a pesar de estar boca abaixo, debido a que a cartolina se pegaba ao vaso pois a presión atmosférica de fora tiña máis forza que a de dentro do vaso, empuxando e facendo que se pegase.
-A semente oculta
Cada equipo meteu en algodón húmedo unha semente (feixón, lentella, garbanzo..)
e logo meteu o algodón dentro dunha caixa de cartón, e tapouna.
Previamente á caixa fixémoslle un buratiño nun lado.
Os diálogos neste caso xiraron en torno á hipótese de qué lle sucedería á pranta estando oculta na caixa, con tanta oscuridade.. a maioría pensamos que non sucedería nada, é dicir, a semente non xerminaría debido á falta de luz.
E ó cabo de un par de semanas...averiguamos que...por moi pouca luz que haxa pode ser suficiente para que xermine e creza a semente, que orientará de cara á fonte de luz, é dicir, o burato.
-O reloxio pataca
Joaquín, de infantil 2 quixo contarnos en qué consistía este experimento, que inicialmente podía parecernos difícil de levar a cabo, pero que finalmente todos conseguimos facer.
Como vedes na foto, precisamos bastante material: 2 tornillos, 2 moedas, 2 patacas, varios cables, un reloxio dixital, unha pila e un voltímetro.
Como primeiro paso comprobamos que o reloxio dixital funcionaba se colocábamos cada un dos cableciños do reloxio nun dos lados da pila, o negativo e o positivo. Pegamos cada un deles con celo para que non se soltase e efectivamente o reloxio daba a hora.
Probamos logo poñendo as patacas, e non funcionaba, pois, pensamos, as patacas non poden dar electricidade.
Pero coa explicación de Joaquín quedounos claro que si levábamos a cabo unha serie de pasos, as patacas cargaríanse de electricidade convertíndose en pilas para o reloxio...pero por qué?
Algúns compañeiros o achacaron a que a pataca ten auga e a auga conducía a electricidade a través dos cables ata o reloxio.
Así que puxémonos a montar o noso reloxio pataca.
Tiñamos que meter unha moeda e un tornillo en cada pataca e logo unir un dos cables un lado ao tornillo dunha pataca e o outro lado á modeda e cos outros dous calbes conectalos por un lado ao tornillo co reloxio e o outro á modeda co reloxio.
Debido a alcalinidade da pataca, facendo estas conexións cos cables e co tornillo e a moeda (o cobre e o cinc) producíase unha reacción oxidación-reducción, que facía que as patacas producisen electricidade durante un tempo determinado.