(2014-2015) Experimento da moeda e a vela
Outro experimento feito na aula e co que tamén elaboramos o libro do Salón do Libro Infantil, plantexaba unha pregunta:
PODEMOS SACAR UNHA MOEDA DUN PRATO CON AUGA SEN MOLLARNOS?
Os materiais que empregamos: prato con auga, moeda, vela e mechero, vaso de cristal.
Así o reflexamos no noso dossier:
INTUIMOS O QUE IMOS FACER, A RAÍZ DE VER OS MATERIAIS:
-Vamos a quemar la moneda.
-Vamos a oxidarla y que se caliente.
-Meterla en el agua y que calienteel agua.
-Sí, pero para eso necesitaríamos agua calient.
-Tenemos un mechero.
-Pienso que la moneda se va a oxidar porque el metal se oxida con el agua.
Ante a pregunta de si PODEMOS SACAR A MOEDA SEN MOLLARNOS? Todos pensamos que sí
-Con un trapo/ con un papel/ noo, que el papel se moja y se derrite/ el trapo también se moja/ pero no se derrite como el papel/ hay que encender la vela/ al encender la vela se quema el vaso/ el fuego con el agua se apaga/ se va a poner la moneda ardiendo/ se va a calentar el vaso y va a quemar el agua.
Finalmente comprobamos o que sucede, e efectivamente podemos facelo porque ó encender a vela e tapar o vaso, cando a vela se apaga, empeza a meterse a auga dentro do vaso.
A maioría pensamos que é porque o vaso se quentou pero non atopamos máis explicación.
A explicación científica é a seguinte:
O VASO ESTABA CHEO DE OSÍXENO. Ó ACENDER A VELA, O LUME QUEIMA O OSÍXENO QUEDANDO O VASO BALEIRO E ABSORVENDO ENTÓN A AUGA DO PRATO.
E pasamos á parte literaria, de creación da historia, onde entre tod@s decidimos que o prato con auga é un lago, o vaso é unha torre, a vela é un dragón, e a moeda é un príncipe.
Esta foi a historia que inventamos:
ÉRASE QUE SE ERA UNHA CRÍA DE DRAGÓN, QUE FOI CAPTURADO POR UN MALVADO CABALEIRO. O CABALEIRO ENCERROUNO NUNHA TORRE RODEADA POR UN LAGO CON TIBURÓNS. E ALÍ PASOU MOITOS ANOS, ATA QUE UN DÍA, O CABALEIRO TIROU AO LAGO A UN PRÍNCIPE QUE REINABA PRETO DE ALÍ, E O DRAGÓN QUE XA ERA MOI GRANDE ENFADOUSE MOITO E CON TODO O LUME QUE BOTOU DESTRUIU A TORRE E Ó TOCAR A AUGA CO SEU LUME, COMO ERA MÁXICA, ÉSTA DESAPARECEU XUNTO COS TIBURÓNS E O PRÍNCIPE SALVOUSE. E O DRAGÓN QUEDOU A VIVIR CON ÉL NO SEU CASTELO, E COLORÍN COLORETE, POR ALÍ VAI UN FOGUETE.
O equipo das flores encargouse de ilustralo e escribir o comezo, o final e o título do experimento.
Tamén se valeron do ordenador para buscar no diccionario da web de infantil a foto dun dragón, que era un dos protagonistas.
Vos seguiremos contando de máis experimentos!