(2014-2015) E ademáis en outubro...
No pasado mes, participamos en moitísimas propostas.
Algunhas xa volas contamos en entradas anteriores:
-A visita ao parque arqueolóxico, onde fixemos pan e comimos castañas asadas.
- A celebración do Samaín no cole.
-A creación dun conto de medo entre as dúas aulas de infantil.
Ademáis da celebración dos cumpreanos deste mes, e o traslado temporal á biblioteca.
Ademáis de todo iso, neste mes, continuamos a asentar normas de aula, que trasladamos ao noso dossier,
e rutinas diarias, como o momento da entrada para o encargado do día.
Así, agora que temos un calendario dixital,
tamén buscamos a data do día e outras importantes do mes nel ademáis de no de papel.
Ademáis do noso conto de medo e a creación e transformación de follas en caras terroríficas
tamén axudamos a decorar os corredoiros enchendo a entrada de morcegos, que previamente picamos
e nos que pegamos as nosas caras asustando, fotos que nos fixemos os uns aos outros.
Para o concurso de cabazas fumos xuntando na clase un día antes e o mesmo día, as cabazas que preparamos en casa coas nosas familias.
Coas follas que recolléramos e outras que tiñamos n aula tamén fixemos estampacións, pintándoas primeiro con témpera.
E continuamos a traballar no "muro das palabras".
Este mes comezamos coas vogais e trouxemos palabras de casa tan interesantes como: atrapamoscas, acuario, enciclopedia, inflamación, ornitorrinco,....Se queres ver como son algunhas delas podes entrar no noso diccionario e escribir a palabra para que apareza a imaxe.
Ademáis, démoslle continuidade a unha actividade que comezaramos na biblioteca, na que partindo de diversas imaxes e fotografías de árbores e bosques, establecimos diálogos sobre cada unha delas, e as representamos debuxándoas.
Nesta ocasión, cada equipo cooperativo escolleu unha delas e a pintou con témperas no seu block.
Tamén partimos de unha destas imaxes para crear o noso conto de medo.
E nestes días estamos facendo sesións de "xogar a pensar" cunha destas imaxes que é un cadro moi moi coñecido. Vos contaremos en qué quedaron estes diálogos iniciais.