(2014-2015) Formamos equipos de traballo e pensamos nun nome para identificarnos.
No mes de setembro comezamos a formar os equipos de aula.
Cos compañeiros do noso equipo traballaremos de xeito cooperativo, desenvolveremos propostas creativas, diálogos, tomas de decisións, votacións, e incluso traballos individuais nos que sabemos que podemos contar cos nosos compañeiros se necesitamos axuda.
Formado o equipo, o paso seguinte era pensar e decidir entre todos os compoñentes cal sería o nome que lle poñeríamos para identificarnos.
Así, temos por un lado ao equipo dos TIBURÓNS
Os seus membros: DANIELA- XIÁN- LUCAS G.
O equipo dos EMPERADORES
ALBERTO - JORGE - CECILIA
O equipo dos TIRANOSAURIOS
IVÁN- LARA - LUCAS F.
E o equipo dos CARACOIS
Formado por ÁLVARO - IKER- ROI - NAYRA
Os momentos da xornada nos cales levaremos a cabo traballo cooperativo de distintos xeitos- para levar a cabo as investigacións dos proxectos, para compartir xogos e propostas creativas- tamén o temos sistematizado no horario (sempre flexible e adaptado aos cambios que poidan xurdir do día a día) e así elaboramos entre todos un horario xigante para a aula no que vemos qué días o adicamos a estas propostas.
Tamén elaboramos o noso horario individual, uns recortando e pegando as fotos, outros escribindo ademais os nomes das actividades, para telo na casa e que as familias coñezan as nosas rutinas.
Nestas semanas seguimos moi ben este horario e isto nos axuda a anticipar e tamén a situarnos temporalmente, como por exemplo nalgúns momentos da xornada:
Informática (na que nos distribuímos por parellas e algún grupo de 3, e o encargado/a do día fai os grupos).
A pintura con témpera no noso block,
O momento das rutinas do encargado/a, pasando lista, compoñendo o seu nome coas letras móbiles, contando aos compañeiros, situandonos no calendario e no horario...
ou os momentos do recreo, no parque infantil, cando non chove.
E vos seguiremos contando, nunha próxima entrada!