Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Proxecto de traballo e investigación de centro 2013-204: A prehistoria

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN DE CENTRO

A PREHISTORIA 

SEMINARIO 2013-2014 (P.F.P.P.)

 

SEGUE O DÍA A DÍA NA AULA DESTE PROXECTO DESDE AQUÍ.

 


ORGANIZACIÓN DO PROXECTO DE TRABALLO SOBRE A PREHISTORIA NO CENTRO POR PRODUCTOS FINAIS.

Indícase de seguido a organización acordada nas reunións do seminario. 

 

PRODUCTO FINAL SOCIALMENTE RELEVANTE DE CENTRO: 

Plantexamos a organización dunha xornada de portas abertas no centro, sobre a prehistoria, o 19 de xuño, nese día levaranse a cabo unha serie de actuacións, que serán o resultados dos productos finais plantexados en cada un dos proxectos de traballo que se leven a cabo nas aulas.

Remitiremos invitacións ás familias para participar nesta xornada, onde os alumnos (e creadores de tódolos productos finais) serán os guías, ponentes, etc do alí exposto.. 

Pode facerse un seguimento do traballo nas diferentes aulas sobre estes proxectos aquí. 

 

CARTA DE INVITACIÓN ÁS FAMILIAS:  

Descarga a carta de invitación ás familias desde aquí

 

ORGANIZACIÓN DA XORNADA MONOGRÁFICA SOBRE A PREHISTORIA:

Pendente de confirmación definitiva:

  • Data: 19/06/2014 pola mañá.
  • Invitación ás familias:Remitirase unha invitación ás familias para asitir a esta xornada monográfica, pedindo confirmación de asistencia para poder levar a cabo a organización das quendas de visita.
  • Visitas guiadas: Levarase a cabo unha visita guiada (en dúas quendas) polas diferentes exposicións en ámbalos dous andares do centro. Os alumnos/as serán os encargados de ser os guías das visitas.
  • Chalas, conferencias, debates-coloquios: Levaranse a cabo na sala de usos múltiples nas quendas e coa organización que se acorde.
  • Representación teatral:Levarase a cabo na sala de usos múltiples nas quedas e coa organización que se acorde.

 

Organización dos espazos:

Andar inferior:

  • Na entrada mural anunciador da investigación a desenvolver en cada aula: evolución dos homínidos.
  •  Exposición sobre petroglifos (Edución infantil)
  •  Edicións prehistóricas (P.T.)
  •  Mural: A prehistoria (sexto)
  •  Exposició: As ferramentas na prehistoria (5º)

 

Andar superior: 

  • Arte rupestre: covas de Altamira (3º e 4º)
  • Interpretación creativa da arte rupestre (1º)
  • Exposición:"descubrindo o lume" (2º)
  • Exposición de instrumentos musicais prehistóricos (música)

 

Sala de usos múltiples:

  • Obra de teatro: a vida na prehistoria (6º)
  • Charla "os ritos funerarios na prehistoria": (relixión)
  • Ponencia: Os petroglifos (educación infantil)
  • Teatro: representación dunha escena en inglés sobre unha visita turísitica a "Stonegenge" (inglés)

 

 

PRODUCTOS FINAIS POR PROXECTO (aula, ciclo, mestre...): 

  • INFANTIL:  Platexamos a posta en práctica dun proxecto dun traballo e investigación sobre os petroglifos
  • Plantexamos dúas tarefas que estarán compostas das seguintes actividades: 
    • Vídeo cos coñecementos previos do alumnado sobre "os petroglifos" (actividade de coñecementos previos).
    • Elaboración dun mural co proceso da investigación
    • Elaboración dun dossier persoal cos resultados da investigación.
    • Creación dunha exposición informativa, con paneis, sobre os petroglifos, significado, función, autores e localización no mundo.
    • Exposición de reproduccións de petroglifos elaboradas polos alumnos/as a partir do descuberto na investigación sobre o seu significado e ténicas de elaboración. Uso de códigos QR para ampliar información.
    • Creación de petroglifos inventados empregando a técnica de "land art". Creación dun petroglifo inventado entre tódolos compañeiros/as empregando o corpo.
    • Explicación/ponencia para o resto dos compañeiros e compañeiras do centro do descuberto sobre os petroglifos.

 

  • MÚSICA:  obradoiro sobre instrumentos musicais prehistóricos, colaboración na obra de teatro de sexto.
    • INGLÉS: Stonenge: representación dunha visita turística en inglés.
    • SEXTO:  obra de teatro sobre a vida na prehistoria.
    • QUINTO:   exposición sobre ferramentas empregadas na prehistoria.
    • CUARTO: galería de arte prehistórica - museo rupestre
    • PRIMEIRO: desfile de moda prehistórico, onde se amosarán as roupas empregadas naquela época e a súa evolución ó longo do tempo
    • RELIXIÓN: coloquio - tertulia sobre a morte e ritos funerarios na prehistoria.
    • P.T: Diccionario prehistórico e comic prehistórico
    • OUTROS: queda aberta a opción de que tamén participen aqueles mestres que non están no seminario pero que queiran que os seus alumnos formen parte do proxeccto.

     

    En maio levouse a cabo unha visita ó parque arqueolóxico de Campo Lameiro, como parte da investigación que se estaba a levar a cabo en cada proxecto. 

     

     


    U.D.I.

    Podes descargar as UDIS elaboradas para estes proxectos na seguinte ligazón. 

    http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1789

     

    Recursos online para o alumnado:

    - Información sobre a prehistoria para nenos e nenas no blog "lacasadelabrujamaruja" aquí

    - Pasatempos sobre a prehistoria (Junta de Castilla y León) aquí

    - Información sobre a prehistoria aquí.  

    - Mapas mentais sobre a prehistoria aquí 

    - Las mujeres en la prehistoria aquí 

    - La máquina del tiempo aquí 

    - Xogos coa prehistoria aquí

     

    Recursos curriculares:

    - Modelo de Unidade Didáctica Integrada (U.D.I.) do noso centro (elaborado en COMBAS) aquí 

    - Exemplo de Unidade Didáctica sobre a prehistoria aquí

    - Exemplo de Unidade Didáctica sobre a prehistoria aquí

     

    Exemplos de aplicación de proxectos de traballo nas aulas: 

    http://proyectate.ning.com

     

     

     

    AdxuntoTamaño
    Carta-pais.pdf60.99 KB

    Acceso rápido

    Punto Laranxa contra o acoso escolar

    Formación do profesorado

    Proxectos T.I.C. do centro

    Eleccións ó Consello Escolar

    Eleccións ó Consello Escolar
    Infomación do proceso

    Usuarios conectados

    Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.