(2013-2014) Participamos nalgunhas propostas de centro
Nestas últimas semanas andivemos moi atarefados, con propostas da aula que vos contaremos proximamente e tamén participando noutras de centro.
No mes de setembro, comezamos a levar a cabo como algúns outros compañeiros do cole, a actividade "Na miña maleta", coa que amosábamos algunhas das nosas inquedanzas, gustos e emocións aos compañeir@s.
Previamente falábamos en asemblea adicando un día a cada tema e contábamos aos demais para logo plasmar debuxando, escribindo ou pegando fotos no papel sobre todas estas cuestións.
A medida que as iamos rematando, explicábamos aos compañeiros o que nela representamos.
E as iamos colocando nunha das paredes da aula, para observalas, recordar o plasmado, valorar a aportación dos demais.
Os temas tratados nela tiñan relación cos seguintes aspectos, e deron pe a algunhas conclusións interesantes.
-Gústame moito comer...estes nenos de infantil comen moi moi ben, gústalles tanto a froita coma o peixe e a carne, e por suposto as patacas fritas e a sopa que non falten!
-O meu lugar favorito...os sitios máis destacados foron a praia e a casa, e algún compañeiro nos sorprendeu explicándonos que lle encanta o monte.
-Alguén que me quere moito..por suposto este lugar sen dúbida ocupárono os papás e as mamás, os irmáns, pero tamén houbo espazo para algunha mascota e incluso para a profe..
-Gústame xogar con..a moitos de nós encántanos xogar coas construccións e a casiña, ordenador, coches..
Esta actividade sirveunos para: expresarnos, poñerlle palabras ás emocións, os sentimentos, ós gustos, o que levamos dentro, a escoitarnos e valorar o que nos aportan os outros, a observar que temos moitas cousas en común, e que tamén noutras diferimos , ademáis de todos os contidos e procedementos curriculares traballados: trazo, direccionalidade, organización no papel, debuxo, iniciación á lecto-escritura, expresión oral, articulación, vocabulario.
Por outra parte, recibimos unha carta de dora Lectora, qué ilusión! na que nos pedía axuda para un traballiño para decorar o colexio con motivo do Samaín: crear castañas terroríficas, que desen moito medooooo
Aproveitamos o día que subimos á biblioteca e facemos a nosa ficha do conto leído, para comezar
(pendiente de foto)
e tamén algúns de nós nos achegamos hoxe martes no recreo á biblioteca (que os martes abre) para facer algunha máis.
Nos próximos días continuaremos a levar a cabo moitas máis propostas feitas dende a biblioteca e outros departamentos. Vos informaremos!
Tamén participamos na proposta do outono literario consistía en escoller e escribir cada neno e nena unha palabra ou frase que soase literaria ou musical.
Para elo tiñamos unhas follas onde plasmalo e antes decidimos decoralas e pintalas con pintura de dedos.
Pensamos e falamos das distintas cores das follas, sobre todo agora no outono e unha vez decididas nos puxemos a elo.
Ademáis de palabras que soasen literarias tamén decidimos incluir algún comezo e final de conto que nos gustase. Así estos foron os que eliximos, cada un de xeito individual:
Azul
Flor
Chispa
Lobo xigante
Música
Pocoyó
Era unha vez..
Un día Caillou..
Nun lugar...
Hace mucho, mucho tiempo..
Y este cuento está terminado, chin pum fuera.
Agora só falta llevarllas a Dora e comezar a decorar o colexio coas nosas aportacións, con ese toque outonal.