Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Investigamos sobre Exipto: Rematamos a nosa gran pirámide

Podes ver os pasos anteriores desde proxecto de investigación nestas entradas:

-  Comezamos a investigar sobre Exipto

- Investigamos sobre Exipto: Os xeroglíficos e as pirámides.

- Investigamos sobre Exipto: comezamos a construír a nosa gran pirámide.

- Creamos uns "pasatempos exipcios" para a revista escolar.

 

Día a día a nosa pirámide foi medrando cos cartóns de leite que iamos traendo, tivemos que pensar unha solución para facer a parte superior da nosa porta.

 

Despois de de varios intentos, diferentes deseños e probas, demos feito a porta da pirámide, puidemos continuar o noso traballo e conseguir que non caise pola zona da porta.

 

Foron pasando os días e continou medrando a nosa pirámide, xa quedaba pouco para chegar ata a parte maís alta. Descubrimos que "a medida que iamos subindo" necesitabamos moitísimos menos cartóns de leite.

 

Chegou un momento en que xa non chegabamos de pe,  tiñamos que poñernos de puntillas.

 

Como quedaron algúns ocos pequenos no medio, fómolos cubrindo cos cartóns dos zumes da merenda.

 

Por fin a foto de grupo coa pirámide rematada e cos arquitectos e constructores da mesma.

 

Pegámoslle uns xeroglíficos polas paredes, como nas pirámides de verdade.

 

Algúns xeroglíficos nas paredes de fora e outros no interior da mesma.

 

Durante este proceso descubrimos as figuras xeométricas escondidas na pirámide (triángulos, cuadrados), aspectos relacionados coas figuras en volume, o paso do tempo necesario para lograr rematala, o traballo en equipo, o tanteo ou aproximación á cantidades necesarias, a anticipación e organización dos pasos necesarios para elaborar a pirámide, etc...

Xa vos contaremos o que sucedeu dentro desta pirámide co noso faraón e algunhas momias... permanecede atentos as entradas que viamos publicando.

 

Así foi "medrando" a nosa pirámide.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.