Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Coñecemos a LOITA LIBRE OLÍMPICA

Esta semana todos os nenos e nenas de Primaria estivemos coñecendo un pouco a Loita Libre.

Visitounos Marcos, un entrenador do Clube de Loita de Pontevedra, para explicarnos un pouco en que consiste esta modalidade deportiva.

Algúns nenos do centro xa o coñecían da actividade extraescolar que leva a cabo no pavillón, e sempre nos andaban a contar o ben que o pasaban nas clases e competicións ás que acudían.

Por fin todos os demais podiamos coñecer de que se trataba aquilo da "loita".

Despois dunha pequena presentación puxémonos mans á obra. O primeiro que nos mandou foi facer uns exercicios de quecemento.

Logo explicounos as normas básicas do que sí e non se está permitido facer. O máis importante era non facer nada que puxese en risco ou puidese danar ao contrario ( xusto o contrario ao que nós asociabamos coa loita)

O obxectivo que tiñamos que perseguir era o lograr que o contrario pousase a espalda no chan e bloquealo nesa posición. Explicounos para elo algunhas técnicas para poder conseguilo.

Todo o que nos ía explicando logo o practicabamos nós.

Unha sesión de Educación Física non da para moito, así que de seguida rematamos. Quedamos con ganas de máis. Para iso deunos uns papeliños con información sobre como facer se queremos seguir coñecendo esta modalidade.

Ademais temos a sorte de poder practicalo ben cerquiña: no noso pavillón!

Tamén vos deixo aquí uns enlaces de interese sobre o tema por se quedastes con curiosidade ou fame de máis!

.

Se clicades neste logo accederedes a páxina web da Federación Galega de Loita libre.

Tedes nela información e imaxes dos distintos campionatos e méritos conseguidos polos nosos deportistas.

.

.

.

E a través desta outra imaxe poderedes acceder a páxina da wikipedia que nos aportará toda a información sobre a Loita.

Imos acabar como uns verdadeiro entendidos no tema!

(Atoparedes máis fotos desta xornada no recanto de celebracións ou dentro da galería fotográfica)

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.