(2012-2013) Así foi o mes de marzo
Neste mes que xa rematou, e antes de dar comezo as vacacións de Semana Santa, aconteceu o seguinte:
-A NOSA FAMILIA-
*Elaboramos un gran mural pegando nel as fotos dos nosos país/nais/irmáns/avóss... e escribindo os seus nomes para fixarnos nas letras que levan.
*Tamén elaboramos outro mural no que quedaba reflexado cómo nos ven na casa, pois previamente as familias tiveron que escribir nuns papeliños cualidades e características nosas.
Gustounos moito ler entre todos o que as nosas familias dicían de nós, reforzando a nosa autoestima ao descubrir que a maior parte das cousas eran todas positivas, ademáis de descubrir vocabulario novo, algunas palabras que eran adxectivos, como sensible, inquedo.... e termos en galego como agarimoso.
*Debuxamos aos membros da nosa familia, os describimos e escribimos sobre eles.
*As nosas casas, diferenciando entre casa e piso; os números de teléfono.
(cerca da miña casa hai: veigas, moitas casas, carretera, cera)
*As nosas mascotas.
*Traballamos coas fotos e os nomes dos nosos pais e nais, buscando palabras que empezaran e terminaran igual, contando as letras,..
*Dramatizamos escenas domésticas e familiares, repartíndonos os diferentes roles.
-REGALO DO PAI
Con motivo de que se achegaba unha data moi especial, como era o día do pai, como en cursos anteriores, elaboramos un pequeño agasallo para eles.
Este ano fixemos uns "Lapicieiros-pisapapeis", con plastilina, e pedriñas de varios tipos, botóns, cola.
Amasamos e moldeamos a plasti, fixemos os buratos que servirían para os lápices, decoramos con pedras de diversos tamaños, texturas e cores, e barnizamos con alkil para endurecer.
Así nos quedaron
Finalmente só faltaba envolvelos e escribir unhas palabras agarimosas aos nosos pais.
Esperamos que vos gustaran e que vos sexan de utilidade!!
-CUMPREANOS DO MES DE MARZO
Como vimos facendo todos os meses, celebramos os cumpres. Este mes os protas foron:
SARA, AITANA, DAVID, que cumpriron 5 anos
MARTÍN E PABLO que cumpriron 6.
Nesta ocasión, o día anterior elaboraron unha tarta de galletas, nata e froitas, que lles saeu moi moi rica.
Aquí aparecen nalgúns momentos durante a elaboración:
E por suposto, despois de feita, desfrutamos dela e das patatiñas e gusaniños, unha vez sopraron as velas.
-Visitamos o Salón do Libro Infantil, do que xa vos falamos noutra ocasión.
Tamén aproveitamos para botar un vistazo aos traballos elaborados polos nen@s de 5º.
Nos fixeron moita gracia, e tentamos representalos despois na clase coas construccións, aínda que os que máis éxito tiveron foron a "helicasa" e a "porta máxica".
-ESTIMANDO E MEDINDO- Noutra ocasión se nos presentou un pequeno problemiña que había que resolver: o profe Oscar mercou unha alfombra para os baños, para non esbarar coa humidade, pero era bastante longa e debíamos averiguar cánto necesitábamos para cortar a medida exacta.
Despois dun rato pensando cómo medir e de dar algunas ideas, unhas máis convencionais coma o metro e outras menos coma os pés ou materiais da aula, decidimos facelo con ladrillos.
Así que medimos o espacio do baño no que estaría colocada
11 ladrillos
para logo poder facer o mesmo coa nosa alfombra e que así collera nese espacio.
E listo!!
E xa os últimos días de clases os adicamos a cubrir os boletíns para as familias, recordando o traballado, e explicándoo nalgúns casos.
Ata pronto!!