Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Inventamos máquinas para facer o noso traballo para o Salón do Libro

Un día o profe amosounos na clase un xogo no que había que descubrir unha imaxe oculta, finalmente descubrimos que se trataba dunha máquina moi extraña, e estivemos dialogando sobre de que poderia tratarse.

Entre outras xurdiron estas hipóteses, que cada quen tivo que argumentar ós compañeiros e compañeiras:

  • Era unha máquina para facer buratos
  • Era unha tapa dun sumidoiro con alas
  • Era unha máquina que servía para subir
  • Tratábase dunhas escaleiras
  • Era ...

Finalmente descubrimos que se trataba dun helicóptero moi especial, moi distinto ós que coñecemos, e que fora deseñado por Leonardo da Vinci... do que aprendimos algunhas cousas, así como dos seus inventos mirando algúns vídeos, que podes atopar aquí.

INVENTAMOS MÁQUINAS:

Días despois, pola mañá o profe trouxo unha caixa chea de moitas cousas... e tiña algo escrito nun cartel. Para que serviría? 

No lateral da caixa, demos lido entre todos, que poñia "CAIXA DOS INVENTOS", e tamén entre todos fomos descubrindo o que había dentro dela...

O profe contounos que este ano, para participar no salón do libro e poder ir visitar ó  "LOBO ORBIL" había que enviarlle un libro con "máquinas" que inventaramos nos. Tivemos que explicarlle ós novos compañeiros e compañeiras quen era o lobo ORBIL (visitamos as entradas antigas da web das nosas visitas, que podes consultar ó pe desta páxina) e tamén descubrimos como era o cartel deste ano... "A TODA MÁQUINA" é o lema do Salón 2013.

MANS Á OBRA:

O primeiro era facer os nosos inventos, para elo organizámonos por parellas e comezamos a escoller o material que iamos empregar para facer o noso invento.

Así pouco a pouco fomos probando diferentes obxectos para construir as nosas máquinas: plantillas, botes, cepillos de dentes, pinzas, estrelas, flores....

E co material fómoslle dando forma á nosa máquina... entre dous sempre xurden ideas fantásticas.

Pouco a pouco fomos rematando as nosas máquinas, e fomos explicándolle ós compañeiros e compañeiras para que servían.

Ás veces, cando un equipo remataba a súa máquina acudía na axuda doutra parella para darlle ideas e o axudase a rematalo.

Despois de moitas probas e de usar diferentes materiais, tódalas parellas de inventores deron feito as súas máquinas.

Aquí os podes velo todos, de esquerda a dereita estes son os seus nomes:

MÁQUINA DE DAR DE COMER ÁS GALIÑAS

MÁQUINA FAI TODO

SUPERCRAK

AVIÓN DE RESCATE

NAVE ESPACIAL

AVIÓN PARACAIDAS

COCHE VOADOR

Continuamos a crear novas máquinas no xogo LIM "o laboratorio do inventor".

Ti tamén podes xogar no lavoratorio do inventor facendo click nesta imaxe, ou desde o apartado xogos do recanto de infantil.


CREAMOS O NOSO LIBRO DE INVENTOS

Cos inventos xa rematados, cada parella de inventores encargouse de escribir a súa parte do libros dos inventos.

Tras poñerse dacordo cada parella sobre que estratexia empregarían para escribir os dous integrantes de cada parella (por turnos, por partes...), comezaron o traballo:

  • Escribindo un nome para o seu invento.
  • Escribindo como e para que se podía empregar
  • Escribindo os materiais que empregaron na súa elaboración

A diferentes ritmos, segundo cada parella, cada invento conseguiu ter a súa presenza no libro.

Tan só faltaba o título, que decidimos despois de dialogar un anaco que sería: "INVENTOS NUNCA VISTOS". 

Podes ver os nosos inventos no libro "INVENTOS NUNCA VISTOS"

na seguinte ligazón (fai click na portada para ver o libro completo)

 

 

 

 

A MÁQUINA ANTIGA DOS INVENTOS

Este curso, participarán no Salón do Libro connosco, os nosos compañerios e compañeiras de Infantil 1 e os nenos e nenas de quinto. Todos e todas elaboraron os seus inventos por equipos (podedes ver os seus traballos e proceso de elaboración nos respectivos recantos nos vindeiros días)

Pero... Que invento farían os profes para participar no salón?

Unha maña apareceu na aula unha máquina rarísima... Era unha cámra de fotos antiga, e atopamos en internet fotos desas cámaras que xa non se usan.

Funcionaría?... un por un fomos meténdonos dentro e descubrimos que gardaba un secredo. Dentro mirábanse tódolos nosos inventos!!

Como funcionaría esa máquina? de que estaba feita?....Cada quen aportou as súas teorías e explicou como cría que funcionaba a máquina, que tiña dentro e como era posible que se puidesen ver os nosos inventos.

Cal sería a teoría acertada?

Para resolver as nosas dúbidas decidimos investigar, e con moito coidado abrimos a tapa, e descubrimos como era o seu mecanismo interior.

Tiña a nosa lupa pegada diante dun burato (que o profe chamou obxetivo) e dentro tiña unha roda cos nosos inventos moi pequeniños, e se lle dabas voltas xiraba a roda.

Comprobamos que, efectivamente, cunha lupa as imaxes parecía moito máis grandes... igual que sucedía na cámara antiga.

FOTOS DE INVENTORES ANTIGOS

O noso traballo para o salón tamén ía levar fotografías dos inventores das tres aulas participantes, e  como tiña que parecer que foran sacadas con esa cámara antiga , serían en branco en negro, como se fosen vellas,  e vestidos con roupas doutra época. 

O profe amosounos, como co ordenador, e dándolle a un botón co rato, as fotos modernas se convertían en vellas parecían tomadas pola cámara antiga.

Cada parella de inventores foi montando a súa foto dentro uno marco, empregando diferentes estratexias, segundo acoradaran: recortando o marco coa tesoira, picanco e logo quitando o anaco que sobraba, pegando a foto sobre o marco...

Cando fomos a levar o noso libro onde estaba a cámara antiga, no corredor do colexio, descubrimos que alí tamén estaban as fotos antigas "enmarcadas", xunto coas dos compañeiros das outras dúas aulas completando o panel dos inventores...

O traballo xa estaba rematado, e xa tiña os outros dous libros que faltaban, ademáis os compañeiros e compañeiras de quinto escribiran as instruccións para que todos e todas soubesen como empregar a cámara, e os compañeiros/as da outra aula de infantil escribiran xa o título no  panel das fotos antigas.

Pero aínda quedaba a guinda do pastel... poñer un cartel de título para todo o traballo... e eso correspondíanos a nos.

De volta á aula fomos dando ideas de como criamos que debería chamarse o noso traballo... e finalmente acordamos que se titularía "MÁQUINA ANTIGA DOS INVENTOS",  porque dentro podíanse observar os inventos, que logo se podían ver nos libros e porque ademáis facía fotos antigas.

Escribímolo no encerado entre todos e todas..

Para logo poñelo en folios de cores.

Así quedou o cartel rematado, e pendurado detrás do panel das fotos dos inventores.

Esa mesma tarde NOA e NICO coa súa nai, que é a profe Marga, levárono para a exposición do Salón do Libro.

Agardamos que lle guste ó lobo ORBIL!!!

QUERES XOGAR COS NOSOS INVENTOS?:

Podes facelo neste libro de actividades LIM (fai click na imaxe)

Agrora tan só nos queda agardar ata o 5 de marzo, cando participaremos nas actividades do Salón do Libro 2013, ata entón podes atopar máis información sobre as actividades que organiza, e os horarios por se queres visitalo para ver o noso traballo, na seguinte ligazón (fai click sobre o cartel deste ano)




Xa vos contaremos como nos vai nas actividades do Salón e todo o que imos facer ata que chegue o día da visita.

Tamén podes coñecer que é o "salón do libro", en vídeos e imaxes na seguinte ligazón (fai click na imaxe do lobo ORBIL, ou entra nos vídeos do recanto de infantil):




EN CURSOS ANTERIORES...

Tamén podes coñecer a nosa visita e traballos para o Salón do libro, en cursos anteriores, nestas ligazóns:

(2011-2012) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do libro 2012

(2011-2012) Participamos no Salón do Libro: facemos o libro dos números da sorte 

(2010-2011) Visitamos o Salón do libro 2011 

(2010-2011) Preparamos o noso traballo para o Salón do Libro 2010 

Para edicións anteriores non dubides en visitar o blog do recanto de infantil 2.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.