Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) A voltas coa celebración do Magosto

Como cada comezo de mes (cando pasamos a folla do calendario da aula), o encargado anotou no calendario se había algunha celebración importante ese mes, ademáis dos cumpleanos, por suposto.

No mes de NOVEMBRO, despois da festa do SAMAÍN, anotamos o día que iamos celebrar no colexio a festa do MAGOSTO, para elo pegamos unha pequeniña castaña e escribimos a palabra MAGOSTO no día que tería lugar a festa. 

Deste xeito, saberíamos, e poderiamos contar, cantos días faltaban para chegara a festa.

 

Cando se estaba aproximando o día do MAGOSTO, trouxéronnos a clase unha nota para levar para as casas. Como sempre o profe foina lendo e nos tentamos ila entendendo, preguntando aquelas cousas que non entendiamos do que dicía.

Había que traer da casa castañas para festa do magosto, e ademáis un brick de leite valeiro... que usariamos para facer unha cesta onde meter as castañas asadas o día da festa.

Días despois xa tiñamos na aula varias castañas, e unha chea de bricks de leite. 

 

E ademáis o profe trouxo unha bolsa enorme chea de follas de castiñeiro, unhas verdes e outras castañas.... e ata había un ourizo con castañas dentro.

 

Estivemos "filosofando"  sobre porque unhas follas eran verdes e outras castañas... e aquí de seguido chegamos a un acordo: as castañan seguro que cairan no chan e as verdes eran do castiñeiro.

Pero... e os ourizos... por que tiñan pinchos por fora?, e aquí si que xurdiu unha discusión... aquí podes ver un fragmento:

- porque dentro ten unha castaña para que non lle caía o chan

- así son como nacen as castañas

- para que se caen o chan non se fagan dano as castañas que van dentro

- porque así ponden "pincharse" a árbore para non caer.

- porque as castañas non queren saír para que non as coman... 

- pero as persoas poden "abrirlos cos zapatos"... 

- pero se ven un "xabarín" seguro que se pincha o fuciño e escapa disparado sen comer a castaña...

[...]

 

PREPARAMOS A FESTA DO MAGOSTO:

DOUS (2) días antes da "festa do magosto" tiñamos marcada no calendario, o profe ensinounos un papel onde explicaba que iamos participar nuns xogos.. e que logo comeriamos castañas asadas.

Así que preparamos o noso "traxe do magosto".

Fixemos unha coroa de follas de castiñeiro, acordamos que cada coroa tería "so 5 FOLLAS", para que chegaran para todos e todas.

Recortamos por equipos unha cartolina, para facer as cintas da coroa... Cada quen escolleu a cor da que quería ter a súa coroa, e xuntouse no equipo desa cora. Cortar todos á vez non era doado, pero ó final cada equipo logrou organizarse para facelo.

 

Despois de cortgar a nosa cinta... comprobamos que nos servira na cabeza, non foro a ser moi corta.

 

Logo había que escoller CINCO (5), follas de cor castaño... así que había contalas e asegurarse de non coller nin de máis nin de menos... e por suposto ter coidado de que non se nos "colara" ningunha de cor verde.

 

Así de elegantes estabamos coa nosa coroa... eso si de 5 follas :)

Xa coa coroa feita chegou o momento de facer os nosos cestos, pero como non podíamos facelos todos á vez, uns decoramos as nosas coroas con castañas mentras de un en un iamos co profe facendo noso cesto.

 

Para facer o cesto fixemos unha serie de cores, alternando follas verdes e marróns... así que había que estar moi atento para non darlle ó profe a folla da cor que non tocaba antes de que as grapase.

Así de chulos quedaron os nosos cestos.

 

Tamén aprendimos unha cantiga popular sobre as castañas que nos fixo moita gracia.

A CASTAÑA NO OURIZO

QUIXO RIR E ESVAROU

CAEU DO CASTIÑEIRO ABAIXO

MIRA TI O QUE GAÑOU 

(adaptación dunha cantiga popular) 

 

Durante un anaco intentamos descubrir dialogando, que lle sucedera a castaña, velaquí unha parte do diálogo que mantivemos:

- A castaña caeu do ourizo porque estaba contenta "porque ri"

- Non o que ría era o ourizo... pero non ten boca 

- Pero cando se abren, se os pos de lado parece que o burato é unha boca contenta...

- Anda!! ... o ourizo estaba rindo.. .e polo burato caeu a castaña ó chan... porque "resvalou".

-Que gañou a castaña?

- Un premio por saltar desde tan alto

- Un concurso... 

- Un regalo do ourizo, que estaba contento e lle fixo un regalo.

- Un golpazo no cu porque caeu desde moi alto

[risas]

- Si seguro que lle sae un "chichón" na cabeza.

[...]

 

Traballamos coa cantiga, e debuxamos debaixo o que sucedía nela (un castiñeiro coa castaña caendo)... e levámolo para que o puidesen ver na casa tamén.

 

 

CHEGOU O DÍA DO MAGOSTO: 

Por fin chegou o día do magosto... Mara que era a encargada tachou o día 16 e contounos a todo que hoxe era a festa do magosto.. e que xa quedaban CERO (0) días  :)

Antes da festa tivemos unha visita dos compañeiros e compañeiras de quinto e sexto.

Cantaron unhas regeifas sobre o magosto (os de quinto) [máis información sobre este traballo AQUÍ]

 

E tamén un rap tamén sobre a festa do magosto (os de sexto)

 

E despois do recreo...  chegou o momento de ir ó pavillón para participar nos "xogos do magosto", que o profe xa nos explicara que irían sobre festas (visitariamso a papa noel, fariamos rir a un paiaso no entroido, iámonos enlixar no magosto, faríamos un puzzle de libro no día do libro....), ademáis foran idea da profe MARGA, que ademáis era a nai da nosa compañeira NOA.

Así que baixamos coas nosas coroas... MARA, a encargada levaba nunha bolsa enorme tódolos cestos, que os usariamos logo, cando rematasen os xogos.Yéssica levaba tamén o plano cos xogos que iamos facer.

Tiñamos que seguir un plano para saber en que xogo nos tocaba de cada vez, ademáis os compañeiros e compañeiras de sexto eran quenen estaban encargados de explicarnos cada xogo, e axudarnos se o necesitabamos.

O noso primeiro xogo foi o do ENTROIDO, nel tiñamos que facer un recorrido cuns coches e motos de xoguete esquivando os conos ata chegar a un paiaso... que nos daba unha CAROUTA se lograbamos facelo rir.

 

Cando sonou o silvato pasamos o seguinte xogo, O MAGOSTO, no que con tizas tiñamos que pintarnos úns ós outros... e os profes tamén, por suposto.  Como premio conseguimos unha CASTAÑA.

 

O noso terceiro xogo foi o do DÍA DO LIBRO, no que había que facer un puzzle de libros... como premio conseguimos 

 

Tamén visitamos a Papa Noel, no xogo do NADAL, pero para chegar ata el tiñamos que recorrer un circuito de cochonetas, túneles a obstáculos... e todo isto cun gorro de Papa Noel na cabeza... eso si cando chegabas, se te portaras ben Papa Noel (que era XERMÁN disfrazdo) dábache uñn caramelo. Como premio conseguimos un CARAMELO.

 

No seguinte xogo, o do DÍA DA PAZ, había que botar fora do paracaidas unha bomba negra,  entre todos e todas dímola tirado fora do paracaidas varias veces. Como premio conseguimos unha BANDEIRA COA POMBA DA PAZ.

 

No xogo da FESTA DOS MAIOS, decoramos entre os diferentes grupos que foron pasando polo xogo, un maio con laranxas, ovos e flores... eso si daba un pouco de traballo porque había que debuxalos, recortalos e pegalos.... Como premio conseguimos unha FLOR.

 

Por último chegamos á festa do SAMAÍN, na que unhas bruxas nos deixaron unhas vasoiras feitas con cordas e "tiras de bolsas do lixo negras", e tiñamos que pisarnos "as vasoiras" uns ós outros.  Como premio conseguimos unha VASOIRA DE BRUXA.

 

Cando remataron os xogos, e xa con tódolos premios conseguidos... saímos do pavillón, collémolos nosos cestos do magosto e fomos a buscar as castañas asadas.

 

Comímolas xunto ó resto de compañeiros e compañeiras do colexio... eso si tendo coidado de tirar no lixo as cascáras e non no chan... ou polo menos iso tentamos.

 

Foi unha festa do Magosto fantástica.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.