Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2015-2016) Colaboramos na creación do recanto dos buzóns de correo.

A semana pasada Ángela amosounos algo que formaría parte dun novo recanto da nosa aula. Tratábase dunhas caixiñas de madeira, moitas..contámolas e eran tantas como nós ou máis.

Xogamos a pensar para qué poderían servir..todos pensabamos que para gardar algo..ata que finalmente alguén dixo que para gardar cartas e así nos enteramos de que serían os buzóns individuais de cada un de nós.

Tamén xogamos a imaxinarnos que se transformaban en algo e sairon moitas ideas: sombreiro, taburete, piano,..

Fixemos agrupacións con elas, de dúas en dúas, tres en tres..

Fixemos unha torre en serie, intercalando as caixas colocadas cara un lado e cara ó outro.

                 

Algúns compañeiros nos medimos coas caixiñas, contando cántas medíamos cada un e comprobando que os máis pequenos sempre medían unha menos como mínimo que os de 4 e os de catro media menos que os máis grandes.

E por último entre todos creamos unha escultura, colocando cada un de nós a nosa caixa ou buzón no lugar que nos apetecía para acabar formando algo conxunto.

      

Reflexionando sobre a qué podía corresponder esta escultura, uns víamos a unha princesa, outros unha torre, un dinosaurio,..

E por fin chegou o momento de pintar cada un o seu buzón, coa pintura de cores da que dispoñíamos: azul, verde e vermello.

 

Agora só nos queda terminar de fixar os buzóns no recanto e colocar a foto e o nome de cada un, para cando nos escribamos cartas. Estará ademáis o buzón de Ángela  e aínda nos sobran dous, para as profes que veñen a clase que se queiran sumar.

(pendiente de foto)

Aínda que todavía non os estrenamos, sí adicamos unha sesión a facer correspondencia cos compañeiros de infantil 2, elixindo cada un a quen escribir e entregándolle a carta en man pois o seu recanto tamén se atopaba en construcción.

 

 

 

 

(2015-2016) Acordamos as normas de aula.

Nestes dias de setembro xurdiron na clase moitas situacións e momentos nos que nos decatamos de que necesitábamos ter unhas normas, como en anos anteriores, para así ter un ambiente tranquilo na aula.

Despois duns diálogos recordando algunhas destas situacións, suxerimos algunhas das normas que considerábamos necesarias para intentar que estes comportamentos non se repitan.

Unha vez acordadas por todos e todas e anotadas na pizarra, nos agrupamos por parellas e algún grupo de tres, para escenificar e fotografiar cada unha delas e así telas expostas nalgún lugar visible, como facemos todos os cursos.

Éstas foron as normas que propuxemos, aínda que seguro que irán xurdindo máis:

*Falar baixo, sen dar berros.

          

 

*Moverse pola clase despacio, sen carreiras.

*Levarnos ben.

 

 *Escoitar ós demais, cando falan.

   

 

*Agarrarse ó pasamans cando subimos e baixamos as escaleiras (para ir a clase de música e a informática e biblioteca).

  

 

*Poñer as tapas ós pegamentos e rotuladores para que non sequen.

*Gardar as cousas no seu sitio e recoller cando desordeamos algo.

             

 

*Coidar o material e xoguetes da aula. Como un compañeiro rompera un libro de clase, decidimos sacarlle unha fotografía para así acordarnos ben desta norma.

 

Temos as nosas normas pegadas nunha zona moi transitada na aula e onde podemos acceder a elas fácilmente.

 

Cando xurde algún problemiña deseguido acudimos a elas!!

 

 

(2015-2016) Refacemos o noso recanto de reciclaxe na aula

Nestes  días  pasados, ó igual que cómo fixemos noutros recantos, como o de rexistros, andivemos a refacer o noso recanto da reciclaxe e así de paso explicarllo aos compañeir@s novos.

Despois dun diálogo de grupo para escoitar o que cada un de nós sabía e recordaba sobre o que podemos reciclar na clase, vimos na pizarra dixital un pequeno video sobre esta temática, tamén as fotografías dalgúns alimentos que normalmente tomamos nas merendas, tratando de explicar en qué contenedor os deberíamos tirar,

 

e xogamos na PDI tamén a reciclar algún lixo.

Repartidos en tres equipos, encargámonos de pintar os tres paneles, amarelo, verde e azul, do  lixo de prástico, orgánico e papel respectivamente.

 

  

Unha vez que os paneis que delimitarían cada zona, estaban listos,

 

os alimentos que víramos na PDI, xa impresas as súas imaxes, os clasificamos en cada cor e por equipos tamén os recortamos e pegamos no seu lugar  correspondente.

 

Ademáis de ordear as letras da palabra RECICLO  e pegalas no recanto, e coa axuda de Ángela, para cortar o cartón e poder facer os ocos por ónde meter o lixo, así nos quedou finalmente o recanto.

 

Tamén estivemos observando polo recinto escolar, qué contenedores temos

 

lles sacamos fotografías para pegar a foto de cada contenedor no noso panel onde corresponda.

E asignamos os venres como día no que o encargado e un axudante vaciarán as papeleiras e caixas no seu lugar correspondente. Aínda que si as damos enchido antes, tamén saldremos a valeiralas.

A verdade, así é imposible non acordarse de reciclar!!

 

(2015-2016) Primeiras semanas de clase

Ola a tod@s!!

Xa pasaron unhas semanas dende que empezamos as clases e vos contamos algunhas cousiñas que sucederon.

Os primeiros días os máis cativos foron coñecendo algúns espacios novos do cole, como o pavillón, a biblioteca e a sala de informática, e os maiores lles explicamos actividades que levamos a cabo neles e cómo debemos estar nestes espacios.

 

Ademáis do horario que teríamos, é dicir, qué actividades realizaríamos cada día. Como xa fixemos o curso pasado, elaboramos un horario xigante, no que diariamente poderemos ver qué nos toca, 

e tamén elaboramos un individual para levar a casa, xunto coas normas de aula, que tamén acordamos nestes días.     

 

Segúndo o día da semana temos actividades diferentes e así as fomos recordando algúns e coñecéndoas outros.

Este curso, entre outras, teremos sesións de robótica, co noso robot beebot. Na nosa primeira sesión, debíamos seguir un camiño marcado por cadrados vermellos.

Ós máis pequeniños fíxonos moita gracia, e os maiores tiñamos que estar moi concentrados para conseguir marcar os pasos a seguir polo beebot correctamente.

 

Tamén temos no horario a actividade de pintar con témpera tanto no noso block individual como en grandes murais e noutro tipo de soportes. Nesta ocasión, para inaugurar a actividade, utilizamos uns globos pequeniños cos que previamente fixemos xogos espaciais e corporais. Cos globos estampamos témpera de diferentes cores para crear as nosas obras "abstractas".

 

Ademais teremos sesións de títeres que alternaremos con outras de correo, nas que elaboraremos cartas para outros compañeiros (pero disto vos contaremos noutra entrada).

Esta vez cos títeres bailamos ó ritmo da música, unhas veces máis lenta outras máis rápida, unhas máis forte, outras máis suave.

Nos presentamos con eles, inventándonos un nome para o noso títere e tamén improvisamos algunha que outra actuación.

 

Ademáis seguimos a introducir algúns elementos e materiais das rutinas: tarxetas con nomes dos nenos, dos meses, iconos das actividades de cada día, panel de números para marcar distintas cantidades....pero eran tantos, que antes tivemos que ordenalos.

 

Retomamos o préstamo de libros, explicando antes na pizarra dixital aos máis pequenos, cómo facemos para rexistrar os libros que levamos os venres a casa. Rexistro que facemos tanto en papel como en ordenador.

E para facer este rexistro e tamén acceder ó calendario sen necesidade de marcar códigos, elaboramos os nosos carnets QR ,pegando algúns datos como o noso nome e foto, o noso código que o imprimimos da web, así como a firma e o selo do noso grupo, Infantil 1.

(pendiente de foto)

 

Tamén elaboramos as nosas bandexas da merenda, pois os primeiros días as botábamos en falta, xa que as do curso pasado foron ó lixo pois estaban bastante estropeadas despois de tantas merendas feitas con elas.

Por petición da maioría, eliximos debuxos da tele que nos gustan, para colorealos e pegalos na bandexa. Ademáis de polo outro lado pegar tamén algunhas fotografías do noso día a día no cole.

Unha vez rematada a bandexa por ambos lados, utilizamos a máquina plastificadora para que se voltase dura e así aguante todo o curso.

 

Tamén, como facemos todos os anos, pegamos a nosa foto de grupo nunha cartolina, que xunto coas nosas pegadas das mans de diferentes cores, rodeando a foto, será o noso cartel que nos identifique ó ladiño da porta, para que cando alguén veña visitarnos ou busque a algún compañeiro, sepa en qué aula estamos.

 

Tamén como actividade para coñecernos un pouco máis entre todos, deternos a observar os detalles e rexistrar con números as cantidades, comezamos a facer rexistros entre os compañeiros da aula: de nenos e nenas da clase, da nosa cor de cabelo, ou por suxerencia dunha compañeira, entre os que tiñamos cabelo longo e curto e aquí xurdiron algúns problemiñas pois para algúns a media melena era cabelo curto e para outros longo, co cal creamos outra modalidade no rexistro, a media melena.

Nas próximas semanas seguiremos levando a cabo distintos rexistros, en función das ideas e propostas que entre todos aportemos.

 

Como podedes ver estivemos moi atarefados, aínda así tivemos moitos momentos de xogo libre e nos distintos recantos, que tan necesario é e a través do cal aprendemos tamén moitísimo.

Pero estas tres semanas deron moito máis de sí, vos temos que seguir contando noutras entradas, que faremos próximamente!!

 

 

 

(2015-2016) Comezamos un novo curso!

Ola a tod@s!

Por aqui estamos de novo e como podedes ver na portada, temos nova foto de grupo pois algúns compañeiros marcharon a primeiro e outros máis pequeniños/as agora forman parte do grupo.

 

Estes primeiros días dedicámolos a coñecernos, a explorar os distintos materiais e espacios e tamén a ir coñecendo o horario, e as actividades fixas que faremos cada día durante o curso, os profes que virán a clase...

Aquí vos deixamos algunhas fotos destes momentos.

Vos seguiremos contando!!

 

 

 

(2014-2015) Rematamos o curso e así nos foi en xuño.

Xa demos comezo ás vacacións, pero aínda nos queda por contar cómo nos foi no mes de xuño na nosa aula.

Como xa sabedes fixemos a nosa excursión de fin de curso, da que xa falamos noutra entrada.

Mentres non chegaba o día, e a medida que traíamos á escola as autorizacións, nos íamos anotando nunha lista para ver quén faltaba por anotarse.

      

Ademáis tamén vimos uns días antes, en internet o percorrido que faríamos para chegar ó acuario e os distintos lugares onde faríamos parada.

Na pizarra dixital marcamos o percorrido

     

e elaboramos cada un o seu "mapa" da ruta.

En xuño tamén celebramos os cumpreanos tanto deste mes como dos meses de verán.

Participamos no xa tradicional xogo de pistas, cun tesouro final, do que tamén vos falamos noutra entrada.

Ademáis de participar nalgunhas actividades de fin de curso, que tamén relatamos noutra entrada.

 

Destacar tamén estas outras propostas:

Continuamos e rematamos co muro das palabras e os nosos diccionarios individuais.

 Seguimos cos agrupamentos de 3 anos e 4 e 5 en dúas sesións semanais para reforzar algúns aspectos en cada grupo.

 En 3 anos identificando as letras do muro, trazándoas, facéndoas con diferentes materiais, levando a cabo series con gomets..

 En 4 e 5 traballando conceptos matemáticos, trazando diferentes tipos de formas xeométricas, trasladándoas ó modelado,...

Tamén nunha sesión, na aula de informática, cada un de nós votamos para elixir o nome da mascota das TIC que máis nos gustaba.

Despois de varios meses coas plantacións, algunhas das cales tivemos que volver a sementar pois secaran, 

finalmente aínda que dúas delas non foron adiante, entre todos decidimos que as queríamos levar para casa e que non secaran na escola. Cada un na súa casa, a volvería a prantar na horta ou a seguiría coidando na súa maceta.

Tamén tivemos momentos de xogo nos recantos, de xogo libre, de títeres, aproveitando a tea coa que fixemos as escenas para a película de Chaplin.

Momentos de xogo e movemento no pavillón

 

 con circuitos, xogos de equilibrio,..

 

xogos populares..

e manipulación e xogo libre con moito do material co que contamos, por ser xa as últimas sesións do curso.

 

Nas últimas semanas tamén observamos que había carteis pegados na entrada do cole e na planta de arriba

e despois de leelos descubrimos que nos agardaba unha exposición de pintura feita polos nenos e nenas de primeiro.

Así que subimos a ver dita exposición, observala, falar sobre os seus cadros, inferir algúns aspectos como qué compañeiros de primeiro o puido pintar, cómo se titularía,...

lendo e descubrindo si estábamos no certo ou case...

os compañeiros maiores, de 5 e 6 anos se encargaban de lernos o que estaba escrito en cada cadro.

Gustounos moito a exposición, noraboa rapaces!

 E despois de tanto argallar, traballar, xogar, investigar, falar, escoitar, desfrutar, discutir, arranxar,....chegou o último día de curso, a despedida e benvida ás vacacións, unha mistura de ledicia polas vacacións e tristura polo cambio de aula e grupo para algúns de nós.

Nos quedará de recordo na clase a nosa foto de grupo cos compañeiros que pasan para primeiro. 

Pero qué maiores sodes rapaces!!! Moita sorte no próximo curso que ven!! Pero de momento, a desfrutar das vacacións!!!!

 E o resto de compañeiros, máis do mesmo, a desfrutar moito e nos veremos en setembro!!

(2014-2015) Finalizando o proxecto de Keith Haring

Vos contamos os últimos pasos levados a cabo no noso proxecto de Keith Haring:

-Terminamos de dar resposta a algunhas das preguntas levadas a cabo por nós mesmos:

*Cantos cadros e cantas esculturas pintou?

Para dar resposta a isto, consultamos na web do cole, no recanto de Karing unha liña do tempo na que  en cada ano da súa vida podíamos ver todas as obras que levara a cabo.

  

Estaban divididas en dibuxos e pinturas, libros editados e esculturas.

Así, fumos contando en cada ano, e anotando na nosa liña do tempo, cantos cadros e cantas esculturas fixera.

e unha vez anotadas todas, do 1978 ao 1990, ano no que faleceu, pensamos cómo poderíamos saber cántas eran en total e se nos ocurriu que utilizando unha calculadora que temos na clase..

Así, averiguamos que Haring pintou para o público, é dicir, que se expuxeron, en total unhas 600 obras, aproximadamente e sobre unhas 63 esculturas.

Así o plasmamos no mural do proxecto

Tamén, gracias a esta liña do tempo respondimos a outra das preguntas:

*Cando empezou a pintar?
Averiguamos que empezou a pintar no ano 1978, aínda que antes xa dende pequeno facía os seus debuxos e tamén pintaba serigrafías para camisetas.

No noso mural tamén reflexamos algúns dos debuxos que se veían na época na que Haring era un neno e un adolescente.

 

*En qué lugares do mundo pintou e expuxo os seus debuxos?

Para dar resposta a esta pregunta optamos por ler nas fotocopias e información traída de casa, e así, a profe lía un anaquiño e cando pensábamos que esa información tiña que ver coa pregunta a mandábamos parar e iamos anotando.

    

Eran tantos os lugares do mundo nos que pintou e expuxo que comezamos unha lista que decidimos rematar escribindo de maneira máis xenérica pois sinon sería interminable.

Sempre tratábamos de relacionar cada un destes sitios con outras experiencias e proxectos (por  exemplo cos lugares polos que pasou o noso osiño Quique, cidades nas que viviu Chaplin...), ademáis dalgún monumento ou lugar característico.

 

*Que cousas pintaba nos seus cadros?

Esta pregunta era sinxela de responder xa que despois de ver tantas e tantas imaxes tanto na pantalla como na información traída de casa, en seguida demos feito unha choiva de ideas que a profe anotou. Para logo organizarnos por equipos e encargarnos cada equipo de escribir catro delas para o mural.

Anteriormente un equipo se encargara de recortar algunhas imaxes de cadros de entre a información traída de casa.

 

Demos respostado a todas e así nos quedou o mural informativo e expositivo que colocamos no corredoiro.

Xunto ao noso mural e ó de Infantil 2 tamén expuxemos  algunhas actividades paralelas levadas a cabo que tiñan relación co proxecto,como algunhas das obras de Haring que representamos co corpo. Así recortamos as máis características para pegar na zona do mural.

Ademáis da participación das familias no pintado da sala de usos múltiples, así como nun obradoiro de siluetas que logo recortamos e pegamos polo teito do corredoiro.

     

e a elaboración das sillas ao estilo Keith Haring.

que pintamos sobre cartón o día dos obradoiros coas familias, e que posteriormente nos encargamos de atar ás sillas con cinchas.

Desfrutamos moito levando a cabo este proxecto e de seguro que a partir de agora identificaremos alá por onde vaiamos algunha das imaxes de Haring!!

 

(2014-2015) Así nos foi co proxecto de Keith Haring

En anteriores entradas vos contamos cómo foi o comezo pero hai moito que contar do que sucedeu a partir de ahí.

Moitos de nós seguimos a buscar información na casa para logo contarlla aos demáis

 

 

e así ir formando o noso recanto do proxecto.

 

Algún compañeiro tamén nos achegou a información de xeito dixital, a través dun pen drive, que logo vimos na nosa pizarra.

 Nesta foto Nayra nos explica o que atopou na casa coa súa familia.

 

Todos sabíamos que o "producto final" e obxectivo común de todos os nen@s  do colexio era o pintado das paredes da sala de usos múltiples con motivos e imaxes dos artistas traballados, e levándoo a cabo coa axuda dos nosos familiares que puidesen achegarse.

Así, despois de ver, semanas antes, os distintos diseños no correidoiro dos maiores, vimos cómo sería finalmente en función dos diseños gañadores, o diseño que pintaríamos.

buscamos e rodeamos as figuras de Keith Haring

 e tentamos representalo cada uno de xeito individual nun folio, para o noso dossier.

 

Tamén estivemos na sala de usos múltiples buscando as nosas imaxes e outras que farían outros compañeiros e como estaban pintadas en lápiz, había que prestar moita atención e fixarse ben para atopalas.

aquí atopamos unha á nosa altura, na que Alberto puido colocarse exactamente igual que a figura.

Días despois volvimos á sala cando xa comezaran a pintar os alumnos maiores e quedamos sorprendidos co cambio, facéndonos unha idea do que sucedería cando pintásemos nós.

 

Qué ganas tiñamos de empezar!!

 

Pero mentres non nos tocaba a nós o pintado, pois Ángela ensinounos o calendario feito, igual que o que fixéramos para elaborar a peli de Chaplin, e aínda tiñamos que esperar ao 3 e 4 de xaneiro. E mentres, fumos atopando as respostas ás nosas preguntas en torno a Keith Haring.

 

Léndonos a profe dalgunhas fotocopias que trouxemos e parando de cando en cando para ver se descubríramos algo, conseguimos averiguar algúns datos da súa vida e os trasladamos ao mural por equipos.

 

 

Ademáis outro equipo encargouse de  recortar da información traída de casa, imaxes dos cadros para pegar no mural e así contestar a outra das preguntas. 

 

  por orde de arriba a abaixo, isto é o que anotamos:

-nació en Pensilvania.

-tenía tres hermanas.

-se inspiró en los dibujos animados.

-pintaba en el metro.

-o detiveron por pintar no metro.

-morreu dunha enfermidade.

-tiña 31 anos.

Faltaba por anotar que estudiou Arte e que antes de comezar a pintar xa facía debuxos para camisetas, que se chaman serigrafías.

Así, buscamos no ordenador imaxes de camisetas con debuxos de Keith Haring e escollemos unha para imprimir e pegar no mural.

 

Anotamos as datas nas que naceu e morreu.

Localizándoas nun folio cheo de números que eran diferentes datas, incluso estaba a nosa data de nacemento.

 

 

Unha vez localizada a súa data de nacemento e a da morte, contamos as que había entre as dúas, que eran os anos que viviran, e así comprobamos que sí tiña 31 anos aínda que a nós dábamos 32 e a profe explicounos que era porque estaba a punto de cumprir os 32 cando faleceu.

Anotamos no encerado as datas de nacemento nosas, coincidindo os de tres anos na mesma, así como os de 4 e 5 e sucedeu o mesmo que a Keith Haring, que algúns de nós xa cumplíramos 5 e outros non aínda que nacimos no mesmo ano, e chegamos a conclusión de que era polos meses que eran diferentes e algúns, os do verán aínda non chegaran.

 

Nos chamou moito a atención que a Keith Haring  lle gustaban moito os debuxos animados e para pintar se inspiraba neles. Na web do cole había un video onde saían os debuxos da época na que Keith era un neno.

Descubrimos que moitos deles agora non os poñen na tele, e outros como a panteira rosa os podemos ver porque os temos en dvds.

Falamos e debuxamos cáles eran os nosos debuxos animados favoritos. Os de Keith Haring eran os de Walt Disney , de Mickey Mouse..así atopamos algúns cadros nos que aparecían

  

Tamén na web tiñamos varios videos para ver cómo pintaba na rúa e no metro e cómo uns policías o detiña por facelo nunha ocasión.

 

Nas fotocopias tamén averiguamos que a  figura do bebé que aparece no cadro do "Bebé radiante" o que nós previamente vimos e lle imaxinamos diferentes títulos, era unha das súas favoritas e tamén a tiña impresa en camisetas e outros soportes.

Así, fixemos un cadro semellante no noso block de témpera,

colocando a figura do bebé sobre o papel e pintando todo cunha cor. Ó sacar a figura do bebé descubrimos sorprendidos que quedaba a súa forma en branco, destacando sobre o resto e a decoramos igual que no cadro.

 

Tamén representamos co corpo algúns dos cadros máis significativos para nós.

Nunha sesión na sala de usos múltiples, organizados nos equipos

 

 

 

 

 

Na clase, utilizando a pizarra dixital, para buscar os cadros tamén representamos algún que outro.

 

 

 

Vos seguiremos cotando, que o proxecto está chegando ao seu fin! 

(2014-2015) O mes de maio na nosa aula

No pasado mes de maio, andivemos, coma sempre, inmersos en un montón de tarefas e aventuras.

Ademáis de participar na elaboración do maio,

 

e na celebración das letras galegas co resto de de compañeiros do centro,

  

tamén recibimos a visita dalgúns dos nosos avós, pero iso xa volo contamos noutras entradas anteriores.

 

-Continuamos coas prantacións e replantamos algunhas das sementes que secaran.

Cecilia  encargouse de plantar as sementes da albahaca

Nayra a do tomate cherry

 

Iván a do brócoli  

Lucas G. a da cebola

e Jorge a do pepino (tivemos un problema coa súa foto e por iso non podemos amosárvola).

Non sin olvidarse antes de facer os buratos nas súas macetas para que a auga poida saír.

 

Ademáis de regalas.

 

Éstas eran as últimas prantacións e ademáis replantamos algunhas que secaran.

Daba gusto velas semanas despois!

 

Aínda así.....xa veremos en xuño o que sucedeu....

 

Ademáis, estes alimentos como o tomate cherry (de diferents cores, amarelo, verde e vermello, así como con forma redonda e tamén alongada) a albahaca, o pepino e a cebola puidemos tocalos, cheiralos e probalos

 

Organizados en equipos cooperativos, cada equipo elaborou a súa ensalada.

 

(pendiente de fotos)  

 

Ademáis tamén debullamos unha espiga de millo, que Óscar nos trouxo,

 

e prantamos nun vasiño do prástico un ou varios grans de millo.

 

 

Tamén continuamos a xuntarnos por idades para realizar algunhas actividades específicas

como trazar as letras novas que cada semana introducimos no muro 

 

 identificalas entre outras

 

 ou formalas utilizando diferente material

 

e os compañeiros máis maiores, seguimos a facer distintas actividades cos números.

Aquí se nos ve traballando coa serie numércia, ao igual que seguimos distitas consignas a nivel espacial (colocarse diante, detrás, entre, no 3 - 1, ...) e facendo sumas e restas en función das consignas dadas: "colócate diante do 8 e dá 3 saltos hacia atrás- entón 8 menos 3 é igual a 5").

 

 ou buscando cantidades de 2 cifras, xuntando dúas cartolinas cos números correspondentes

 

 

Este mes coma sempre, tivemos sesiós de psicomotricidade, levando a cabo moitos xogos co corpo, circuitos e actividades de coordinación xeral e cos outros.

Vos deixamos alguhas fotos.

 

tratando de pasarnos o platillo cunha pelota dentro sen que caíse, e despois con dúas, tres,...

 colocánndoo de diferentes maneiras e en diferentes posicións, e de xeito paralelo aos movementos dos noso corpo

 

 facendo carreiras unidos polo platillo

 

 levando a cabo diferentes tipos de circuitos.

 

Tamén na aula entre traballo e traballo, entre propostas cooperativas e clases cos especialistas, tivemos ratiños para o xogo libre, a experimentación e as propostas de creación.

 

 

 

 

(2014-2015) Proxecto de Keith Haring-Primeiros pasos

Como vos contamos nunha entrada anterior, demos comezado un proxecto que xira en torno ao artista Keith Haring.

Ademáis de visionar algunhas das súas obras (quenos serviron para elaborar os agasallos das nais) nos achegamos todos ao corredoiro para observar e comentar outras que estaban penduradas alí.

Non levabamos moito tempo cando nos demos conta de que saía algunha das imaxes que víramos no power en clase. Xunto con outras de outros artistas que non coñecíamos.

Na parte de abaixo, había debuxos feitos polos nenos, e tamén descubrimos que algúns deses debuxos tiñan elementos nos cadros da parte superior.

Adicamos un ratiño a buscar estas coincidencias entre imaxes.

Así, a profe contounos que no cole todos os neno/as participaríamos nunha proposta artística, e que pintaríamos a sala de usos múltiples con algúns destes debuxos e por iso estaban, para elixir o deseño que máis gustase.

E propúxonos investigar sobre o noso artista, xa que a todos/as nos chamara moito a atención o seu tipo de obra.

Estando todos dacordo, pasamos a reflexar no noso mural os coñecementos previos, que se baseaban nas imaxes que víramos eses días da súa obra e tamén nas nosas intuicións.

Isto é o QUE SABEMOS:

-Pinta cadros.

-Pinta estatuas ou esculturas.

-Pinta reloxios, xarróns,..

-Xa morreu.

-Pintouse a él mesmo.

-Pinta cousas alegres.

-Usa moitas cores.

 

O seguinte paso era transmitir a todos e reflexar no mural  o que QUEREMOS SABER:

-Cántos cadros pintou?

-Cántas esculturas pintou?

-Se está vivo ou morto.

-Cántos anos viviu ou cantos ten agora se aínda vive?

-Cómo é a súa familia?

-En qué lugares vive ou viveu?

-Cómo foi ou é a súa vida?

-Cándo comezou a pintar?

-En qué países do mundo pintou e ensinou a súa pintura?

-Qué cousas pintaba?

 

E tamén reflexionamos sobre ónde buscar a información:

-Ordenador, tablet, movil, videos, pelis.

-Revistas, xornais.

-Casas: familia.

-Libros.

Como un dos lugares ónde buscar propostos era nas casas, entre todos escribimos unha carta moi informal para eles, na pizarra dixital.

   

E a levamos ás casas, acompañada dunha explicación da mestra sobre a nosa petición de axuda.

       

Esta semana comezamos a buscar as respostas ás nosas preguntas, e o faremos a través dos distintos equipos cooperativos. Xa o estamos desexando! a ver qué descubrimos!

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.