Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog de dinamización da lingua galega

CELEBRACIÓN DO NADAL

Aínda que o mes xa case acabou e que o ano novo xa vai empezando a quedar vello,aquí tendes as fotos do festival que fixemos no colexio para celebrar O Nadal.

Coma sempre, tódolos nenos e tódalas nenas que participaron, fixérono coma verdadeiros e verdadeiras profesionais.

Aquí vos quedan as fotos.

 

6º: dando a Benvida.

E.I de 3 anos: Baile: O pitufo Santa Claus. ç

 

 E.I. 4 anos:baile: Santa Claus, chegou o Nadal.

E.I. 5 anos: Teatro: Nenos de tódalas cores.

1º : baile: COPS.

5º: (Peza de frauta):MUFFIN

 

 2º: (Baile):Manah, manah

3º:(peza de frauta): If only

5º: (Baile)Tacatá

4º:(peza de frauta):A good little devil

6º: Tu cara me suena.

4º e 5º:(canción):Christmas song.

 

 6º:(peza de frauta):I can feel it.

 3º e 4º:(baile:Zumba.

5º e 6º:Bob Esponja.

E isto foi todo o que houbo e aínda que sexa un pouco a ddestempo:

FELIZ ANO NOVO

E A DESFRUTALO DESDE O PRINCIPIO HASTA O FINAL.

SAMAÍN 2012

SAMAÍN 2012

POOORRR FIIIN!.Xa pensaba que este ano non había SAMAÍN,que noutros sitios chámanlle HALLOWEEN!

Eu invitei a algúns dos  meus amigos e amigas, agardo que non vos importe e caibamos todos e todas.

Eu xa teño a miña cabaza preparada, mirade cómo me quedou, son un artista....

Non sei se será o suficientemente fea para que gañe o 1º premio, seguro que vós a faredes máis requerebén e non gaño nin de broma...Chorando

Bueno, xa o veremos, quedades todos e todas convidados e convidadas ó SAMAÍN deste ano.

Será terrorífico.....mirade detrás das portas, non se sabe qué haberá ....

Pois o que houbo aquí o tendes......

calacús de tódolos tamaños e formas.........

    

 fumadoras, vendadas.....

      

e algunha que outra que pasou mala noite.....

hasta as había con cornos e sombreiro...

 

como vedes había de todo como en botica.

Tivemos talleres moi interesantes e que daban un pouco de medo ......

Na biblioteca contaron contos de medooo!!!! e logo tivemos un obradoiro de animación á lectura.

Houbo un taller para facer manualidades de medo....

Participaron todos e todas os nenos e nenas do colexio; é interesante ver en qué se converte unha bolsa de lixo, un prato de plástico.....

Tamén tivemos un taller de visionado de curtos e cancións terroríficas...

bailamos e miramos qué é o que cociñan as bruxas na noite de Samaín.

Como este ano os monstros, bruxas, pantasmas e toda a familia "Monstril" marchou de vacacións, tivemos que pintarnos e disfrazarnos nós para que non se notara moito a súa ausencia e a verdade é que do taller de maquillaxe saíron monstros feos e que daban moito medo...

vaia cara que teñen estes dous, parece que non ven moito o sol...

igual ca todos estes monstros que non deberon de durmir ben pois a verdade meten bastante medo, aínda que me parecen que saíron demasiado guapos e guapas na foto, non vos parece?

Logo de que tódolos e nenos  e nenas, perdón , monstros, bruxas e demais familia, votaran polos seus calacús preferidos...

estas foron as cabazas gañadoras xunto cos seus creadores e creadoras.Aquí os vedes cos seus agasallos, cadanseu libro pois aínda que se sexa monstro hai que ler igual.

Pero iso non foi todo, tamén houbo diplomas para as cabazas máis orixinais...

E colorín colorete pola cheminea saíu un foguete.

Hasta o ano que ven .........

Que elegancia....!

Bicos con sapos, serpes, corvos, ras, tripas de porco....

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

O día 18 de maio celebramos no centro o Día das Letras Galegas.

 Fixemos o maio entre tódolos alumnos e alumnas do centro e quedounos así de bonito.

 

Cada ciclo ocupouse de traer as cousas precisas para adornalo.

Na aula de usos múltiples xuntámonos todos e todas para facer un pequeno acto adicado a Valentín Paz Andrade.

Houbo varias actuacións:

.os de 6º fixeron un pequeno teatriño moi divertido titulado ."O semáforo".

 .todo o centro cantou unha canción titulada:"Que baile con quen" que bailaron os nenos e nenas de 2º e tocaron  nenas de 4º. 

 

.3º ciclo elaborou un conto titulado "O parrulo" que nos leron a todos e todas.

 

.todo o centro escribeu as coplas do maio que cantamos todos xuntos.

 

 

.3º ciclo tocou o "Himno galego"

 

E así rematou o acto.

Logo do recreo tivemos uns contacontos cos cales nos divertimos moito.

 

 

Así se cantan os maios

Nesta ligazòn atoparás información sobre a estructura das coplas e como se cantan os "maios".

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/659

 

Material para traballar a Valentín Paz Andrade nas aulas

 

Aquí tendes a ligazón co seminario Galán para traballar a Valentín Paz Andrade nas aulas.

http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/

VISITA Ó SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O venres 9 de marzo, os nenos e nenas de E.E.I do Pedro Antonio Cerviño, os nenos e nenas do E.E.I de Cerdeiras e os nenos e nenas de 1º e 6º do centro , fixeron a visita ó Salón do Libro por mor de ter elaborado o traballo sobre a temática deste ano que é: " 12+1" 

 

 

Este é o traballo feito polos nenos e nenas.É coma un xogo da Oca da Boa e Mala Sorte.

Os cursos participantes repartiron o traballo.

Decidíuse primeiro o formato .Logo os temas que se ían a tratar sobre a Boa e Mala sorte .Cada tema ten a súa cor e os números correspondentes levan a foto  e a cor escollida.

Os temas foron os seguintes :

E.E.I.Cerdeiras: amuletos

E.E.1: animais

E.I 2: números

1º: obxectos

6º: accións

Cada curso tivo as súas actividades.

E.E.I  e 1º curso tiveron sesión de contacontos.

 

 

 

e os nenos e nenas de 6º tiveron untaller de amuletos personalizados.

Durante a visita , os nenos e nenas estiveron mirando os traballos dos outros centro participantes.

 Visitaron as diferentes salas que se prepararon.

A dos trevos de 4 follas

 

A ruleta da sorte da "merda":

A sala da Santa Compaña

Coma sempre,o lobo ORBIL saudou ós nenos e nenas, invitándoos a ler moito.

E cando rematou a visita, os nenos e nenas merendaron e xogaron nun parque, acompañados polas profes e os profe.

 

 

O ENTROIDO NO COLEXIO

 

Este ano celebramos o Entroido con moita alegría e botando unha ollada ó ESPACIO, que foi o tema escollido polo centro.

O  ESPACIO foi o proxecto que estiveron levando a cabo as aulas de infantil do centro durante o 1º trimestre e parte do segundo.

Cada ciclo escolleu deste tema o motivo do seu disfraz, tanto foi así que ata tivemos extraterrestres...

A galiña Azul veu a acompañarnos neste día de festa e tamén os nenos e nenas de E.E.I. de Cerdeiras cunha lúas, estrelas e planetas ben bonitas:

E.E.I ían de ASTRONAUTAS con todo luxo de detalles: 

Logo os nenos e nenas de 1º ciclo que ían de soles e estrelas:

 

Os de 2º ciclo ían das fases da lúa:

3º ciclo ían de extraterrestres foron acompañados por unha espontánea que tamén se uneu á festa.

Logo do desfile polo patio fomos ó pavillón a darlle un pouco de saleiro ó corpo bailando unha "piecitas".

 

E para finalizar, fomos a comer os productos que temos neste tempo de entroido :filloas, orellas,e todo o dulce que se poida comer e nos apeteza.Mirade cómo comíamos é que todo estaba ben rico!.

Os nenos e nenas de infantil tiveron a súa propia degustación, mirade que pinta tiña todo.....

 

 

E para o ano que ven, máis e mellor. 

SAN VALENTÍN

Hoxe 14 de febreiro é un día moi importante é o  día de SAN VALENTÍN.

É un día no que ós nosos amores lles dicimos que os queremos, aínda que nos dea vergoña. Tamén é o día que lles decimos ás nosas amistades que as queremos e que estamos moi contentos de que sexan nosos amigos e amigas e poder compartir as nosas cousas con eles e elas.

 

 

No colexio puxemos un buzón cunha margarida na cal cada pétalo poñía :"QUÉROTE" .

Os nenos e nenas que quixeron poñerlle algo especial a unha amiga, un amigo, a un curmán, á súa irmá ou irmán, a un profe en fin , a quen quixera, colleron un pétalo e escribironlle cousas moi bonitas que fixeron que o día de hoxe fose o máis especial.

 

Houbo algún neno ou nena que non recibíu ningún pétalo pero  están no pensamento dalgún neno ou nena polo que aínda que non haxa buzón, poden mardarlle unha carta a esa persoa especial e facer que calquera día sexa o día máis feliz da súa vida.

Valentín Paz Andrade

 

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade.

Naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez(Pontevedra) e morreu o 19 de abril de 1987.

Foi avogado, escritor e activista político.

Foi membro da Real Academia Galega.

 

 Propóñoche unha adiviña:

Onde está ubicada esta estatua de Valentín Paz Andrade?

Seguro que pasache unha chea de veces por diante dela e nin te deches conta.

 

E aquí tendes un informativo feito nos estudios do CPI dos Dices de Rois.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.