Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2013-2014) Búsqueda prehistórica dende Educación Física

Coma estes últimos anos, rematamos o curso dende a nosa área de Educación Física facendo unha búsqueda do tesouro.

As últimas semanas traballamos no terceiro ciclo a orientación, co que os maiores partirían con algo de vantaxe.

 Xa a fixemos sobre piratas,

 as olimpiadas na antigüedade,

 

a volta ciclista,...

Este curso, por suposto, sobre a Prehistoria!

O protagonista foi Braña 1, resto humán desta época máis antigo atopado en España, do que trousera información á clase Daniel Camiña alá por xaneiro, e do que decidíramos disfrazarnos polo entroido na aula de sexto. 

 

Así dicía a primeira pista que atoparon na porta do colexio:

POIS SÍ, SON EU, BRAÑA 1.

ENTEREIME DE QUE ANDADES A INVESTIGAR SOBRE O MEU TEMPO

A PREHISTORIA

ATA NO ENTROIDO ALGÚNS DE VÓSDISFRAZÁSTESVOS DE MIN E POR ELO...

DEUME GANAS DE FACERVOS UNHA VISITA!

PARA QUE NON VOS ASUSTARADES DE MIN

ANDIVEN POLA VOSA COVA DURANTE A NOITE.

(SÓ ALGÚN ANIMAL DENDE O LONXE PERCATOUSE DA MIÑA PRESENCIA. FACÍA UNS SONIDOS UN TANTO ESTRANOS "GUAU, GUAU", NON OS ESCOITARA ANTES, MAIS DE SEGURO QUE ESTARÍA RICO TOSTADIÑO NA MIÑA FOGUEIRA)

POR CERTO, CANTO TRABALLASTES!

TENDES TODAS AS CLASES MÁIS PINTADAS QUE AS PAREDES DA MIÑA COVA!

ASÍ APRENDE CALQUERA A CAZAR... COÑECEMENTOS!

PARA VER SE APRENDESTES AS COUSAS MÁIS IMPORTANTES DA PREHISTORIA PREPAREIVOS UNHA PROBA.

SE LOGRADES SUPERAR TODOS OS APARTADOS CONSEGUIREDES

O GRAN PREMIO FINAL

(PARA MIN SERÍA ATOPARME CUNHA PATA DE CERVO BEN CHURRASCADIÑA, MAIS PARA VÓS... PREPAREIVOS OUTRA COUSA!)

VEÑA! SORTE! E LEMBRADE...

A TRIBU

SE TRABALLA UNIDA

XAMAIS SERÁ VENCIDA! 

A partir de aquí , iríamos buscando as distintas localizacións das pistas, pensando entre todos os do equipo ou da clase onde estaría situada.  Estas pistas faláronnos sobre:

os petroglifos (oculta na pedra que ten gravado o nome do noso colexio)

 a pesca (pendurada nunha das alcantarillas do patio)

 a caza (nunha punta de frecha nas pedras do xardín interior)

 a vestimenta (na sala onde preparan os seus traxes os da comparsa)

 

as pinturas rupestres (na cova de coñecementos dos de sexto)

 o lume (nunha das saunas do pavillón)

 a auga (na fonte do patio infantil)

 a recolección (entre as ramas das árbores do patio)

Ata chegar á pista final que escondía o premio final.  (a pel que trouxera Virginia)

 

Ata ela foron chegando todos eles.

... Ademais de pasalo ben, descubrimos un feixe de cousas!

 

 

 

 

(2013-2014) Recopilando rifas.

 PITO PITO

GORGORITO

...

¿Saberías seguir?

Seguro que sí; ao igual que algunha máis: "un gato cayó al pozo..., un avión japonés,...

Desde EF démonos conta que case sempre estabamos a sortear nos xogos coas mesmas rifas, de ahí que decidimos preparar este pequeno traballo.

 

Durante o segundo trimestre colocamos dende Educación Física un panel no corredor do pasillo no que o alumnado puidese ir anotando e pendurando as distintas rifas ou maneiras de sortear que tiñan nos xogos.

Os primeiros en facelas foi o alumnado de terceiro que aproveitando un día de temporal nos que non se podía saír do centro prepararon, na hora de Educación Física, en parellas, cada un a súa rifa acompañándoa dun debuxo referente á mesma.

Tamén os de primeiro, aló polo entroido, prepararon algunha na aula e baixaron a pendurala.

 

Os demais tamén participaron anotando nos papeis que deixamos no taboleiro. Pouco a pouco foise enchendo!

Se sabedes algunha máis ou vos apetece aprender a votar sortes de maneira diferente a como tedes acostumado...xa sabedes!

(2013-2014) Practicando no terceiro ciclo o Acrosport

O ACROSPORT

Repasando as habilidades ximnásticas traballadas xa o curso pasado na unidade de Ximnasia (volteretas, pinos, puntais, cravos,...), pasamos a traballar unha unidade na que tivemos que superar un pouco máis de dificultade.

Entre outros, os obxectivos a traballar co Acrosport foron: adquirir e respetar as normas de seguridade, aprender a valorar o risco e a tomar precaucións, cooperar cos compañeiros de equipo, desenrolar a confianza e seguridade en si mesmos,...

A través de fichas con imaxes das distintas formacións e agrupacións e de información e vídeos atopados en internet, comezamos a traballar en equipos combinando as diferentes habilidades para poder acadar posturas cada vez un pouco máis complicadas.

(Se fas clic  poderás ver algún exemplo.

Tamén atoparedes en youtube un montón de exemplos de coreografías)

.

Polo perigo que conleva algunha destas formacións traballamos ben previamente as distintas posicións, roles (áxil, portor, e axuda), apoios, axudas, normas de seguridade,... e ao longo da unidade non tivemos ningún problema

Algúns dos momentos de traballo deste tema foron:

Estudando e decidindo cal e como sería a posición de cada un de nós dentro da formación elexida, onde se facían os apoios, as axudas, quen faría de portor e quen sería o áxil,...

Facendo en parellas e tríos letras do abecedario

Tamén con elas algunha palabra (sol)

E facendo figuras con diferentes agrupacións: de 2, 3, 4, 5, 6 compoñentes

En parellas e tríos

En grupos de 4

En grupos de cinco:

En grupos de seis:

En grupos de 7

E en grupos de 8 e 9

Como remate da unidade tiñamos que preparar ao ritmo da música un baile no cal empregásemos algunha destas formacións.

Unha das cancións dos debuxos de Bob Esponja serviunos de elemento motivante no 1º nivel para tan só nunha sesión telo máis ou menos montado.

Un dos máis coñecidos temas do grupo musical "One direction" foi o que nos inspirou para preparar o baile no 2º nivel do ciclo.

E tan chulos quedaron que decidimos participar con eles no Festival de Nadal.

Nunha próxima entrada mostraremos as imaxes. De momento seguimos ensaiando!

E... tema rematado!

Agora toca respostar as preguntas da ficha de fin de tema para valorar todo o que aprendemos nel.

(2013-2014) A Flexibilidade: os estiramentos.

Agora que comezamos a traballar a FLEXIBILIDADE, aquí vos deixo esta páxina na que atoparedes toda a información que se refire aos estiramentos: beneficios, tipos, os específicos para cada deporte, parte do corpo ou lesión. A telos en conta!

.

.

(2013-2014) Desfrutando dos xogos cooperativos co paracaídas.

Benvidos e benvidas dende o  pavillón

ao novo curso escolar 2013-2014!

Durante estes primeiros días de colexio, dende a nosa área de Educación Física, andivemos a traballar cos nenos e nenas do centro o xogo cooperativo.

Para que aínda fose máis atractivo do que xa o é un xogo de por sí, empregamos un atractivo material: o PARACAÍDAS.

Con el, e acompañados de música, quecemos...

, xogamos...

 

, traballamos ben xuntos con todo o equipo clase para ter unha boa entrada e disposición hacia a actividade física.

Así fixemos xogos como: a carpa,  a lavadora, o cangrexo, os socorristas, o gato e o rato,...

Aquí vos deixo unha serie de fotos máis sacadas nalgúns momentos destas sesións:

   Algúns quedamos con ganas de máis!

 

 

(2012-2013) Búsquedas en E.F.

Na última unidade que traballamos en E.F. traballamos a Orientación.

(Atoparedes información sobre este tema clicando aquí)

Por elo, nunhas das últimas sesións, os nenos tiveron que facer e empregar planos do centro, indicacións de direccións a serguir con graos e sentidos de xiro,... para poder superar os obxectivos que perseguiamos nestas clases.

No segundo ciclo tamén se iniciaron neste tema, mais no patio de xogo dos pequenos. Os planos preparárannos nunha sesión anterior o alumnado de 4º. Entre eles escollemos o de Emilio, no cal representara case exactamente no seu sitio cada un dos elementos que alí se atopaban.

Neste plano tiñan marcados 10 puntos. Neles atoparían un gomet verde cunha letra escrita. Terían que ilas apuntando, posto que con todas elas terían que formar a palabra que lles levaría á victoria.

Despois de darlle moitas voltas o equipo de Lucía e Emilio conseguiu adiviñala!

No terceiro ciclo tivérono un pouco máis difícil. Eles xa levaban dous anos ensaiando.

Fai dos cursos fixérona sobre os piratas, e o pasado sobre os xogos olímpicos. Este ano tocaba ... A volta ciclista a España, que este verán partirá dende Galicia,con tres etapas aquí cerquiña. Ademais, a súa mascota, Mexi-Llón, diseñouna, ao igual que aos Bolechas, Pepe Carriero.

Así, ao regreso do recreo, atopaban na porta de entrada a seguinte información.

A proba consistiu en...

-1º buscar, seguindo as indicacións de graos e sentidos de xiro, os 4 anacos de plano do colexio. Todos os grupos partían dende a palmeira do patio. Dende alí se seguían correctamente as direccións marcadas irían pasando por lugares onde recollelos.

-2º: compuxeron o mapa e nel terían que ir atopando nos 8 puntos marcados unha serie de probas con preguntas sobre o tema central da búsqueda deste ano, A volta ciclista a España, xa que parte dende a nosa terra.

Tiñan que repostar ben todas, buscando para elo a información necesaria no libro de Pepe Carreiro sobre Mexi-Llón

, no panel posto na entrada do colexio

, preguntando a calquera ou mesmo na súa memoria.

3º: Se o conseguían dábaselles a pista final que os levaría ata a neveira da sá de mestres.

 Un pouco de chuches! Iso foi o que atopamos.

Unha vez ao ano ... non fan dano!

Ata a volta!

(2012-2013) A ORIENTACIÓN

Xa no pouco que queda de curso, no terceiro ciclo, comezamos a traballar unha unidade sobre a Orientación.

Para elo, aquí tedes unha presentación na que nos explican os conceptos básicos a ter en conta nesta disciplina deportiva, atoparemos exercicios prácticos e enlaces a xogos onde poder poñernos a proba.

Algúns deles irémolos tratando nas sesións dos próximos días.

(2012-2013) Coñecemos a LOITA LIBRE OLÍMPICA

Esta semana todos os nenos e nenas de Primaria estivemos coñecendo un pouco a Loita Libre.

Visitounos Marcos, un entrenador do Clube de Loita de Pontevedra, para explicarnos un pouco en que consiste esta modalidade deportiva.

Algúns nenos do centro xa o coñecían da actividade extraescolar que leva a cabo no pavillón, e sempre nos andaban a contar o ben que o pasaban nas clases e competicións ás que acudían.

Por fin todos os demais podiamos coñecer de que se trataba aquilo da "loita".

Despois dunha pequena presentación puxémonos mans á obra. O primeiro que nos mandou foi facer uns exercicios de quecemento.

Logo explicounos as normas básicas do que sí e non se está permitido facer. O máis importante era non facer nada que puxese en risco ou puidese danar ao contrario ( xusto o contrario ao que nós asociabamos coa loita)

O obxectivo que tiñamos que perseguir era o lograr que o contrario pousase a espalda no chan e bloquealo nesa posición. Explicounos para elo algunhas técnicas para poder conseguilo.

Todo o que nos ía explicando logo o practicabamos nós.

Unha sesión de Educación Física non da para moito, así que de seguida rematamos. Quedamos con ganas de máis. Para iso deunos uns papeliños con información sobre como facer se queremos seguir coñecendo esta modalidade.

Ademais temos a sorte de poder practicalo ben cerquiña: no noso pavillón!

Tamén vos deixo aquí uns enlaces de interese sobre o tema por se quedastes con curiosidade ou fame de máis!

.

Se clicades neste logo accederedes a páxina web da Federación Galega de Loita libre.

Tedes nela información e imaxes dos distintos campionatos e méritos conseguidos polos nosos deportistas.

.

.

.

E a través desta outra imaxe poderedes acceder a páxina da wikipedia que nos aportará toda a información sobre a Loita.

Imos acabar como uns verdadeiro entendidos no tema!

(Atoparedes máis fotos desta xornada no recanto de celebracións ou dentro da galería fotográfica)

(2012-2013) Práctica de deportes alternativos

Durante este trimestre estivemos a traballar unha unidade sobre deportes alternativos co alumnado do terceiro ciclo.

O último deles foi o intercrosse.Xa vos falaramos un pouco sobre el na seguinte entrada

Para a súa práctica, os que puidemos, trouxemos botellas valeiras de auga, refrescos,... da casa. Nelas introducimos unha pica de prástico que fixamos con cinta americana. Logo cortámoslle un anaco para darlle a forma (máis ou menos) do pau empregado como implemento deste deporte.

Aquí estamos todo o alumnado de 6º posando cos seus paus xa dispostos a desputar o seu primeiro encontro!

Semellaba que sería un pouco lioso, parado e incluso perigoso o xogo con este material; mais seguindo as normas de xogo... para nada!

Foi bastante entretido a pesar de non contar co material orixinal para a súa práctica.

Aquí tedes unha pequena mostra de diferentes momentos de xogo.

(2012-2013) Deporte alternativo: LACROSSE - INTERCROSSE

Outro novo deporte alternativo co que tentaremos traballar na próxima semana

Ademais do Floorball, Kin ball, Ultimate, Bijbol,... agora é o turno do

LACROSSE e a súa versión adaptada: o INTERCROSSE

Aquí tedes unha presentación na que toparedes toda a información necesaria.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.