infantil 2
(2021-2022) E ademais en xuño, antes de rematar o curso, sucedeu todo isto en Infantil 2
No mes de xuño, antes de rematar o curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
23/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Despedimos aos compañeros e compañeiras que marchan para primaria cun vídeo. Queres velo?
23/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do verán... por adiantado.
20/06/22: (2021-2022) Rematamos o noso dossier da investigación sobre os "cans salchicha". Quieres ver como nos quedou?
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Atopamos un tesouro escondido, seguindo as pistas dun mapa
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos o aniversario do mes de xuño
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) As familias de Infantil crean... álbumes de fotos
07/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Viaxamos a Santiago de Compostela, para coñecer a catedral, e pasalo de medo en Diviert-Park
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:
Elaboramos o noso boletín de autovaliación, para levar para casa.
Creamos o noso programa de radio, que emitimos en "Radio Cervo", a radio escolar do colexio.
Podes escoitar aquí "A nosa versión da Mosca chosca".
Rematamos o noso diccionario xigante, e o dicionario individual, coas nosas palabras favoritas. Xa o podíamos levar para casa e ensinarllo ás nosas familias.
Levamos a cabo o último experimiento do curso "Os osiños de gominola mutantes"
Anotando as nosas observacións no caderno de campo, que tamén levamos para casa.
Lembra que podes ver ós vídeos de tódolos experimentos que creamos, dos que facemos na aula desde aquí.
Asistimos a unha actuación da banda de música de Campo Lameiro.
Preparamos a sesión de cine que tería lugar no colexio, preparando as bolsas de gusanitos para todo mundo.
Puidemos degustalas durante a proxección da película:
Algúns compañeiros de 5º e 6º viñeron a lernos unha chea de contos.
Ultimos momentos para o encargado no calendario online, rematamos de tachar tódolos días do curso.
Participamos nun obradoiro de decoración de bolsas, organizado pola Biblioteca do colexio.
Usámolas para levar para casa todos os traballos feitos ó longo do curso.
(2021-2022) Rematamos o noso dossier da investigación sobre os "cans salchicha". Quieres ver como nos quedou?
Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:
14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"
06/05/22: (2021-2022) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os “Cans Salchicha”. Chegamos á metade do camiño
03/06/22: (2021-2022) Rematada a investigación... xa podes ver o noso documental sobre os cans salchicha
Rematada a investigación sobre os "Cans Salchicha" e coa película-documental xa creada, tal como comentamos nas entradas antes publicadas, chegou o momento de completar o noso dossier invidual.
Nel contamos, co paso dos días, todo o que descubrimos ó longo da investigación, e que tiñamos plasmado no mural do proxecto.
Se queres ver como quedou un dossier rematado, como o que cada un levou para casa, podes facelo de seguido.
(2021-2022) No mes de maio, tamén sucedeu todo isto.
No mes de maio, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
03/06/22: (2021-2022) Rematada a investigación... xa podes ver o noso documental sobre os cans salchicha
27/05/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de maio
26/05/22: (2021-2022) Este guante ten vida!. Queres velo no vídeo do noso último experimento?
20/05/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Visitamos e participamos nun obradoiro do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:
Participamos nas "Lecturas na carballeira", organizada pola biblioteca do centro, xunto cos compañeiros e compañeiras do colexio.
Alí recitamos un fragmento dunha poesía do autor homenaxeado no "Día das letras galegas".
Continuamos a completar o noso dicionario xigante e dicionarios individuais... estamos a piques de rematalo.
O encargado continou cada día a seguir exercendo as súas funcións, entre outras as do "calendario online".
Continuamos a coidar a nosa segunda plantación de leitugas no invernadoiro, que nesta ocasión serán levadas para casa polos compañeiros e compañeiras de Infantil 1.
Despedímonos de EVAN, unha das nosas tartarugas, que era tan grande que xa non podía vivir na clase... continuamos eso si, coidando a RAYO, a outra tartaruga que sigue connosco.
Preparamos un mural na "Semana das Letras galegas", onde escribimos un poema do autor homenaxeado "Florencio Delgado".
Este mural tamén estivo presente na nosa participación nas "Lecturas na carballeira", que xa vos comentamos anteriormente.
A nai de MATIAS, o noso compañeiro de Infantil 1, estivo na nosa clase dentro da proposta "As familias crean", para ensinarnos a facer unhas manualidades moi chulas.
Asistimos a unha charla sobre o "deporte adatado", grazas a asociación "Amizade".
Continuamos a anotar os venres os libros que levamos para casa, usando a aplicación online da BIBLIOTECA DE AULA.
E ata pintamos con "chocolate"... pasámolo xenial e estaba "delicioso".
(2021-2022) Rematada a investigación... xa podes ver o noso documental sobre os cans salchicha
Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:
14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"
06/05/22: (2021-2022) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os “Cans Salchicha”. Chegamos á metade do camiño
Rematada a investigación sobre os "Cans Salchicha", tal como comentamos nas entradas antes publicadas, chegou o momento de crear o documental que nos plantexáramos ó comezo do proxecto de investigación.
Acordamos o que tería que dicir cada quen e repartímonos as preguntas, para poder respostalas no documental.
Fomos anotando todos estes acordos no panel da gravación, para poder lembrar que parte lle correspondía a cada quen.
A medida que as fomos gravando, diante do chroma verde, tachamos as partes do documental que xa estaban rodadas.
Con todo xa gravado, chegou o momento de decidir que imaxes queríamos poñoer en lugar da tele verde, como fondo da nosa parte do vídeo.
Despois de visualizalo varias veces, para facer algúns cambios... por fin estaba listo o noso documental.
Podes ver como quedou unha vez rematado a continuación.
Agora estamos a traballar para rematar a dosier individual, e así poder contar na casa todo o que descubrimos.
Moi pronto poderás ver o noso dosier rematado, nunha futura entrada neste mesmo blog.
(2021-2022) Este guante ten vida!. Queres velo no vídeo do noso último experimento?
Este mes experimentamos coa agua e o aire, usando un guante que "cobra vida".
Como sempre plantexamos hipóteses do que poderíamos facer con todo o material presentado. Tamén fomos comentando que pasos seguiría cada quen e que sucedería o final?
Descubrimos, con axuda da profe MARTA, que cando metías o guante na botella, e este dentro da auga, o guante "parecía estar vivo" porque se hinchaba. Como era iso posible?.
Plantexamos diferentes hipóteses, e chegamos á conclusión de que había aire na botella, que "a auga empuxaba cara arriba" hinchando o globo.
Cada un dos equipos cooperativos deu repetido os pasos do experimento, acordando como o farían, repartíndose as funcións e reponsabilidades, para o que chegaron a acordos de xeito que todos e todas participasen no proceso.
Rematado o traballo, cada equipo levou a cabo a súa auto-avaliación figuro-analóxica. Como foi o seu traballo en enquipo?
Feito o experimento, como nesta ocasión a nosa aula era a reponsable de contar o experimento en vídeo; o equipo PATRULLA CANINA púxose mans á obra para preparalo todo. Acordaron de forma dialogada, quen sería o responsable de contar cada un dos pasos do mesmo, como o farían e como o contarían.
Despois de varios "planos" e intentos, demos creado o noso vídeo do experimento.
Velaquí tes o vídeo xa rematado contando os pasos do experimento. Atréveste a facelo na túa casa?
Agora tan só nos restaba anotar os resultados e o proceso, no noso caderno de campo individual dos experimentos.
Lembra que podes ver ós vídeos de tódolos experimentos que creamos, dos que facemos na aula desde aquí.
(2021-2022) Ademais, en abril, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2
No mes de abril, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
06/05/22: (2021-2022) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os “Cans Salchicha”. Chegamos á metade do camiño
03/05/22: (2021-2022) Experimentamos co xeo e coa sal. Queres saber o que conseguimos?
30/04/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de Abril
09/04/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos o día da actividade física, participando nun roteiro pola natureza
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:
O encargado continuou a levar a cabo as súas tarefas diarias, moitas delas dentro do "calendario online".
Ademais de coidar das nosas tartarugas, tamén ten que regar a pranta que nos regalou VALENTINA.
Completamos o BOLETÍN DE AUTOAVALIACIÓN "As novas da escola", antes das vacacións de Semana Santa.
Participamos nunha sesión de Ioga, organizada pola Biblioteca do centro.
Máis información no blog de Outros traballos, celebracións e saídas, na entrada (2021-2022) Benestar emocional: IOGA para todos/as
Fomos engadindo novas palabras no noso dicionario xigante (e individual), ó longo das semanas, xunto cos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil 1.
Continuamos a ser creativos.
Levamos para casa a primeira colleita de leitugas, do noso invernadoiro, que estivemos coidando todo este tempo.
Despois dunha durísima competición, Infantil 2 gañou ó xogo de "pedra, papel, tesoira", e fomos os encargados de levar para casa as leitugas.
Coa leituga que levamos para casa, fixemos unhas riquísimas ensaladas.
Plantamos novas leitutas, que levarán para casa cando medren, os compañeiros e compañeiras de Infantil 1. Coidarémolas todos e todas ata entón.
Lemos libros "xuntos", por parellas. Acordando que único libro ler.
Máis información no blog da biblioteca, na seguinte entrada ( 2021-2022) DÍA DO LIBRO
Participamos nun obradoiro sobre lingua de signos.
Máis información no blog da biblioteca, na seguinte entrada (2021-2022) Participamos nun obradoiro sobre a lingua de signos
Preparamos un agasallo para as nosas nais.
Preparamos tamén o papel de regalo e as notas de "felicitación" para engadirlle.
Xogamos co EDI, como por exemplo co novo xogo de "conciencia léxica, silábica e fónica".
Lembra que podes ver máis polo miudo todo o que sucedeu nestes meses, máis aló do que vos contamos aquí, nas ligazóns que podedes atopar ó comezo desta publicación.
(2021-2022) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os “Cans Salchicha”. Chegamos á metade do camiño
Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:
14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"
Nas últimas semanas, continuamos coa nosa investigación sobre os "cans salchicha", para atopar tódalas respostas as preguntas que tiñamos plantexadas.
Chegamos así á metade do camiño. Xa só nos queda preparar a exposición e o documental, que nos propuxéramos como producto final deste proxecto de traballo e investigación.
Atopamos a resposta, investigando en diferentes fontes, ás seguintes preguntas:
Por que son tan longos?
Como nacen?
Con cada pregunta, tivemos que acordar como plasmar a resposta atopada no mural da investigación.
Xa sabemos se poden comprarse ou non.
Descubrimos tamén onde poden vivir.
E ata se teñen amigos, e como "se fan amigos uns dos outros".
Finalmente, atopamos a resposta á última pregunta que nos quedaba pendente no mural. Poden vestirse?
Fomos completando, ó longo do proceso, na táboa da organización, quenes foron os encargados de investigar cada pregunta.
Así quedou o noso mural da investigación, xa completo, coa resposta a tódalas preguntas.
A partir de agora, unha vez demos superado o proceso de investigación, réstanos planificar e crear a nosa exposición, así como o documental que queremos rodar. Teremos ata final de curso para facelo e poder presentárvolo.
Tamén completaremos cadanseu dosier individual, para poder contar na casa, todo o que descubrimos e aprendimos sobre os "cans salchichas".
En futuras entradas neste mesmo blog, poderedes estar ó tanto de como levamos todo isto a cabo.
(2021-2022) Experimentamos co xeo e coa sal. Queres saber o que conseguimos?
Este mes, nas aulas de Infantil, experimentamos co sal, la, colorante e o xeo.
O primeiro que fixemos plantexar hipóteses, a través do diálogo reflexivo, do que se podía facer con todo este material.
Moi rápido descubrimos, que o primeiro que precisábamos ter para este experimento, era xeo. Así que novamente tivemos que descubrir como conseguilo. Chegamos á conclusión de que teríamos que conxelar auga no "conxelador".
Para que quedase "máis interesante", decidimos usar colorante mesturado coa agua nalgúns dos cubiños de xeo que iríamos facer.
Deixaríamolos durante un día no conxelador da sala de mestres e mestras, para que se convertise en xeo.
Xa co xeo "creado" exploramos as súas propiedades e características, verbalizando se estaba frío, suave, a que cheiraba, se eran iguais os que tiñan ou no colorante...
Xuntos e xuntas fixemos experimento: poñendo sal sobre o xeo, cun anaco de la, e novamente engadindo máis sal, conseguimos que...
... se quedase pegado, como se estivese atado.
Xogamos a pasarnos o xeo coa la, para ver canto duraba sen despegarse... a quen se lle caería o xeo?
Cada un dos equipos cooperativos reproduciu o mesmo experimento, con máis ou menos éxito. Chegando previamente, e durante o proceso, a acodos sobre a cor da la a usar, do cubiño de xeo, así como do papel e funcións que cada un desenvolvería no mesmo.
Rematado o experimento, chegou o momento de anotar as observacións do mesmo en cadanseu caderno de campo.
O noso caderno de campo ten xa unha chea de experimentos.
Nesta ocasión, os encargados de crear o vídeo do experimento, foron os compañeiros e compañeiras de Infantil 1. Xa podes velo no apartado "Experimentos", tal como indicamos de seguido.
Lembra que podes ver ós vídeos de tódolos experimentos que creamos, dos que facemos na aula desde aquí.
(2021-2022) No mes de marzo sucedeu tamén todo isto en infantil 2
No mes de marzo, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
01/04/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Traballamos con robots neste segundo trimestre
25/03/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo
14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"
11/03/22: (2021-2022) Sabes que a vitamina C pode limpar a auga? Descúbreo no noso experimento. Contámoscho en vídeo.
10/03/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Polo día internacional da muller (8M), descubrimos ás mulleres da nosa vida.
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto que vos contamos de seguido:
O encargado continuou a levar a cabo as súas tarefas diarias, moitas delas dentro do "calendario online".
Continuamos a manter o noso composteiro, cos restos de lixo orgánicos.
As nosas leitugas continúan a medrar, gracias ós nosos coidados:
Participamos nun obradoido sobre as "conservas", dentro do programa "Aliméntate ben".
E degustamos o bocadillo de conservas que nos deron. Estaba boísimo!.
Xogamos a desenvolver os nosos pilares de pensamento, "xogando a pensar" a través dos diálogos. Usamos para elo vídeos, imaxes ocultas...
Continuamos a levar libros da biblioteca de aula, os venres, para as nosas casas. Rexistrámolos na aplicación online, para poder imprimiar a portada, e así pegala no rexistro individual en papel.
Novas palabras fóronse sumando ó noso dicionario xigante.
Descubrimos a un equipo de piragüistas, que viñeron a visitarnos.
Participamos nun obradoiro de lingua de signos.
Coñecimos a un can guía, grazas a visita que nos fixeron os traballadores da ONCE.
Preparamos un regalo para os nosos pais.
Lembra que podes ver máis polo miudo todo o que sucedeu nestes meses, máis aló do que vos contamos aquí, nas ligazóns que podedes atopar ó comezo desta publicación.
(2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"
Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:
Ó longo das últimas semanas, continuamos a atopar novas respostas ás preguntas que nos plantexáramos, no noso proxecto de investigación sobre os "cans salchicha".
Descubrimos todos e todas xuntos a resposta a un par das preguntas. Conseguímolo visionando os vídeos que tiñamos no recanto virtual da investigación, e nos libros e textos impresos do noso recanto da investigación da aula.
Agora xa sabemos que poden comer.
Decindimos, e acordamos, como plasmalo no mural da investigación.
Tamén entre todos e todas, atopamos a resposta á pregunta: Como se comunican?, plasmándoo tamén no mural da investigación.
Noutras ocasións, atopamos as respostas ás preguntas traballando en equipos cooperativos.
O quipo Ironman-princesa investigou a pregunta: Que partes teñen?
O equipo tartaruga foi o encargado de investigar: Que tipos hai?
O equipo "conejito" investigou as cores que podía ter:
Pola súa banda, o equipo "patrulla canina", descubriu como teñen que lavarse.
Todos os equipos acordaron como plasmalo no mural da investigación, para que os demais compañeiros e compañeiras puidesen sabelo tamén.
Fomos tamén rexistrando, como nos organizamos, anotando o número da pregunta que investigou cada un dos equipos.
Cada equipo, contoulle ó resto de compañeiros e compañeiras, o que descubriran na súa investigación. Deste xeito xa todos e todas coñecen a resposta a estas catro preguntas.
Ó longo das vindeiras semanas, agardamos rematar esta investigación, para poder comezar a crear a nosa exposición e planificar a rodaxe do documental, que nos plantexaramos ó comezo do proxecto como productos finais.
Permanecede atentos a este blog para coñecer a evolución do proxecto de investigación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »