Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2010-2011) Participamos na activdade o "Meco manda"

Durante esta semana particiamos na actividade O MECO MANDA, que cada día nos ía diciendo cun cartel o que tiñamos que traer vestido ó día seguinte.

O primeiro día escollimos os de INFANTIL, e decidimos que tódolos nenos e nenas do colexio deberían traer posto un MANDIL. Escribímolo nun cartel e pendurámolo no MECO.   

 

Así estabamos todos de guapos co noso mandil. 

 

Cada día tiñamos que "ler" no cartel o que os demáis compañeiros/as do colexio decidían.

 

O martes tocounos traer posto un sombreiro. 

 

O mércores cun zapato distinto en cada pé. 

 

 

E o mércores co pixama e a bata posta.

 

E logo, como veu o pai de Raúl a falarnos do seu traballo de enfermeiro (que xa vos contaremos noutro momento), puxemos tamén o gorro e mascarilla que nos regalou.

 

Para levar para casa fixemos un libro no que cada día pegabamos unha foto co noso disfraz, o nome do día e do disfraz.

 

E tamén o puxemos no taboleiro do corredor para que todos puidesen velo. 

(2010-2011) Comezamos unha investigación sobre o noso corpo

Un día miramos que na clase do lado estaban facendo os seus corpos en papel. Para que o estarían a facer?, así que o encargado foi a preguntarlles para que servía e respostáronnos que estaban a investigar sobre o corpo.

Falando sobre o tema tamén saíron moitas ideas e dúbidas interesantes, polo que decidimos investigar tamén sobre o corpo.

Cando rematemos as dúas aulas imos intercambiar información e contrastar o que descubrimos uns e outros.

 

1.- QUE SABEMOS?

Esto é todo o que sabemos do corpo antes de comezar a investigación:

 

2.- QUE QUEREMOS SABER?

Marcamos cun SI, aquelas preguntas ás que vaiamos atopando as respostas.

 

3.- ONDE BUSCAMOS A INFORMACIÓN?

 

Para pedir información escribimos unha nota para levar para ás nosas casas.

 

Ó día seguinte tiñamos xa unha chea de libros e follas con información sobre o corpo.

 

Así de cheo quedou o noso recanto de investigar con todo o que trouxemos.

 

O primeiro foi botarlle unha ollada a todo o que trouxemos, naqueles libros había cousas moi interesantes.

Algúns xa comezaron a pensar nas preguntas que tiñamos plantexadas e atoparon algunhas respostas.

 

4.-ORGANIZÁMONOS:

Para a nosa investigación decidimos organizarnos por equipos, e facer tamén unha silueta do noso corpo na que ir pegando as partes "que hai por dentro". 

 

5.- INVESTIGAMOS:

Xa con todo organizado comezamos a nosa investigación, segundo o que tiñamos anotado no mural no apartado "organizámonos":


Facemos a silueta do noso corpo:

Cada neno/a axudou a un compañeiro/a a debuxar a súa silueta en papel continuo.

 

Logo cada quen recortou a súa...

 

E pegámoslle unha foto coa nosa cara.

Había que poñerlla enriba do pescozo, tal como descubriamos mirándonos no espello.

 

Cando estaban pendurados, contamos que había tantas siluetas como nenos/as na aula. Eramos 10.

 

Para pintar o noso corpo, despoi de discutilo un anaco, decidimos que o iamos pintar de cor carne. Pero non a tiñamos no colexio, así que comezamos a mesturar cores ata que atopamos a mestura que conseguí a cor que estabamos a buscar.

 

Pintamos o noso corpo co rodillo, con coidado de non pintar a cara.

 

Cando estiveron secos, mirade que roda tan grande fixemos entre as siluetas e nos... case non cabiamos na aula.

 

Cantos osos ten o corpo?

Unha das preguntas que tiñamos era cantos osos tiña o noso corpo. O equipo encargado de investigala pensou que o mellor era coller o esqueleto do colexio e contar cantos osos tiña.

Pero despois dun rato chegaron á conclusión de que non eran capaces porque había moitísimos.

 

Así que pensaron que era mellor buscar no ordenador, onde atoparon que había 206 OSOS no noso corpo.

 

Onde está e para que serve o corazón?

Outro equipo buscou onde estaba e para que serve o corazón, despois de mirar en varios libros chegaron á conclusión de que estaba no peito, era de cor vermella (como a sangue) e servía par levar sange por todo o corpo, por uns tubiños que se chamaban venas.

 

Como nacen os bebés?

O terceiro equipo buscou en libros información sobre os bebes, e descubriron que estaban dentro do corpo da xente antes de nacer. Acordamos seguir investigando esta pregunta outr día.

 

Explicámosllo ós outros equipos:

Cada equipo foi pegando no mural da investigación o que foi descubrindo.

 

E logo contándollo e explicándollo ó resto dos equipos.

 

E como tiñan no mural a información era máis doado de explicar.

 

Poñemos o corazón no noso corpo:

Cos primeiros descubrimentos chegou o momento de ir complentando o noso "corpo por dentro", pegariamoslle en primeiro lugar o corazón.

 

Para saber onde pegarllo tiñamos que mirar no mural, co descubrimento que fixeran, tamén nos axudaba o equipo que o investigou "que sabían moito do tema".

Xa temos os nosos corpos co corazón... pero aínda lle faltan moitas partes.

Para ir facendo tamén o noso libro da investigación, debuxamos o corazón na silueta dun corpo e tamén as venas que van por debaixo da pel.

E por se se nos esquecía como se chamaban tamén escribimos CORAZÓN, VENAS e SANGUE.

 

Tamén pintamos as "venas" que van do corazón a todo o corpo na nosa silueta.

 

E observamos que algunhas das nosas venas se poden ver a través da pel.

Xa vos iremos contando como continúa o noso proxecto de investigación, porque aínda nos queda moito que descubrir.

De momento o noso mural da investigación vai así:

 

(2010-2011) Vaia treboada! - Investigamos

Cando chegamos pola mañá, todos estabamos moi alterados, porque había unha treboada cuns tronos que sonaban tan forte que se escoitaba desde dentro da clase.

Comentando sobre o tema xurdiron as seguintes ideas sobre o tema:

  • Todos miraron tronos
  • Os tronos non se poden mirar porque son invisibles
  • Hai tronos porque pelexan as nubes
  • Hai tronos porque chocan as nubes e unha chora, e por eso chove.
  • Os tronos veñen dentro das nubes e tíranos cando están enfadadas.
  • As nubes que "tiran" tronos son malas, ou están efermas
  • Hai tronos porque pelexan os bos e os malos no ceo botando raios, e algún chega ata nos.
  • Hai tronos porque as nubes se xuntan co sol.
  • Cando hai tormenta os tronos fan buratos nas nubes e por ahí sale a auga, e por iso chove.

Como non nos dabamos posto dacordo na solución, moi rápido xurdiu a idea de investigar sobre o tema. Para atopar as respostas decidimos que o mellor era usar o ordenador.

Que temos que buscar no ordenador?, estas foron as respostas:

  • Unha película dunha tormenta para ver se salen das nubes e se hai alguén pelexando ou non.
  • Unha foto para ver como son os "tronos".
  • Buscar algo para "leer" e así saber porque hai tronos.

Miramos varios vídeos, de treboadas, ó principio asustábanos o ruido que facían, pero sempre os queriamos ver outra vez. Ó final atopamos este no que dicía algunhas cousas interesantes:

http://www.youtube.com/watch?v=9oeBvwb67dc&feature=fvst

Por exemplo que había "raios" e "tronos", e que os raios eran "electricos".

 

Tamén atopamos algunas fotografías de treboadas, onde se veían os raios de color amarelo saíndo dunhas nubes moi negras, e tamén había algunhas "letras" que podiamos ler, onde dicía que os raios estaban "feitos" de electricidade e que os tronos "sonaban" despois, tamén que algúns raios ían dunha nube a outra, e non caían ó chan como os da foto, eses chamábanse "relámpagos" (lóstregos).

 

O primeiro que descubrimos foi pois, que os RAIOS eran os que se podían mirar e que o que se escoitaba eran os TRONOS, e pasámolo moi ben facendo tronos cos pes, coas mans, dando golpes na mesa ....

Tamén descubrimos, que movendo un cacho de plastico (acetato) e "sen bater contra nada" sonaba igual que os tronos. Despois de falalo un rato acordamos que era posible que soase porque "chocaba" co aire. Chocarían os raios contra o aire e por iso se escoitaban os tronos?

 

Outra cousa curiosa que escoitamos no video foi que eran "eléctricos". Seguramente os raios estaban feitos de electricidade, como a que había nas "luces" e nas pilas. Segundo pensamos algúns seguramente os raios son amarelos porque como teñen electricidade "fan chispas" e por iso "estoupan" no chan.

 

Tamén que as nubes de tódalas treboadas que atopamos eran sempre de cor negra, es as que viamos pola ventana tamén!! Así que seguro que as nubes teñen que estar de cor negra para que haxa unha treboada.

Á pregunta de por que son de cor negra? non houbo discusión e todos acordaron que porque estaban cheas de auga, e por iso chovía nas treboadas. 

 

Con todo o que sabiamos, pensamos que tamén podiamos facer unha treboada na aula, coas nubes que fixeramos o ano pasado cando investigamos a "migración dos paxaros". (máis información sobre o proxecto dos paxaros aquí)

Eso si, o primeiro foi apartar os paxaros, non fora a ser que "lles caera un raio enriba". 

 

Un equipo encargouse de debuxar os raios.

 

E outros de pintar as nubes, que baixou o profe cunha escaleira, de cor negra.

 

Era moito traballo...

 

Pero facéndoo entre todos rematamos de contado.

 

E claro tamén fixemos a choiva para pegarlle caendo das nubes.

 

E así quedou a nosa treboada, tan sólo faltaban os tronos, pero xa sabiamos como facelos.

Para contar na casa todo o que descubrimos coloreamos a fotografía que atopamos no ordenador dunha treboada, os raios de amarelo e as nubes negras, e para que non se nos esqueceran os nomes (cando llo contaramos na casa) escribimos RAIO e NUBES onde correspondía.

 

Cando estabamos a facer a nosa treboada, sonou un trono "fortísimo" e comezou a granizar, fómola mirar desde a porta do colexio e estaba todo "branco" do granizo que caeu... que estaba feito de xeo.

 

Ó día seguinte, a profe Ángela atopou unha noticia no xornal dun avión ó que lle caeran un raio enriba. O profe trouxo o periódico á clase, lémola noticia e puxémola no recanto das "novas do xornal".

Como nos parecía unha noticia moi interesante levamos para casa a noticia, escribíndolle nós o que pasou co avión.

 

(2010-2011) Visitamos o Salón do libro 2011

Chegou o día, como xa tiñamos marcado no calendario era o día 8 e hoxe iriamos visitar o Salón do Libro en Pontevedra.

JAVIER que era o encargado tachou o día no calendario.

 

Na viaxe en autobús, levamos o mapa que fixeramos o día anterior, e logramos atopar tódolos sitios que saían nas fotos... así tamén sabiamos se faltaba moito ou pouco para chegar. (ver elaboración do mapa aquí

 

Como chegamos cedo, merendamos na entrada do Pazo da Cultura de Pontevedra. 

 

Alí atopamos un cartel enorme do Salón do libro, igual o que tiñamos na clase.

 

Antes de entrar deixaronnos mirar un "teatro" enorme.

 

E tamén miramos polas ventás o río e a ponte que estaba preto do Pazo da Cultura.

 

Xa a piques de entrar veunos saudar o lobo ORBIL, que algúns xa coñeciamos do ano pasado.

 

E en canto entramos atopamos o noso traballo "O traxe do emperador" que estaba na exposición. (Preparamos o traballo para o salón do libro aquí e podes ler a nosa versión rimada do "traxe do emperador" aquí)

 

Logo entramos nunha sala chea de espellos, onde nos agardaba QUELIÑA para contarnos unha chea de contos.

A que non sabes onde estaban agochados os ratos entre tanto libro.

 

 

No conto do Dinosaurio necesitou a axuda do profe ÓSCAR que fixo de hipopótamo.

 

E da profe MERCE, que nos ensinou como poñer a boca con forma de triángulo.

 

Tamén nos contou o conto da tartaruga que quería ter aventuras.

 

Cando remataron os contos, e tras despedirnos de Queliña, miramos o MEDIDOR DE MENTIRAS, que era un narizón de Pinocchio xigantesco.

 

E debaixo un máis pequeniño para os ratiños.

 

Había tamén unhas PORTAS MENTIREIRAS, xa que só unha delas era unha entrada de verdade, nas outras había trampas.

 

Gustounos moito a sala das "escaleiras que subían e baixaban", non había quen se aclarase con tanta lea de escaleiras.

Tamén miramos os traballos da exposición, alí xunto o noso Emperador, estaban os traballos de outros coles, como esta casiña de chcolate, que non se podía comer porque era de mentiras.

 

Había tamén unha sala chea de personaxes de comic, ata atopamos a "Bob Esponxa".

 

Noutra sala había unha chea de ventanas "tramponas", xa que parecían unha cousa pero eran outra.

 

E antes de marchar, tivemos un tempo para ler e mirar moitísimos libros. E ORBIL veu a despedirse de nós ata o ano que ven.

 

Cando estabamos saíndo para subir ó autobús, atopamos este cartel, porque a viaxe chegara ó seu ...

 

Lembrade que a exposición, con tódalas salas e traballos está aberta para as visitas nos horarios que podedes atopar aquí.

 

 

(2010-2011) Facemos o noso mapa para ir ó Salón do Libro

Mañá imos ir a visitar o Salón do Libro, para o que fixemos o noso traballo como xa vos comentamos (pódelo lembrar aquí e aquí) .

Comprobamos que todos trouxeran a autorización, xa que fomos anotando os nosos nomes nunha folla a medida que a iamos traendo.

 

Comprobamos que, efectivamente, mañá iriamos a visitar o salón do libro, xa que o tiñamos anotado no calendario.

 

Falando sobre a viaxe de mañá, sairon moitas preguntas de como iamos ir ata alí, por onde teriamos que pasar... así que decidimos buscalo nun mapa.

 

E facer o mesmo mapa pero en tamaño "xigante", e poñerlle as fotografías dos sitios polos que iamos pasar de camiño.

O primeiro foi marcar no recorrido de onde sairiamos (CAMPO LAMEIRO) e ata onde teriamos que viaxar (PONTEVEDRA), marcámolos con gomets vermellos e debaixo de cada un puxemoslle o seu nome.

 

Pintamos a parte do mapa que representaba ó mar, xa que segundo nos contou Martín Pontevedra está cerca do mar e dun río (que tamén tiñamos debuxado)

 

Comezamos a pegar as fotografías do colexio e do Pazo da cultura (onde está o salón do libro, a primeira en Campo Lameiro e a segunda en Pontevedra.

 

Fomos pegando tamén outras fotografias dos sitios polos que iamos pasar, así mañá poderemos comprobar si pasamos por todos eles. Ata marcamos o Colexio de Cerdeiras (onde recolleremos os nenos e nenas que virán no noso autobús) e as árbores que hai polo camiño.

Remataremos este mural cando voltemos da visita (con fotografías e textos... de todo o que vivamos alí) 

 

Tamén fixemos un mapa para levar para as nosas casas, e así contarlles ós nosos pais e nais cal era o camiño.

 

Nel seguimos o mesmo proceso que no mapa xigante, colorear a parte que representaba o mar, marcar o punto de partida e chegada, poñerlle os nomes dos lugares e pegar as fotos na mesma orde que no mapa feito por todos e todas.

 

Xa tiñamos listos os mapas para levalos para casa, pero antes de irnos comprobamos que os nosos mapas tiñan as mesmas fotos, e na mesma orde, que no mapa xigante.

 

Actualización: 

Durante a viaxe a Pontevedra, fomos facendo fotos desde o autobús a cada un dos lugares que marcamos no noso mapa.

Ó dia seguinte da viaxe, pegamolas no mapa xigante que fixeramos días antes. 

 

E descubrimos que efectivamente pasamos por tódolos lugares.

 

 

Se queredes visitar a exposición, podedes facelo nos horarios de apertura que atoparedes nesta web:

www.salóndolibro.org

Horario de apertura para as visitas:

De luns a venres de 17 a 21 h, sábados de 11 a 14 h e de 17 a 21 h; domingos e festivos de 11 a 14 h. Exposicións abertas ata o 20 de marzo.

Ou ben descarga o folleto informativo, cos horarios e actividades desde aquí.

 

 

(2010-2011) Día da Paz: traballamos o Guernica e moito máis

Un día pola mañá o mestre trouxo un cadro moi extraño, era todo de cor negra e branca e nel podíamos ver cousas interesantes. Díxonos que se chamaba o Guernica e que o pintara Pablo Ruíz Picaso.

No cadro descubrimos:

  • Un cabalo
  • Xente berrando
  • Unha espada
  • Un incendio
  • Lume nunha montaña. 
  • Unha perna e un brazo cortados (pola espada)

Chegamos á conclusión de que seguramente era o cadro dunha guerra, e por iso estaba de cor negra, porque era algo moi triste. 

Por iso decidimos "colorealo" para facer un novo Guernica con cores, para que a xente do cadro non estivera tan triste e non se pelexaran.

Fixémolo xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula.

 

Cada quen pintou o seu Guernica das cores que máis lle gustaban.

 

Cando xa tiñamos o cadro rematado fixémoslle un marco de cartolina vermella, onde escribimos o noso nome e o título do cadro "GUERNICA"

 

Entre todos fixemos unha exposición de Guernicas no corredor do colexio. Cada quen pegou o seu cadro no lugar que mellor lle parecía.

 

Fixemos unha chea de cadros, estes son algúns deles:

 

UN GUERNICA XIGANTE FEITO ENTRE TODOS:

Decidimos facer tamén unha versión xigante do Guernica coloreada entre tódolos nenos e nenas do colexio.

Os compañeiros e compañeiras de 5º encargáronse de medir o papel e debuxar o cadro en tamaño xigante.

 

Repasaron o cadro empregando o proxector e a imaxe que tiñamos no noso ordenador.

Fixérono por sorpresa e nós atopamo-lo cadro debuxado cando baixamos a aula de inglés.

Xa co cadro debuxado, tiñamos que decidir como o iamos pintar entre todos os que querían colaborar (infantil, 4º, 5º e 6º), pensamos que o mellor era "repartir o cadro" en catro pedazos e poñerlle un cartel a cada un deles.

Para non debuxar sobre o papel, marcamos as partes cun fío de cor vermella.

Tamén lle puxemos un cartel co nome de cada profe, no cacho que lle correspondía pintar á súa aula.


Xa tiñamos o cadro divido nas catro partes.

 

Chegou o momento de "avisar" ás aulas participantes que xa podían vir a pintar o cadro, para elo escribimos unha carta que entregamos a cada mestra.

A profe de sexto e de quinto

A profe Ángela da outra aula de infantil e a mestra de cuarto.

Cada curso foi pasando pola nosa aula a colorear a súa parte do cadro, e claro nos xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula de infantil tamén:

  

Logo viñeros os compañeiros de cuarto, e pintamos todos xuntos.

 

Tamén pasaron pola nosa aula os compañeiros e compañeiras de quinto a pintar a súa parte.

 

E tamén os da aula de sexto curso

(Podes ver tódalas imaxes do proceso na galería fotográfica AQUÍ)

 

Cando o cadro estivo rematado chegou o momento de recortalle a parte que sobraba, entre dous rematamos de seguido.

 

Tivémolo que levar entre todos, porque era enorme

 

Para que todos soubesen como se chamaba o cadro e quen o pintou, puxémoslle un cartel anunciándoo.

 

Agora todo o mundo pode ver o noso cadro na entrada do colexio.

 

ADEMÁIS TAMÉN CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ...

Xunto co resto dos nenos e nenas do colexio fixemos uns pes, para facer un camiño que ía deste tódalas aulas ata  a sala onde celebrariamos o día da paz.

E así quedou o camiño

 

Tamén  fixemos unha bandeira con forma de man, para cantar a canción "Un saludo Paralá" de Mercedes Peón.

 

E asi cantamos a canción todos xuntos.

 

OS  MEUS MELLORES AMIGOS SON...

Coa cámara de fotos fomos sacando, uns ós outros, fotografías cos que cada quen elexía como os "seus mellores amigos".

Pegamos a foto e escribimos os seus nomes nunha folla.

 

Levamos a folla e o noso cadro do Guernica para casa, para ensinarllo ás nosas familias.

Enroscámolos nun tubo

 

Que podiamos usar ademáis como catalexo, micrófono...

 

 

 

(2010-2011) Preparamos o noso traballo para o Salón do Libro 2011

Este ano o "Salóndo Libro" ten como tema "A mentira" e entre varios cursos do colexio fixemos o emperador do conto "Otraxe novo do Emperador", así foi o fixemos:

Para lembrarnos como era, e ensinarllo ós novos compañeiros/as da aula, recorrimos o colexio buscando os nosos "traballos" de cursos anteriores, estabamos buscando "os libros que fixeramos":

O do IGLÚ.

 

O do MAR.

E no andar superior, na biblioteca...

 

O edificio da CIDADE


E o noso libro de PEIXE.

 

 

Xa na aula, coñemos o conto co que iamos traballar xunto co resto dos compañeiros do colexio. "O novo traxe do emperador".

Lémolo, contámolo e ata o miramos nunha película de debuxos animados (que podes atopar aquí)

 

Fomos a ver como levaban o traballo os nosos compañeiros de primaria... aínda lle faltaba á cabeza do Emperador.

 

Como estivemos a xogar coas rimas, decidimos escribir unha versión do conto "rimado" (podes ver o conto xa rematado aquí)

 

Cada quen debuxou o que contaba a súa rima, que se correspondía cunha parte do conto, que por certo "reinventamos un pouquiño".

 

Logo chegou o momento de escribir o texto que se correspondía a cada debuxo.

 

Decidimos poñer cada un dos dous versos da rima dunha cor, verde e azul.

 

Tamén tivemos que facer a portada, onde tivemos qeu escribir o título.

 

E tamén escribir os nosos nomes, porque nos eramos os autores do conto.

 

Cando xa o tiñamos rematado, revisamos que todo estivese correcto.

 

Co noso libro xa feito, xuntámonos outro día cos compañeiros e compañeiras da aula do lado, para facer a nosa parte do Emperador: 

Un calzoncillo cheo de corazóns:

Unha coroa decorada.

 

E unha banda onde escribimos "EMPERADOR GUAPO".

 

Así quedaron unha vez rematados, pero antes de irllos poñer ó emperador xogamos un pouco a ser "emperadores" con eles.

Fómolos levar para que llos puxeran ó emperador.

 

E visitamos ó Emperador Xa rematado, ata ANXO era máis alto ca el. Estaba moi simpático cos calzóns de corazóns que lle fixeramos.

 

Así quedou todo "elegante" co seu traxe imaxinario o noso Emperador.

 

Nos petos da súa capa "transparente" puxemos os libros feitos polos cursos que participaron na súa elaboración (E.I.1 EI2, 4º, 5º e 6º, xunto cos compañeiros/as da E.E.I. Cerdeiras)

Podes ver onde está o noso libro?

 

Como xa vos comentamos, no calendario novo do 2011, tiñamos marcado o día 21, porque ese día ían levar o noso libro (xunto co emperador) e o do resto dos compañeiros/as a Pontevedra.

Cando chegou o día, preparamos o noso libro, puxémolo na capa do emperador e...

Todos xuntos fomos a despedilo.

 

Xa o veremos cando vaiamos a visitar a exposición e a participar nas actividades do Salón do Libro no mes de febreiro.  Xa vos contaremos todo o que pase cando vaiamos.

 

Se ides visitar o Salón do Libro, non esquezades ver o noso libro que está na capa do Emperador, a ver que vos parece.

 

Máis información sobre as actividades e exposición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra nesta ligazón:

www.salondolibro.org

 

 

(2010-2011) O Traxe do Emperador (versión rimada para o Salón do Libro)

Este ano voltaremos a participar no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano está adicado "A Metira". Fixemos xunto a outros compeñeiros e compañeiras de todo o colexio, un traballo para expoñer na exposición (ver proceso de elaboración nunha entrada posterior), e nel incluímos a nosa versión "Facendo rimas" do conto "O traxe novo do emperador".

 

 

 

COMEULLE A PIRULETA

A UN NENO EN BICLICLETA

 

 

 

 

 

 

ENCERROUSE NO CASTELO

SÓ  DEIXOU  ENTRAR Ó NENO

(ÁLVARO)

 

 

 

 

 

 

 

www.salondolibro.org

(2010-2011) Á volta do Nadal... atopamos unha sorpresa

Xa estamos de volta, despois das vacacións do Nadal.

O primeiro día, en canto chegamos, atopamos debaixo da nosa árbore de Nadal dous agasallos, un para a nosa aula e outro para a dos nosos compañeiros e compañeiras.

 

Entre todos abrimos o regalo, e dentro atopamos....

 

Un libro chulísimo titulado a ARAÑA MÁIS INTELIXENTE

 

De seguida lle atopamos un sitio nun dos andeis da nosa biblioteca de aula, ademáis tamén lle puxemos o seu número. Tocoulle o número 92.

 

Como xa rematara o Nadal, tamén chegou o momento de quitar os nosos adornos da árbore de Nadal.

 

Cada un foi quitando o adorno que trouxo, para poder gardalo na casa e empregalo na árbore do próximo Nadal.

 

Ó final á árbore quedou sen ningún adorno.

 

Tamén o primeiro día tivemos que cambiar o noso calendario, porque "xa se lle acabaran as follas",  por outro novo, onde xa anotamos a data na que levarían o noso traballo para o salón do libro, pero eso xa o contaremos noutro momento.

 

(2010-2011) Así é o noso boletín trimestral

Cada trimestre, ademáis do boletín oficial do XADE, levamos para as nosas casas un feito por nos, onde contamos todo o que sucedeu ó longo dos días na aula.

Esta vez nunha das follas puxemos os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras, nunha foto de todos xuntos.

 

Pola parte de atrás pegamos as iconas dos nosos recantos e xogos preferidos.

 

Se queres coñecelo, así é o noso boletín "As novas da escola".

Nan portada, ademáis do noso nome (e apelidos para os de máis idade), tamén poñemos a nosa idade.

 

Tamén contamos con fotografías e texto algúns feitos destacados do trimestre, deste xeito facemos recapitulación de todo o sucedido, e somos conscientes de todo o que aprendemos e cal foi o proceso.

Neste caso o SAMAÍN, o MAGOSTO e o proxecto de investigación sobre as SETAS.

 

Os recantos favoritos, despois de consultar os máis anotado na axenda escolar.

 

Dentro do boletín, tamén levamos unha folla coa explicación (con fotografías) de moitas das cousas que fixemos no trimestre, indicando que queriamos acadar con cada unha delas.

 

Levámolos para casa o último día de clase, xa que o outro boletín (o do XADE) viñerono a buscar os pais/nais uns días antes pola tarde, para comentar co mestre a evolución ó longo deste tempo.

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.