Infantil xuntos
(2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de setembro
Neste mes de setembro cumprían anos os nosos compañeiros CARLOTA e DIEGO, polo que elas serían os encargados, coa axuda de todos e todas, de preparar unha tarta para convidar a tódolos compañeiros/as nunha fantástica festa.
Os compañeiros e compañeiras da súa aula preparáronlle unhas camisetas de agasalo fantásticas.
As homenaxeadas escolleron do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración prepararon a súa a tarta seguindo os pasos da receita elexida.
Despois dun día no frigorífico xa estaba a tarta lista para a celebración.
Non sen antes soprar as candeas correspondentes.
As homenaxeadas foron repartindo a tarta entre os seus convidados.
Como fin de festa, gusanitos, patacas fritidas e zume.
Xa queda menos para a seguinte celebración, a finais do mes de outubro.
(2022-2023) Damos a volta ó cole... nunha semana
Nos primeiros días deste novo curso, para que os novos compañeiros e compañeiras de infantil coñeceran o seu novo colexio, decidimos facer un percorrido polas diferentes dependencias do mesmo.
Cada día visitaríamos unha delas, onde nos regalarían unha pegatina, coa que completar o noso "pasaporte".
Na radio escolar, estaba MARTA agardándonos para contarnos todo o que alí podíamos facer.
Pegamos a primeira pegatina que nos deu, no noso pasaporte...
... que logo completamos cunha fotografía todos xuntos no lugar, escribindo o nome do mestre/a e da aula en cuestión. Faríamos isto cada día, cos diferentes lugares que fósemos visitando.
A profe BEA presentounos a clase de inglés, dándonos a súa correspondente pegatina.
ZAIRA ensinonos como funcionaba a Biblioteca.
Dora lendo un libro, foi a pegatina que pegamos no pasaporte nesta ocasión.
Na aula de música, o profe JOSÉ LUIS fixo de anfitrión. Ademais de contarnos todo o que podíamos facer alí, tamén nos regalou unha nova pegatina para completar o pasaporte.
PAULO foi o encargado de ensinarnos o pavillón e de darnos a correspondente pegatina.
A última parada foi en "Usos múltiples", onde nós mesmos tivemos que atopar as pegatinas que alí se atopaban. Os noso profes, PAULO e ÓSCAR, comentáronnos todo o que faríamos alí ó longo do curso.
Deste xeito, en 5 días, "completamos a viaxe para dar a volta ó cole". Temos o noso pasaporte para demostralo!.
Tan só quedaba levalo para as nosas casas, e poder contarlles ás nosas familias, todo o que sucederá en todos eses lugares ó longo do curso.
(2021-2022) Despedimos aos compañeros e compañeiras que marchan para primaria cun vídeo. Queres velo?
Cando chegou o último día de curso, os profes PABLO e ÓSCAR tiñannos preparada unha ... festa sorpresa.
Sería o preludio de todo que ía suceder nesta última xornada no colexio, antes das vacacións de verán.
Entregámoslle aos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e que non estarán connosco o vindeiro curso, unha foto de recordo como agasallo.
Rematada a festa chegou o momento da despedida "formal" na nosa "graduación", á que puideron asistir as nosas familias.
Pero nós tamén tiñamos preparada unha sorpresa para eles, un vídeo de despedida contando todo o que fixemos ó longo destes cursos en Educación Infantil.
Velaquí o vídeo de que proxectamos creado polos nenos e nenas de 6º de Infantil para despedirnos. A ver que che parece:
Despois da nosa despedida, chegou o momento dos compañeiros e compañeiras de 6º de primaria, que o vindeiro curso estarán no instituto.
E como remate, o profe Paulo entregounos os premios a aqueles que tivemos as "merendas máis saudables, ó longo do curso" en cada aula. Velaquí os afortunados de Educación Infantil.
Foi unha xornada moi divertida e emotiva para todos e todas.
(2021-2022) Celebramos os aniversarios do verán... por adiantado.
No mes de xuño, antes de rematar o curso, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumplían anos nos meses de verán, cando non hai colexio.
Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así a homenaxeada tivo o seu momento especial.
Preparamos as súas camisetas de agasallo e as coroas de aniversario:
Cando chegou o día sinalado, no noso calendario online, sopraron as candeas co número de anos que cumprían anos MANUEL JULIA, DANIEL e GERMÁN.
MATÍAS, outro dos homenaxeados "do verán", non puido vir ese día ó colexio, así que lle envíamos unha felicitación no vídeo que veredes de seguido.
Podes ver como sopraron as candeas nos seguintes vídeos:
Ó final deste vídeo podes atopar a felicitación para MATÍAS.
(2021-2022) Atopamos un tesouro escondido, seguindo as pistas dun mapa
Nun dos últimos días do curso, nas aulas de infantil, buscamos un tesouro agochado nalgún lugar do colexio, seguindo as instrucións que aparecían no "mapa do tesouro".
Antes de comezar, o día que tiñamos anotado no noso calendario online, descubrimos cales eran as normas do xogo.
Cada un dos dous equipos (infantil 1 e infantil 2) tería o seu propio mapa, diferente un do outro, con candanseu tesouro escondido (que contiñan o mesmo no seu interior).
O equipo "can salchicha azul" xa estaba preparado para comezar, co seu mapa listo. Terían que comezar polo número 1 que alí aparecía.
Pola súa banda... o equipo "focas vermellas" tamén o tiña todo listo para comezar a busca do tesouro, tamén polo número 1 do seu mapa.
Cada equipo tiña que seguir as pistas dun mapa, para ir pasando por diferentes lugares, sinalados con números. En cada un deles había unha pegatina escondida, que tiñan que atopar, e pegar no mapa. Cando chegasen ó ultimo número atoparían o tesouro.
O mapa levou ós dous equipos por diferentes dependencias do colexio, buscando as pegatinas agochadas.
En outros momentos, o mapa enviounos a buscar as pistas por diferentes lugares do patio.
Ambos equipos deron atopado o tesouro... tan só había que voltar á aula e agardar a que chegase o outro equipo, para poder abrir ambos tesouros á vez.
Que habería dentro... algún ata pensou que tería unha empanada para compartir ;)
Unha vez abertos os tesouros, atopamos dentro uns fantásticos libros para colorear, e con pegatinas, xunto cun bote de pinturas para cada un de nós... eran chulisimos.
Non puidemos agardar para estrenalos.
Podes ver tódalas fotografías deste "xogo de pistas", no seguinte álbum da galería fotográfica:
(2021-2022) ÁLBUM NA GALERÍA FOTOGRÁFICA - Atopamos un tesouro seguindo as pistas dun mapa.
(2021-2022) Así celebramos o aniversario do mes de xuño
No mes de xuño, BREIXO cumpliu 4 anos, así que ó final do mes celebramos o seu aniversario, como fixeramos ó longo do curso.
Novamente, por mor da COVID-19 non puidemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores aínda que o retomaremos no vindeiro curso), pero aínda así o homenaxeado tivo o seu momento especial.
Preparamos a súa camiseta de agasallo e a coroa das homenaxeado:
Cando chegou o día sinalado, no noso calendario online, soprou as candeas co número de anos que cumpría.
Podes velo de seguido:
(2021-2022) As familias de Infantil crean... álbumes de fotos
Dentro da proposta "As familias crean", organizada desde Biblioteca Escolar, en Educación Infantil as familias participaron nun obradoiro xunto cos seus fillos e fillas.
Todos e todas se encargaron de crear, e decorar, un álbum no que pegaron fotografías do seu paso polo colexio, desde a súa entrada no mesmo.
Tiñan á súa disposición, unha chea de materiais, cos que decorar os seus álbumes, colaborando coas súas famlias.
Unha vez rematado o álbum tomamos unha fotografía para lembralo. (Podes ver todas elas na ligazón que atoparás ó final desta publicación)
Naqueles casos nos que non puideron asistir as familias, os nenos e as nenas, levaron para casa o material para elaborar o seu álbum coa súa familias, e enviarnos unha fotografía unha vez rematado.
Podes ver tódalas fotografías deste obradoiro, no seguinte álbum da galería fotografíca:
(2021-2022) ALBUM FOTOGRÁFICO - INFANTIL: As familias crean... álbumes
(2021-2022) Viaxamos a Santiago de Compostela, para coñecer a catedral, e pasalo de medo en Diviert-Park
O 7 xuño, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, 1º e 2º participaríamos nunha saída, de mañá e tarde, a Santiago de Compostela.
Alí coñeceríamos a cidade, a catedral e xogaríamos en "Diviert-Park".
Días antes de marchar descubrimos todo o que poderíamos ver na nosa viaxe.
O día sinalado xa estabamos preparados, tan só nos quedaba unha viaxe en autobús ata Santiago de Compostela.
Cando chegamos, despois de pasear por unha parte da cidade de Santiago...
... demos chegado ata a Catedral, que era enorme.
Continuamos visitando as diferentes prazas que había "ó redor" da catedral. O profe Xose Luis, foi contándonos cousas moi curiosas de todas elas.
Despois da visita, chegou o momento de tomar as nosas merendas.
E despois doutro anaquiño no autobús, chegamos á "cidade da cultura", que tiña uns edificios moi extraños pero moi chulos. Alí tivemos tempo para comer a nosa comida, e xogar coas compañeiras e compañeiros.
Pero o mellor estaba aínda por chegar, pola tarde visitamos "Diviert-Park", onde puidemos facer todo isto.
Montamos en karts, cantamos no karaoke e ata fixemos un percorrido polas alturas.
Ata os profes se atreveron a montar nos karts. Polo alto no quixeron ir porque non son tan valentes coma nós ;)
Antes de marchar de volta a Campo Lameiro, como fin de festa, bailamos en cantamos todos e todas xuntos.
Pasámolo tan ben, que non queríamos voltar ;)
Podes ver moitas máis fotografías no seguinte álbum da galería fotográfica. Podes atoparte nelas?
Álbum: (2021-2022) Excursión a Santiago de Compostela
(2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de maio
No mes de maio era o aniversario da nosa compañeira VALENTINA. Ó final do mes celebramos os su aniversario, como fixeramos cos restantes compañeiros e compañeiras.
Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así a homenaxeada tivo o seu momento especial.
Preparamos a súa camiseta de agasallo e a coroa de aniversario:
O día da celebración a homexada soprarou a candea coa súa idade. Nesta ocasión fixémono no patio do colexio, debaixo das árbores.
Podes velo nos seguinte vídeo:
(2021-2022) Visitamos e participamos nun obradoiro do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
O pasado 19 de maio asistimos, xunto con tódolos compañeiros e compañeiras do colexio, a unha visita ó Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, que está moi preto do noso colexio, en Campo Lameiro.
Días antes fomos anotándonos nunha lista, para saber quen ía asistir ou non. Finalmente todos e todas participamos na visita.
Uns minutos en autobús para poder ir ata o PAAR, que estaba moi preto dalgunha das nosas casas.
Cando chegamos estaba agardándonos ESTHER, quen nos acompañaría durante todo a visita e no obradoiro.
Comezamos descubrindo como pintaban na prehistoria, e como conseguían crear a pintura.
Por equipos demos creado a nosa pintura, como o facían os homes e mulleres da prehistoria.
Coa pintura que creamos, debuxamos as nosas pinturas "prehistóricas" nun enorme papel.
Debuxamos primeiro con carbonciño e coloreamos os debuxos coa nosa pintura.
Rematado o obraoiro, chegou o momento dunha merecida merenda; seguida dun tempo para xogar e explorar libremente a natureza.
Con ESTHER novamente de volta, visitamos a exposición dentro das instalacións do Parque.
Explicounos, nun petroglifo "de mentira", como os creaban con na prehistoria. Este é o único que se pode tocar en todo parque.
Fomos ata reconstrución dun poboado da prehistoria, e alí puidemos entrar nas súas cabanas, onde había un pel dun xabarín.
Visitamos un dos máis de 100 petroglifos que hai no parque. Tratábase do pretroglifo "do cervo".
Antes de marchar buscamos a saída nun labirinto, coa forma dun dos petroglifos que había no parque.
Despois dunha mañá tan fantástica, chegou o momento de despedirnos de ESTHER, dándolle as grazas por todo o que nos ensinou.
Unha foto de grupo, de todo o colexio, antes de marchar de volta para o colexio.
Xa de volta no colexio, ó día seguinte, levamos a nosas creacións paraccasa.
Podes ver moitas máis fotografías da visita e obradoiro no que participamos os de Infantil, no seguinte álbum da galería fotográfica.
ÁLBUM: Visita e obradoiro no Parque Arqueolóxico da Arte Ruprestre de Campo Lameiro
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »