Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2021-2022) Deporte escolar 21-22

Este ano, debido á situación sanitaria tan só puidemos celebrar unha xornada do deporte escolar. Nesta ocasión o anfitrión foi o colexio de Tenorio, que se encargou de organizar a xornada para que os nenos/as do noso centro, os do colexio de Forcarei e os de Tenorio puidesen desfrutar dunha xornada de deporte e compañeirismo.

Ben cedo e cas nosas camisetas do deporte escolar, puxémonos rumbo a Tenorio.

Unha vez instalados, o primeiro dos deportes practicados foi o Datchball, un xogo de lanzamentos que consistía en eliminar aos rivais mediante golpeos. Nesta ocasión xogaron 3º 4º 5º e 6 simultaneamente. Foi todo un éxito!

Logo dividímonos, mentres os de 3º e 4º xogaban fóra contra Tenorio e Forcarei, os maiores quedaron dentro do pavillón xogando a bádminton, baloncesto e fútbol.

Que ben o pasaron xogando ao Floorball!

Pero tamén había tempo para repoñer forzas, había moitos partidos por xogar!

Tocaba fútbol

Para rematar a xornada, os de 3º e 4º xogaron un interesante partido contra os nenos/as de Tenorio.

Dentro todos/as seguían con espectación o partido de fútbol dos maiores contra Forcarei. 

Intensa e divertida xornada, pero moi gratificante polo feito de poder retomar a normalidade no deporte escolar. O curso 202-2023 seguimos!!!

(2021-2022) Descubrindo os xogos populares filipinos

Este ano, dado que tivemos un auxiliar de conversa no centro, puidemos coñecer algúns dos xogos populares filipinos máis famosos. Grazas a Karl, o noso auxiliar, os nenos e nenas de 1º e 2º desfrutaron dunha sesión de xogos de saltos e lanzamentos.

Antes de nada, quencemento dirixido por Karl.

O primeiro foi o "Chinese garter", un xogo de salto que consistía en ir correndo e superar un listón mediante un salto vertical.

O segundo en practicar foi o "Tumbang preso", que nesta ocación consistía en lanzar chanclas a unha botella mentres un compañeiro/a a protexía.

Grazas karl, por achegarnos a túa cultura e compartir con nós os xogos da túa infancia. Seguro que os seguimos practicando!

(2021-2022) Carreira de orientación inclusiva

O pasado xoves 16 de xuño, os alumnos/as de primaria puideron desfrutar dunha interesantísima carreira de orientación na Área recreativa de San Antoniño de Penalba. 

Despois dunha breve camiñada dende o colexio ata dito lugar, os nenos e nenas de cada clase (organizados por equipos), debían atopar unha serie de balizas marcadas no mapa para, unha vez atopadas, ter que superar probas e retos relacionados cas charlas sobre a inclusión que tiveron lugar no centro ao longo do curso. Así pois, debía correr, orientarse e respostar preguntas en equipo para superar o gran reto. 

Motivación non lles faltaba, posto que os primeiros en rematar a carreira levarían un premio grupal en forma de xogo ou pasatempo, que posteriormente compartirían con tódolos/as alumnos/as da clase.

Para o ano repetimos seguro!

(2020-2021) Recreactiv@s

Como vén sendo habitual cada curso, e como centro comprometido ca promoción de hábitos de vida saudables, dende a área de E.F puxemos en marcha "Recreactiv@s", un programa de promoción xogos populares e tradicionais en horario de recreo. Os nenos/as puideron desfrutar dende xogos populares e tradicionais, ata xogos alternativos pouco coñecidos. Cada trimestre fomos renovando a oferta de xogos, para que puidesen coñecer e practicar unha ampla variedade de actividades.

Como non podía ser doutro xeito, destacar a implicación e participación de todo o alumnado.

(2020-2021) Xincana saudable

Para rematar o curso de xeito saudable, os alumnos/as de primaria participaron nunha xincana que levou por nome "O enigma saudable". Por grupos e cun mapa do centro, tiveron que traballar en equipo para atopar e superar os retos que se ían encontrando ao longo da xincana. En cada baliza debían superar un reto motriz, unha adiviña, un trabalinguas...para poder gañar unha letra e descifrar o enigma saudable antes ca os seus compañeiros/as.

Que ben o pasamos!!! Unha mañá de exercicio, aprendizaxe e traballo en equipo.

Enigma saudable de 1º e 2º: Exercicio e saúde

Enigma saudable de 3º e 4º: "Somos o que comemos"

Enigma saudable de 5º e 6º: Mens sana in...

...e para os equipos gañadores, houbo premio!!!

(2020-2021) Merendas saudables. Resumo anual e entrega de premios

Ao longo do curso 2020-2021, e dentro do proxecto ECO-BiO-SON, o alumnado do centro participou no programa de merendas saudables "Tutti frutti". Este programa consistía en gañar gomets a cambio de traer merendas saudables para os recreos. Así, canto máis variada e saudable fose a merenda, máis posibilidades tiñan de gañar as insignias mensuais, correspondentes cos niveis supersaudable, hipersaudable e ultrasaudable. A acollida por parte do alumnado foi impresionante, pois cada día intentaban traer as receitas semanais propostas, variedade nas súas merendas e, sobre todo, concienciarse da importancia de alimentarse de xeito equilibrado, variado e saudable.

Unha vez rematado o curso, procedemos á entrega de premios a aqueles que máis participaron no programa. Aínda que participación do alumnado foi total, e todos/as levaron a "chapa ultrasaudable", houbo un grupo de alumnos/as de cada clase que mereceu un especial recoñecemento en forma de "agasallo saudable". 

Para o ano continuamos!!!

(2020-2021) Ruta de sendeirismo polo Día Mundial do Medio Ambiente

O pasado venres 4 de xuño, conmemoramos o Día Mundial do Medio ambiente ca realización dunha ruta de sendeirismo pola contorna do centro. Ao longo da mañá, as diferentes clases foron saíndo e seguinto os itinerarios establecidos previamente, ao tempo que realizaban actividades durante a ruta, como sacar fotografías de elementos do entorno, seguir un mapa ou localizar árbores e elementos patrimoniais durante ruta.

As rutas que realizaron por curso foron as seguintes:

  • Infantil e 1º/2º: ruta circular pola contorna do campo de fútbol municipal. 2 kms aproximandamente.
  • 3º e 4º: ruta circular e lineal pola contorna do campo e parte do río Meneses. 4-5 kms aproximadamente
  • 5º e 6º: ruta circular polo río Maneses. 9 kms aproximandamente.

Ruta de infantil + 1º e 2º

Ruta de 3º e 4º 

Ruta de 5º e 6º

Bonita xornada na que fixemos exercicio, desfrutamos de boa compañía e da natureza que nos rodea.

(2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Día Mundial da Saúde 2021. Recomendación sobre hábitos saudables

Aínda que tódolos días son importantes para poñer en práctica hábitos saudables, os días 6 e 7 de abril teñen unha consideración especial dentro da vida do centro. Estamos a falar do Día Mundial da Actividade Física e do Día Mundial da Saúde, respectivamente; días nos que debemos poñer en valor e recordar a importancia de adoptar hábitos como a alimentación, o exercicio, a hixiene, o descanso e o benestar.

Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, así como os mestres/as, van a darnos unha serie de consellos para mellorar a nosa calidade de vida. Tomade nota e comezade a aplicalos!

  

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - RECEITAS SAUDABLES PARA OS RECREOS

RECEITAS SAUDABLES PARA OS RECREOS

MES DE MARZO:

  • COOKIES DE AVENA
  • BISCOITO DE IOGUR
  • MADALENAS DE LIMÓN E AMÉNDOAS

MES DE ABRIL:

  • NOCILLA-NUTELLA SAUDABLE
  • BISCOITO DE PLÁTANO
  • BROWNIE SAUDABLE

MES DE MAIO:

  • KIT KAT CASEIRO (1ª semana)
  • PANINI CASEIRO (2ª semana)
  • PATÉ DE MEXILLÓN E ATÚN (3ª semana)
  • TORTIÑAS (3º semana)

MES DE XUÑO:

  • Repetir as receitas anteriores que queiramos (todo o mes)

(2020-2021) Funcionamento das clases de E.F na nova normalidade

Podes consultar tódalas medidas no documento adxunto.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.