Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto, sexto, 5º e 6º xuntos, quinto e sexto

(2011-2012) Contos de bruxas e bruxos

Entre as cousas que fixemos dende a nosa aula para a celebración do Samaín no noso colexio foi este traballo conxunto cos compañeiros/as de ciclo.

Dentro deste libriño exposto no noso corredor atoparás as nosas historias sobre bruxos e bruxas. As que nos seleccionamos como mellores foron as de Santi, Arantxa e Martín,... mais todas están moi entretidas.

Pinchade na súa portada e disfrutade.

E aquí rematan as nosas historias de Samaín por este ano

(2011-2012) Celebración do Samaín

Festa do SamaínEnoxadoSorprendidoChorando
O pasado venres celebrouse no colexio a Festa  do Samaín. 
Para este día :
- preparamos uns Contos sobre bruxas e bruxos xunto cos nosos compañeiros/as de quinto, cos que se fixo un libro que temos exposto no noso corredor.
Tamén preparamos entre todos o cartel para o lugar onde se ían expoñer.
Na nosa clase lemos todas as nosas historias.
Logo eleximos as tres que nos parecían mellor feitas ou divertidas. Foi difícil de verdade, pois case todas estaban moi ben. Mais este ano os seleccionados foron:-Santiago :"O bruxo rapeiro"
-Arantxa:"O colexio encantado"
- Martín: "A bruxa pija"
Os nenos e nenas de quinto foron os encargados de escoller entre estas tres historias.
 A gañadora foi Arantxa, co cal tívoa que ler no festival.
Entre as de quinto nós escollemos o conto de Noelia.
 
- Tamén participamos no Festival con actuacións que preparou con nós a mestra de música.
 
-
Todos os nenos e nenas do colexio trouxemos cabazas decoradas para a exposición e concurso.
Na nosa clase saíron tres seleccionadas: a de Ana como a mellor do terceiro ciclo, a de Arantxa como "a máis fashion" e a de Daniel  como "a máis curranta" 
- E ademais  este curso , xa que é o noso último ano no colexio, tocounos a nós encargarnos de darlles os sustos a todos os nenos e nenas cando ían á votación das cabazas.
Como vedes......  non paaaaraaaamoooos!!!! 

(2010-2011) Proxecto patio cuberto

O NOSO PATIO CUBERTO

O mércores día 4 de outubro fumos ao patio cuberto.

Queriamos tomar as medidas para logo con elas facer un plano no que poder diseñar como poñer as pintadas de xogos populares nel. Divididos en equipos ,medímolo en: centímetros, metros, pasos, baldosas,... aproveitando este traballo para reforzar o tema que estamos a dar en Matemáticas das medidas de lonxitude e superficie.

Aínda non está rematado, estamos a tentar facelo o máis rápido posible para poder, por fín, xogar nel.

Estas son as fotos dalgún deses momentos:

Así nos quedou ao final. Logo tivémolo que pasar á libreta, traballando a escala. Cada baldosa (30cm) equivaldría a unha cuadrícula da libreta. Así foi o antes e o despois.

(Interviñeron na redación do texto: Ana e Arantxa -6º-) 

(2011-2012) Tempo de lectura

TEMPO DE LER

Neste curso, os mestres e mestras decidiron poñer a todo o colexio 20 minutos de lectura todos os días.

Parécenos moi ben porque vimos do recreo todos alborotados e axúdanos a relaxarnos un pouco.

Para facer eses 20 minutos tiveron que quitarlle 5 ás demais asignaturas e por iso as clases agora son un pouco máis curtas.

Gústanos o tempo de lectura, é moi entretido!

Estas son as fotos deses momentos na nosa aula:

(Cada un concentrado na súa lectura)

(Rexistrando os libros lidos e apuntando a nova lectura) 

Tamén fixémos unha exposición coas nosas lecturas do verán, que agora estamos a prestar aos nosos compañeiros

 

(Texto escrito por Andrea -6º-) 

(2011-2012) Primeiro día de clase en 6º curso

 

O noso primeiro día en SEXTO

O primeiro día de clase pasámolo xenial, o malo é que é o noso último ano aquí no colexio de Campo Lameiro.

Ao comezar as clases don Tirso deunos unha charla.

A mestra , sen darnos conta, fíxonos estas fotos , mentras nos deixara estar un anaco nos recantos que temos na nosa aula.

 Investigamos?                           Xogamos?  

 

           Lemos?                          Informámonos?

 Creamos?                      Rematamos?

 

Este último non é un deles, pero o parece, pois os que non remataran as tarefas seguían a traballar!

Logo díxonos que escribiramos o que pasara neste primeiro día de clase para así poder facer a primeira entrada deste curso na páxina web do colexio. Este ano temos novo recanto. Agora o noso é o de 6º

 Tamén seguimos tendo na clase o noso rincón de reciclaxe.

E tamén o cadro de información da nosa aula e do colexio cos debuxos dos nosos nomes que fixeramos o curso pasado.
 

Irémosvos contando as cousas que vaiamos facendo ao longo deste curso.

(Parte do texto escrito por Pablo e Roberto -6º-)

(Lembrade que se queredes recordar as cousas que fixemos durante o ano pasado tedes que pinchar no recanto de 5º)

 

(2010-2011) Fin de 5º curso

Como fin de curso disfrutamos dunha excursión a Corrubedo cos nosos compañeiros de 3º, 4º e 6º

Nela visitamos o Castro de Neixón,

o Dolmen de Axeitos

, o mirador da Curota

. Paramos a comer en Corrubedo

, onde visitamos cun guía:  as dunas

 

, o Centro de investigación: onde vimos un vídeo do parque e o seu museo,

 o mirador

e o faro.

Tamén paramos en Aguiño a merendar.

E por fin de volta, co último xeado e coas cancións de Tirso, Susana e algún expontáneo!

 Xa o último día no colexio tivemos sesión de cine, entrega de notas, despedida do alumnado de 6º que xa pasa a secundaria ( para o ano tócanos!!),

 

e..."merendola" na clase co seguinte menú: magdalenas de Roberto, Pastel de Ana, Rosquillas de Martín, patacas, froitos secos,xeados,bebidas, ... de todos . Estaba todo boísimo!!!

 

 Polo menos comezamos o verán con enerxííía

FELICES VACACIÓNS  Chulo

¡VÉMONOS EN 6º!

(2010-2011) Xornal "A VOZ DE QUINTO"

Durante este último mes do curso andivemos entretidos na nosa aula elaborando entre todos un xornal.

Aproveitando que nos últimos temas de Lingua Española falábanos de como facer unha noticia, un anuncio, de como puntuar ben un texto,... decidimos traballalo recollendo aquelas novas que sucederan durante o curso que máis nos chamaran a atención e facer con elas un xornal.

              

Para elo pusemos no encerado cada un dos temas dos que acostuman tratar as noticias: políticos, internacionais, locais, sucesos, culturais,..., ademais dos anuncios por palabras e os pasatempos.

Pensamos de que podiamos falar en cada unha delas e cada quen elixiu redactar unha. Feito o borrador , correxímolo e xa o pasamos a limpo nas follas do xornal que xa a mestra dividira.

 

 Buscamos algunha das imaxes en Internet que lle queriamos poñer, outras fotografiámolas, pensamos os pés de foto, os títulares e ... nun abrir e pechar de ollos ...                        aquí o tedes!!

        " ¡ PINCHADE NEL E QUEDAREDES ABRAIADOS ! "

 

(2010-2011) Celebración do día das Letras Galegas

Dado que o martes 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas, por adiantado este venres celebrouse no noso colexio un pequeno festival.

Neste aproveitouse para presentar o Maio que fixeron os nenos e nenas de todo o colexio.

- Ao noso curso xunto co de sexto tocounos colocar o fiuncho , ademais de traer quen puidese: ovos, laranxas, margaridas,...

- Tamén elaboramos as nosas dúas coplas para ser cantadas coas dos demais. Desta vez tocoulle a Xesús poñerlle a voz. Eleximos estas dúas:

Este mes hai eleccións               Agora o maio remata

os maiores van votar,                temos que irnos pra casa,

Alfonso, Julio e Pacita                porque hai polo que comer

eu non sei quen gañará             e churrasco con patacas

- Ademais, en galego estamos a facer uns murais sobre Lois Pereiro, o autor homenaxeado este ano.

-E tamén neste día de festa representamos a obra de teatro que fixeramos adaptando o conto de "O novo traxe do emperador"(Se queredes recordar o conto pinchade aquí). Todos estabamos ben nerviosos mais saiunos moi ben.

 

Somos uns artistas!  Rindo

Aquí estamos a facer algún dos elementos que necesitabamos para a representación da nosa obra

(2010-2011)Visitamos os petroglifos xunto cos alumnos da Xunqueira 1

O pasado martes 3 de maio visitáronnos os nenos e nenas de 5º curso da Xunqueira 1 para facer a segunda parte do "intercambio cultural".

Agora tocábanos a nós ensinarlles a eles os nosos petroglifos.

Para elo saímos do colexio e fumos  ata o Parque arqueolóxico que, aínda que o edificio e museo non estaba inaugurado e por dentro non o puidemos visitar,  si o fixemos a ruta dos petroglifos con dúas guías que nos ían contando todo o importante que eran, en que consistían, para que os puidesen haber feito, como conservalos,...

Distintos momentos desta visita :

-Chegada e presentación das guías

-Vistas de Campo Lameiro dende o mirador

Explicacións sobre os petroglifos e visita dunha das construccións

-Petroglifo

-Esquema dos petroglifos que se atopaban nesa rocha

 

Ao rematar esta visita fumos co autobús a ver o petroglifo da pedra da Serpe na cal outro guía contounos lendas sobre ela e moita máis información.

Alí tamén aproveitamos para facer un descanso, xogar e merendar antes de despedirnos dos nenos e nenas do outro colexio.

Aquí rematara o noso intercambio.

Voltarémos a ver a todos estes compañeiros cando cheguemos ao instituto.     

                            Ata entón! 

(2010-2011) Xapón

O día 11 de abril aconteceu algo que nos deixou a todos abraiados. Nada máis chegar á clase todos falabamos do mesmo. Nas noticias puxeran imaxes de como un enorme terremoto e tsunami arraxaran case todo en Xapón.

Se queredes recordalas pinchade  aquí

Tanto nos impresionou que decidimos facer un proxecto sobre o tema.

No taboleiro apuntamos:

- as cousas que sabiamos , 

-as cousas que queriamos averiguar,

-os lugares onde nos podiamos informar 

-e os grupos nos que nos iamos dividir para traballar.

Decidimos investigar en cada grupo sobre catro temas referidos coa noticia;  tiñamos na clase expertos en:

Xapón,

enerxía nuclear,

-terremotos e tsunamis

e as axudas.

Buscamos nos xornais que trouxeramos nos que repasabamos cada grupo co seu cor as noticias que falaban do seu tema, tamén apuntamos noticias da televisión e tamén en Internet.

  

O resumen destes iámolo poñendo no taboleiro.

Tamén aproveitamos para traballar o diálogo. Cada grupo imaxinou que eran:

-un matrimonio de xaponeses na súa casa no momento do terremoto.

-dous expertos en enerxía nuclear falando de como solucionar o problema das centrais afectadas.

-dous personas falando de como recaudar fondos para axudarlles.

-e dúas expertas en terremotos e tsunamis dando os datos da gravidade destes.

Quedaron moi ben. Poderedes lelas no xornal escolar

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.