Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto, sexto, 5º e 6º xuntos, quinto e sexto

(2011-2012) Aburrídesvos? Non vos virá mal un repasiño.

No apartado da dereita da vosa web que pon "Recursos educativos e ligazóns", se pinchades en outras ligazóns teredes 4 enlaces a páxinas cun montón de tarefas relacionadas coas distintas áreas que traballastes.

-Por exemplo, nesta tedes dividido por etapas educativas os distintos contidos a traballar.

Ánimo! Bo verán!

 

-JUEDULAND: Se queredes outra páxina moi completa con todo tipo de actividades referidas aos contidos traballados en todas as áreas...

PINCHADE AQUÍ !!!

 

- Ademais destas outras dúas máis refrescantes

(2011-2012) Deixámosvos

 Esta será a nosa última páxina que subamos á nosa web.

 Rematou o noso paso por Primaria, e por suposto... como todos somos boísimos... aprobamos e marchamos ao Instituto!

Neste último día no "cole" fixemos unha pequena festa na clase con música, aperitivos, ...

Tamén abrimos as nosas notas.

Algún de nós non lles sacaba o ollo de enriba. Aínda non vos credes os bos que somos? Pois xa é hora!

 Tamén aproveitamos para falar e estar a gusto cos nosos mellores amigos. Despois de hoxe non nos veríamos tan a miúdo.

 Tamén tivemos un mimo coa mestra. (Non tiñades por qué! Xa bastante agasallo foi o ter a sorte de disfrutar con vós destes dous anos)

Saímos o recreo, o noso último partido na pista. Hoxe sí que nos tocaba a nós!

 Algunhas aproveitaron para botar o último baile

Xa ao regreso do recreo esperábanos a nosa despedida na sala de usos múltiples. O director explicoulles aos demais nenos e nenas o que ía a pasar.

Sentámonos no escenario para ver unha presentación "sorpresa" que nos preparou a mestra con imaxes do noso paso por a escola

 Emocionámonos bastante ao ver todas as cousas que levamos feito xuntos.

Nós tamén tiñamos preparado un vídeo moi divertido con bailes referentes a cada mestre que nos dera clase. Aquí xa comezamos a rir un rato.

E o final cada un de nós foi dicindo unhas palabras aos demais

e recibimos un agasallo por parte do colexio.

 

Ao chegar a clase fomos despedíndonos dos demais e...

 Aínda tivemos tempo para deixar polo colexio mensaxes tan bonitos coma este que apareceu pegado na pizarra dos compañeiros de quinto.

 Hoxe tamén foi a nosa última fila, e ... quen tocaría o timbre de saída por última vez?

 Roberto e Ani !  Aínda medio emocionados. Moita sorte!

 O colexio queda un pouco triste sen vós, que envidia me dan os mestres e compañerios do Instituto.

Mirade... así quedou agora a vosa clase.

Voltade pronto de visita... por favor!

 

(2011-2012) A voz de sexto: xornal coas noticias deste ano escolar .

Como remate deste curso voltamos a facer dende a nosa aula un xornal.

 Nel atoparedes un pequeno resumo de todas as noticias que consideramos máis importantes que foron sucedendo ao longo do ano.

Se queredes ollalo facede clic no seguinte enlace:

A VOZ DE SEXTO

(Debido ás presas de última hora quedaron pequenos partados sen rematar. Pedímosvos disculpas. O tempo non dou para máis. Temos que marchar xa para o Instituto)

(2011-2012) Alá imos!

Dado que xa estamos a un mes do remate das clases e xa non nos queda nada para o paso ao instituto, aquí tedes as páxinas dos centros nos que vos ides a seguir preparando para chegar a ser o que querades o día de mañán.

Informádevos ben e atopade resposta a todas as vosas dúbidas e preocupacións nelas

I E S XUNQUEIRA 1 de Pontevedra

C P I SANTA LUCÍA  de Moraña

(2011-2012) Celebración das Letras Galegas

Para a celebración do Día das Letras Galegas:

-preparamos unha obra de Teatro titulada "O semáforo"

Nela ao alcalde ocúrreselle inaugurar o primeiro semáforo de Campo Lameiro xusto o día deste Festival. Por problemas coa luz verde os distintos personaxes van quedando atascados sen poder cruzar para o colexio , ata que chega o xuiz que resolverá este lío.

- Tamén en galego preparamos un traballo sobre Valentín Paz Andrade

-Como os anos anteriores elaboramos o maio, encargándonos de colocar o fiuncho.

 

para logo con el bailar e cantar as coplas que elaboramos todos os nenos e nenas do colexio.

Incluso saímos na prensa! 

 

-Cos compañeiros de quinto preparamos un conto coa palabra elexida en galego por cada un de nós. Os da nosa aula elexiron a que máis lles gustou de cadansúa camiseta do traballo do libro de Fina Casalderrey "A lagoa das nenas mudas" 

Cada un ía engadindo unha oración coa súa palabra ata completar a historia. Lémola no festexo.

- Tamén tocamos o himno galego xunto cos compañeiros de ciclo.

-Por último asistimos á actuación dun contacontos...

Teatro " Enamorirse" 2º e 3º ciclo de E.P

Os nenos/as de 2º e 3º ciclo deprazámonos a Pontevedra para asistir a unha obra de teatro no Auditorio de Novacaixagalicia.

Como nos sobrou un pouquiño de tempo, merendamos e xogamos na Alameda....

(2011-2012) Celebración do Día do Libro

 Para celebrar o Día do Libro no noso centro acudimos á sala de usos múltiples para asistir á actuación da contacontos Leo Leíña.

Unha mestura de contos, maxia, cancións,... coas que todos pasamos un bo rato.

 

Tamén trouxemos os nosos libros favoritos da casa, cunha ficha sobre eles coas que , dende a biblioteca do centro, farase unha exposición. 

Ademais tamén estamos a preparar no ciclo unha historia formada  co enlace de textos que vai facendo cada neno coa palabra favorita de cada un deles.

Xa contaremos como queda!

(2011-2012) Xornada de Educación Vial coa DXT

Este mércores participamos xunto cos compañeiros de ciclo dunha xornada de Educación Vial no noso colexio.

Con persoal da Dirección Xeral de Tráfico estivemos na aula de informática vendo uns vídeos relacionados co tema e traballando nos ordenadores cun programa informático co fin de que coñecésemos mellor os diferentes tipos de sinais de tráfico, as funcións dos policías, como se debe comportar un como peón,...

Despois do recreo saimos ao patio onde nos agardaba un garda civil de tráfico co seu coche. Explicounos cal era a súa labor, as cousas que levaba no maletero do seu coche (sinais, bandieras, reflectantes,...) , as luces e serea do teito,... Incluso deixounos subir nel. Algún atreveuse a poñer as súas gorras e falar pola radio.

Tamén nos explicou en que consistía o alcoholímetro e o perigo de ir bébedo ao volante. Por se acaso fíxonos a proba a todos. Demos 0,00 , ningún deu positivo.

¿Sabedes canto é o máximo permitido?

E como remate entramos ao pavillón onde tivemos que poñernos uns chalecos reflectantes, cascos e por turnos fumos pasando a un circuito que nos tiñan montado na pista con semáforos de verdade, rotondas, cedas, stops, pasos de peóns,... Subidos a uns coches eléctricos recorremos o circuito tendo conta de respetar todas as sinais e as indicacións do monitor.

A maioría conducidos tan ben que case xa nos dan o carné. Outros.... despois de varias infracción graves... incluso lles retiraron o coche e non puideron seguir disfrutando do pracer de conducir con responsabilidade. Como na vida real!

(2011-2012) Intercambios lectores

Os nenos/as de 5º apadriñamos ós nenos/as de 1º por un día.

Os padriños e madriñas tiñan que lerlle ao afillado/a que lle tocara por sorteo.

As experiencias quedaron recollidas no noso cuaderno de bitácora.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.