Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2014-2015) Prantamos cenorias e leituga

O pasado mes de outubro comezamos a participar nunha actividade que durará todo o curso e que xira en torno ás sementes e ás prantacións, facendo así unha pequena horta de aula.

Seguindo a lista que temos para o encargado do día, comezaron Álvaro e Iker.

   

 Álvaro encargouse de prantar as sementes da cenoria e Iker, de leituga.

Previamente prepararon as súas macetas que xa tiñan decoradas, facéndolle con un punzón buratiños para deixar saír a auga.

       

Eles son os responsables das súas sementes, de regalas regularmente e facer a medición para ver cómo van crecendo.

   

e reflexalo nos paneis e no seu dossier individual.

Iker e Álvaro nos trouxeron información da casa tanto sobre a cenoria como sobre a leituga, e a engadiron nos paneis.

Ademáis, tamén falamos sobre as características destes alimentos, os describimos, tocamos, cheiramos e probamos.

     

Comparamos os sabores da cenoria cruda e cocida

e aínda que non todos quixemos probala, á maioría dos que sí, nos gustou mais a cocida.

                

 Tamén fixemos coas cenorias e con mazás zumes de cenoria.

              

E aínda temos pendiente facer unha rica ensalada coa leituga!

Noutra entrada vos seguiremos contando, pois este mes tamén tivemos dúas prantacións....

 

 

 

 

(2014-2015) Proxecto dos caracois I

Xa vos contáramos o noso comezo de proxecto, sobre os caracois.

Nesta ocasión, como será moi curtiño, nos centramos en traballar en torno a información que atopamos nos libros e en internet, sen pedir información a casa, como habitualmente vimos facendo.

Nestas semanas continuamos a facer algúns traballiños.

Nunha sesión, despois de buscar nalgúns libros de clase e ver un par de videos, demos resposta  a dúas preguntas plantexadas, e averiguamos algunhas cousiñas, que comezamos a plasmar no mural.

En equipos, reflexamos o descuberto para pegar no mural e para, tamén, contarlle novamente aos demais compañeiros.

O equipo dos tiranosurus nos contan o que lle gusta comer aos caracois.

e o dos emperadores nos contan que pertencen a familia dos moluscos e algunhas das partes do seu corpo.

Outro equipo nos contou que nacen de ovos, e que os enterran para protexelos ata que nacen as crías. Quedamos todos moi sorprendidos!

Isto o averiguamos buscando nos libros de clase e para complementar o descuberto tiñamos un video na web que o contaba moi ben.

Se queredes miralo podedes pulsar aquí.

Así, despois nós tamén reflexamos  no noso dossier estes descubrimentos e ademáis, traballamos algúns contidos curriculares, identificando as palabras que temos que pegar en cada parte do caracol (a máis curta e máis lunga, a que empeza por "o" e a que empeza por "c") e copiándoas.

      

 

Tamén comezamos, agora que estamos todos máis centrados neste tipo de propostas cooperativas, a facer as autoavaliacións nos paneis, valorando se nos puxemos todos de acordo, se todos colaboramos dalgunha maneira na actividade, se rematamos o traballo no tempo establecido e se deixamos recollido o material, para o que contamos cun encargado de material.  

    

Noutra sesión, como a cuncha ou caparazón do caracol ten forma de espiral fixemos espirais con plastilina para elaborar selos para estampar.

Tiñamos que seguir unha consigna que era que a medida do churro que necesitábamos para espiral tiña que ser igual de longo que unha palliña.

       

Primeiro necesitábamos poñer o noso nome no cartón onde pegaríamos a espiral. Para uns é algo rutinario pero para os máis pequenos precisa de máis atención e tempo.

Despóis só había que estirar e medir a lonxitude coa palliña.

e pegar no cartón, unha vez feita a espiral.

Noutra sesión, estampamos cos nosos selos de espirais, despois de falar e decidir todos os compoñentes de cada equipo, tres cores para estampar con elas.

        

Noutros momentos de xogo libre ou por recantos, tamén creamos espirais ou caracois, doutras maneras, como por exemplo cos pinchos.

E para a semana, seguiremos buscando nos libros de clase, nos que cada día atopamos algo que nos sorprende e que ten relación cos caracois, e que marcamos cun papeliño para que a profe o fotocopie.

Ademáis contaremos con algo moi especial para poder observalos moi moi detidamente!

    

(2014-2015) E ademáis en outubro...

No pasado mes, participamos en moitísimas propostas.

Algunhas xa volas contamos en entradas anteriores: 

-A visita ao parque arqueolóxico, onde fixemos pan e comimos castañas asadas.

- A celebración do Samaín no cole.

-A creación dun conto de medo entre as dúas aulas de infantil.

Ademáis da celebración dos cumpreanos deste mes,  e o traslado temporal á biblioteca.

Ademáis de todo iso, neste mes, continuamos a asentar normas de aula, que trasladamos ao noso dossier,

   

e rutinas diarias, como o momento da entrada para o encargado do día.

Así, agora que temos un calendario dixital,

      

tamén buscamos a data do día e outras importantes do mes nel ademáis de no de papel.

Ademáis do noso conto de medo e a creación e transformación de follas en caras terroríficas

tamén axudamos a decorar os corredoiros enchendo a entrada de morcegos, que previamente picamos

e nos que pegamos as nosas caras asustando, fotos que nos fixemos os uns aos outros.

Para o concurso de cabazas fumos xuntando na clase un día antes e o  mesmo día, as cabazas que preparamos en casa coas nosas familias.

    

Coas follas que recolléramos e outras que tiñamos n aula tamén fixemos estampacións, pintándoas primeiro con témpera.

  E continuamos a traballar no "muro das palabras".

    

                

Este mes comezamos coas vogais e trouxemos palabras de casa tan interesantes como: atrapamoscas, acuario,  enciclopedia, inflamación, ornitorrinco,....Se queres ver como son algunhas delas podes entrar no noso diccionario e escribir a palabra para que apareza a imaxe.

Ademáis, démoslle continuidade a unha actividade que comezaramos na biblioteca, na que partindo de diversas imaxes e fotografías de árbores e bosques, establecimos diálogos sobre cada unha delas, e as representamos debuxándoas.

Nesta ocasión, cada equipo cooperativo escolleu unha delas e a pintou con témperas no seu block.

Tamén partimos de unha destas imaxes para crear o noso conto de medo.

E nestes días estamos facendo sesións de "xogar a pensar" cunha destas imaxes que é un cadro moi moi coñecido. Vos contaremos en qué quedaron estes diálogos iniciais.

 

 

(2014-2015) Iniciamos novo proxecto- OS CARACOIS

En semanas pasadas sucedeu que case todos os días atopábamos algún caracol no patio ou incluso traíamos da casa.

            

Como seguimos a falar e a insistir sobre os caracois, a profe preguntounos se nos gustaría investigar sobre eles para averiguar máis cousas das que podíamos saber, e todos encantados da proposta!

Cómo sempre facemos, en asemblea falamos do que sabíamos sobre os caracois e entre estes coñecementos previos tamén elaboramos algunha que outra hipótese, que no percorrido do proxecto constataremos ou botaremos por terra.

Tamén fixemos debuxos  sobre caracois, escribindo a palabra, cada quen según o seu ritmo madurativo.

Estes coñecementos previos non só os fixemos falando e debuxando. Senón tamén creando por equipos, é dicir, a partir dunha proposta de aprendizaxe cooperativo, con diferente material de refugallo.

Tratábase, coma sempre que facemos estas propostas, que se fixera falando todos os compoñentes do equipo, e aportando todos. Non todos os equipos conseguimos ser un equipo e facelo entre todos pero foi un achegamento, sobre todo para os máis pequeniños.

E estes foron os nosos caracois:

 A seguinte parte era expoñer entre todos 

Qué queremos saber?

      

Estas  son as nosas preguntas, ademáis de outra que non está anotada Que comen?

Tamén falamos de Onde podemos buscar? 

-Libros

-Ordenadores, pantalla, sala de informática

-Preguntando a outras persoas.

 

Todavía non comezamos a respostar a estas preguntas, debido a preparación de tarefas e propostas relacionadaas coa festa do magosto e do Samáin pero mentres tanto, comezamos a elaborar unha casiña para os nosos caracois, coas ideas e aportacións de todos, suxerindo, qué elementos debería haber na casa, con qué confeccionala...

         

E, por suposto, saímos na búsqueda de caracois polo patio do cole, pero foi nun día que pola calor estaban un pouco escondidiños e teremos que esperar a días máis húmidos.

                             

 Tamén, nunha das sesións de psicomotricidade, fixemos un circuito a partir dunha historia que nos contou a profe, sobre uns caracois que debían transportar comida e no bosque polo que se desplazaban atopaban moitos obstáculos- un tronco enorme polo que tiñan que deslizarse, pedras ás que tiñan que subir e logo baixar, unhas ramas altísimas que facían coma un túnel polo que arrastrase...

  

    

E polo momento isto é todo sobre o noso proxecto, xa vos iremos contando!!

 

 

 

 

 

(2014-2015) Creamos a nosa rima e árbore para a celebración do magosto.

Este venres 25 celebramos o magosto dun xeito diferente a outros anos, no parque arqueolóxico de Campo Lameiro. Pinchando aquí podes ver cómo nos foi nesta celebración.

Uns días antes estivemos creando unha pequena poesía na aula, que o día do magosto teríamos que recitar e que iría acompañada dunha  árbore en cartolina, decorada por todos nós. 

Para preparar a árbore aproveitamos follas que tiñamos na clase, pois hai unhas semanas estivéramos recollendo no patio as que caeron das árbores

Os compañeiros de 4 e 5 se encargaron de debuxar a árbore inicialmente, o tronco e as ponlas

      

e os compañeiros de tres anos, se encargaban de pegarlle con alkil as folliñas, ás que lle tiñan que curtar o rabiño e cando eran moi grandes, tiñan que cortalas para que colleran dentro do espacio das ponlas, que eran máis estreitas.

Mentres uns pegábamos a follas, outros escribían os versos da poesía, que nos quedou así:

              QUEIMAN  NAS  MANS 

                 AS  CASTAÑAS,

                UNHAS  SÍ,  OUTRAS  NON

              ESTOUPAN A  MOGOLLÓN.

          COMEREMOS  ATA  EMPACHAR

            E  IREMOS  A  XOGAR.

E así, pouco a pouco fumos rematando a árbore e pegándolle a rima.

               

O último día decidimos engadirlle folliñas de castiñeiro.

E chegou o día, no que  recitamos a nosa poesía e deixamos de regalo a nosa árbore, para decorar nalgún recanto do parque arqueolóxico e deixar constancia do noso paso por alí nesa data. 

          

 

Como temos  moitísimas follas, estamos facendo algunhas actividades plásticas e de lóxica matemática con elas, pero xa vos contaremos con máis calma noutra entrada.

Aquí estamos pegando nun plástico diferentes tipos de follas, de distintos tamaños, formas e cores, para decorar nalgúns recanto da aula ou do cole.

Tamén aproveitamos as castañas que trouxemos para o magosto

             

para facer algunhas propostas con elas, contándoas, facendo camiños e formas, e introducíndoas como un elemento e recurso máis de xogo e traballo.

     

Vos seguiremos contando! Polo momento, xa pasamos o magosto, pero aínda nos agarda unha festa mooi esperada!! O SAMAÍN!!!

 

 

(2014-2015) Formamos equipos de traballo e pensamos nun nome para identificarnos.

No mes de setembro comezamos a formar os equipos de aula.

Cos compañeiros do noso equipo traballaremos de xeito cooperativo, desenvolveremos propostas creativas, diálogos, tomas de decisións, votacións, e incluso traballos individuais nos que sabemos que podemos contar cos nosos compañeiros se necesitamos axuda.

Formado o equipo, o paso seguinte era pensar e decidir entre todos os compoñentes cal sería o nome que lle poñeríamos para identificarnos.

Así, temos por un lado ao equipo dos  TIBURÓNS

Os seus membros: DANIELA- XIÁN- LUCAS G.

O equipo dos EMPERADORES

  ALBERTO - JORGE - CECILIA

 

O equipo dos TIRANOSAURIOS

              

IVÁN- LARA - LUCAS F.

E o equipo dos CARACOIS

Formado por ÁLVARO - IKER- ROI - NAYRA

Os momentos da xornada nos cales levaremos a cabo traballo cooperativo de distintos xeitos- para levar a cabo as investigacións dos proxectos, para compartir xogos  e propostas creativas- tamén o temos sistematizado no horario (sempre flexible e adaptado aos cambios que poidan xurdir do día a día) e así elaboramos entre todos  un horario xigante para a aula no que vemos qué días o adicamos a estas propostas. 

Tamén elaboramos o noso horario individual, uns recortando e pegando as fotos, outros escribindo ademais os nomes das actividades, para telo na casa e que as familias coñezan as nosas rutinas.

Nestas semanas seguimos moi ben este horario e isto nos axuda a anticipar e tamén a situarnos temporalmente, como por exemplo nalgúns momentos da xornada:

Informática (na que nos distribuímos por parellas e algún grupo de 3, e o encargado/a do día fai os grupos).

                   

A pintura con témpera no noso block,

     

O momento das rutinas do encargado/a, pasando lista, compoñendo o seu nome coas letras móbiles, contando aos compañeiros, situandonos no calendario e no horario... 

           

ou os momentos do recreo, no parque infantil, cando non chove.

E vos seguiremos contando, nunha próxima entrada! Rindo

 

 

 

(2014-2015) Manipulando material de refugallo

A semana pasada, adicamos un tempo da xornada a  manipular diferentes tipos de materiais naturais e de refugallo que temos na aula nun recanto, e así darnos conta das súas posibilidades.

               

Éste é un recanto que nos gusta moito visitar e vos amosamos algún do material co que contamos nel:

Báscula, pinzas, e tapóns de corcho.

Tapóns de varios tamaños e cores, e triángulos de plástico empregados nas esquinas das embalaxes.

Rolos baleiros de cinta e celo, pezas e tacos de madeira.

Follas.

Ademáis contamos con pedras de distintos tamaños, cores e textura e cunchas.

E outro material que iremos incorporando.

Xa organizados por equipos manipulamos libremente algúns destes materiais, xogando coas texturas, cores, formas, tamaños e deixando voar a nosa imaxinación.

Partindo desta exploración individual, que a veces compartíamos con algún compañeiro de equipo, pasamos a facer clasificacións, comparalo e facer pequenas composicións con él.

 

    

Unha vez superada esta primeira parte, cada equipo debíamos de maneira cooperativa, crear entre todos co material do que dispoñíamos na mesa, unha longa muralla que percorrese os bordes da nosa mesa (e para quen o acadase, completalo cun castelo no centro da mesa, dentro da muralla).

Aínda que parece unha misión sinxela, e que finalmente todos a acadamos, non foi doado levar a cabo esta tarefa téndonos todos en conta e facéndoo xuntos, pois os máis pequenos todavía nestes comezos de curso tenden a ir máis por libre pero para iso estaban os maiores do equipo para guialos e explicarlles o seu papel nesta proposta.

 

Como vedes, pasamos un rato moi concentrados, facendo pensar a nosa cabeciña, e pasándoo moi ben!

 

(2014-2015) Así continuamos o comezo de curso

Nestas seguintes semanas de curso, seguimos a coñecer os distintos espacios e recantos, materiais e xogos da aula e a xogar e traballar xuntos, relacionándonos.

Construindo con distintos materiais.

No recanto da casiña e perruquería.

No recanto da pizarra dixital, bailando.

No pabellón, onde fixemos moitos xogos co corpo e cos aros.

A profe ensinounos como utilizar algún material novo, como este xogo de froitas, que o utilizamos de xeito cooperativo

e ó que despois lle demos outras aplicacións que se nos foron ocurrindo.

    

Os primeiros días participamos nun xogo de pistas, que estaban escondidas en globos colgados pola clase. Pistas  con números

        

que nos conducían, a través de distintos espacios do cole, a un tesouro que o encargado do día debía atopar e se encargaba de repartir.

Tamén subimos á biblioteca a escoitar e a ler contos.

E houbo momentos para o traballo, elaborando o noso libro dos compañeiros,

e axudándonos sobre todo os maiores aos pequenos.

             

Estas semanas ademáis elaboramos as nosas bandexas da merenda, e usamos unhas letras móbiles moi grandes que os compañeiros de Infantil 2 nos deixaron, para escribir o noso nome nelas. 

Tamén estamos a elaborar un horario xigante para a aula onde ver qué actividades temos cada día, e que o faremos individualmente para levar a casa.   

E seguimos a traballar nas normas, que decidimos, dramatizamos para deixar reflexadas en fotografías, e pegamos tamén nun mural para recordalas.

Cando o teñamos rematado volo ensinamos!

Agora estamos agrupándonos por equipos, con compañeir@s que se sentarán con nós na mesa e que se axudarán entre eles nas distintas propostas e faremos tamén traballo cooperativo.

 

Vos seguiremos contando o que estamos a facer na aula!

Ata pronto!

            

 

 

 

(2014-2015) Primeiros días de cole

Este mércores comezamos as clases, xa vos amosamos a nosa foto de grupo na anterior entrada.

Foron días de risas, cancións, contos, e moito xogo para ir coñecéndonos e integrando os novos espacios do novo cole, para algúns compañeiros.

Ahí van algunhas fotos destes momentiños:

Presentándonos aos compañeiros, contándolles o que máis nos gusta: dinosaurios, caza, Dora exploradora, Hello Kity, Doraemon, contos, debuxar e pintar, xogar cos amigos, os animais,...

  

Xogando cos animais , ata lles construimos algunha casa.

         

Modelando coa plastilina.

 

                Cos puzzles e as construccións.

            Debuxando e pintando.

Axudando a elaborar algún panel de aula.

Tamén pintamos as mans para un dos murales de aula, que xa vos amosaremos, pois o estamos rematando.

Ademáis contamos contos, xogamos co corpo, visitamos o pabellón e xogamos con algún material, e comezamos a participar nun xogo de pistas, cun tesouro diario. Por iso, papis e mamis, se estes días chegamos do cole con algo que non é noso, é certo, é un premio do cole.

Xa vos contaremos!

E ata nos trouxemos á aula un caracol que unha compañeira, Cecilia, atopou no cole.

                

Cánta expectación pero nos durou pouco a euforia pois mentres levábamos a cabo unha actividade, o caracol marchou e non o demos atopado!!

Onde estará agochado?

                         O luns o averiguaremos.

 

 

 

 

(2014-2015) Comeza un novo curso e temos novos compañeir@s.

  

Vos presentamos na nosa foto de grupo, aos nosos novos compañeiro/as de 3 anos.

Éstes somos nós, de esquerda a dereita comezando pola fila traseira:

JORGE - ALBERTO -  IKER - IVÁN - ÁLVARO - LUCAS

NAYRA - LARA - LUCAS - DANIELA - CECILIA - XIÁN - ROI - ÁNGELA

 

E estes dous días nos adicamos a coñecernos un pouquiño, intercambiando algúns xogos..mirade, mirade...

Canta comidiña estamos a preparar!

E logo, un descanso para ir á perruquería...

              

 Outros, andivemos a inventar historias cos pictogramas, no recanto da biblioteca.

         

Hai moitas máis cousas que fixemos estes días, e en canto estean as fotos na galería, volas amosaremos.

Ata dentro de pouquiño!!

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.