Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Xornal escolar paxina individual



COMO FACER UN BONITO REGALO PARA MAMÁ...OU PARA CALQUERA!!!
PUBLICADO O 08/05/17

Como chega o día da nai, temos que pensar en  facerlle un regaliño, verdade?.

Eu, douvos unha idea:

UN POEMA A SORBOS PARA MAMÁ!!!

( ou para calquera persoa á que queiramos facerlle un agarimo). 

Como o facemos?

Materiais:

- Un vaso bonito de plastico ou de papel.

-Letras de pegar.

-Unha palliña.

-Un poema inventado ou buscado en internet.

-Cartulinas de cores.

Para elaboralo recortamos tiras de papel e pegamos as estrofas nas tiras de papel.

Podemos poñer debuxos para adornar os poemas.

 

Despois pegamos as letras no vaso para formar a frase "poemas a sorbos para mamá".

Pegamoslle unha palliña ó vaso con papel celo para que non se mova.

 

Por último enroscamos os folios de cores coas estrofas dos poemas e metémolos no vaso.

LISTO!!!

 

Un orixinal regalo para mamá que de seguro lle vai encantar. 

Autora: Jessica (5º curso). 



EDITAR ARTIGO

O contido deste xornal online forma parte do sitio web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho atopándose albergados os seus arquivos no mesmo servidor que a web do centro. Este xornal online forma parte, a tódolos efectos, da citada web do centro.
editar admin

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 12 invitados conectados.