Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Primaria
Teatro Pazo da Cultura (Narón)
O pasado martes 22 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto de Ensino Primario desprazouse ata o Pazo da Cultura, en Narón, para presenciar a obra de teatro "Patapatúm" da compañía Elefante elegante: un espectáculo de teatro visual sen palabras, unha reflexión sobre o tempo e como os adultos enchemos os baleiros da vida dos nenos con cousas materiais.
SORPRESA! E unha máis! E moitas máis! Unha morea de regalos! Grandes, pequenos, pesados, lixeiros, azuis, verdes, laranxas, cadrados, redondos... Regalos de todas as formas e tamaños, divertidos e asombrosos... O neno non tiña mans para abrir tantos xoguetes...
A verdade é que lles custou un pouquiño entender este tipo de teatro pois están afeitos ao teatro dialogado... De todos os xeitos, desfrutaron co espectáculo, e unha vez no colexio, deunos pé nas aulas para falar de tantos agasallos como reciben por Reis, aniversarios... e o pouco ou moito caso que lles fan.
VISITA AO MERCADO DE 2ºA
Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, aproveitando que estábamos a traballar os cartos, fomos visitar o Mercado que teñen montado na aula os nenos e nenas de 2ºA. Cada un levou os seus cartos e fixo unha pequena compra. Atendéronnos moi ben!
VISITA de ELVIRA MENÉNDEZ
O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria comezamos esta última semana do mes de abril coa visita da escritora de moitos libros de literatura infantil e xuvenil Elvira Menéndez. Elvira non so é escritora tamén é actriz e guionista. Traballou en programas infantís como "Barrio Sésamo", "La Bola de Cristal", "La Cometa Blanca" e en series como "Hospital Central", "7 vidas"...
Hoxe estivo con nós e falamos do seu libro "La máquina maravillosa" un libro de ciencia ficción que nos cautivou a todos e todas dende o primeiro capítulo. A xuntanza resultou moi amena e entretida, nela compartiu con nós as súas vivencias e contestou a todas as nosas preguntas. Moitísimas grazas Elvira pola túa visita!
Cursiño de Reanimación Cardiopulmonar do Concello de Fene
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria aprendeu a realizar a Reanimación Cardiopulmonar.
Videoconferencia con Rebeca Atencia
Con motivo do 8 de marzo o centro está a traballar a diferentes mulleres científicas, aproveitaremos tamén o Entroido para facer unha particular homenaxe.
O alumnado de 1º e 2º está a traballar á primatóloga Jane Goodall, fundadora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés en Tchimpounga (República Democrática do Congo), e hoxe tivemos a sorte de poder falar coa ferrolana Rebeca Atencia, quen está a cargo do mencionado centro.
Ademais, Rebeca Atencia é unha prestixiosa veterinaria, que recibirá o Premio 8 de marzo do Concello de Ferrol.
No seguinte video nos conta xurdiu o seu interese polos animais.
Moitas grazas!
VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria disfrutaron moitísimo da visita ao Aquarium! Tamén aprenderon unha morea de cousas sobre os peixes e outros animais mariños e sobre os plásticos e como afectan os vertidos no mar!! Estiveron esperando para ver a Gastón, o tiburón da Sala Nautilus, pero estaba moi canso e decidiu non aparecer... así que fomos ver ás focas mentres comían!
VISITA Á EXPOSICIÓN "TERRAS DE SALITRE"
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizou unha visita á exposición "Terras de salitre" da fotógrafa Cristina Mittermeier. Alí aprendemos sobre o mar de plástico e o que temos que facer para evitar que aumente de tamaño, descubrimos o que leva Cristina na súa mochila e vimos fotografías preciosas. Gustounos moitísimo!
ÁNXELA LOUREIRO visita o noso cole
Hoxe foi un día completo no noso cole, o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de contar con Ánxela Loureiro autora de "Laia, a nena da illa", a visita foi todo un éxito. Falamos do libro, que nos gustou moito, pero o que non imaxináramos era que íamos rematar cantando e bailando.
Grazas Ánxela, foi unha charla inmellorable!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »