Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Primaria

Sugar Skulls

O alumnado de 5º e 6º de primaria estivo traballando arreo en Arts para crear estes collages inspirados nas caveiras de azucre que fan en México para celebrar o Día dos Mortos. Ademais, practicaron inglés e aprenderon sobre esta tradición.

Agora estes traballos tan coloridos e alegres decoran a entrada do centro. Quedaron ben vistosos! Good work!


 

Grupos interactivos 5º e 6º. Hoxe xogamos...

Este curso estreamos no terceiro ciclo a proposta de grupos interactivos que no noso centro xa se viña facendo noutros ciclos. Desfrutamos dunha xornada de xogos de mesa en grupos formados por nenos e nenas de 5º e 6º e un familiar que voluntariamente achegouse ao centro a participar con nós nesta nova andaina. Temos que agradecer ás familias a súa disposición, paciencia e entrega nesta actividade. O resultado vese nas fotos e algunhas das primeiras impresións das familias xa as temos.

"Encantada de xogar con estes nenos e nenas e DE APRENDER CON ELES." Lucía Souto

"Encantado de xogar todos xuntos e pasar un ratiño tan divertido. Desexando volver!" Diego Maceiras 

"Momentos bonitos e divertidos." Isabel Cortizas 

"Encantoume pasar este bo rato con todos estes "pequenos artistas". Ata a próxima!" Silvia Delgado 

"Encantada de vir e de que teñades iniciativas tan chulas que compartir. Grazas!" Paula de Santiago 

 

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe en 1º e 2º de Educación Primaria conmemoramos o Día das Escritoras. Para celebralo limos sinopses e partes de diferentes contos infantís escritos por mulleres: Corre corre cabaciña, A casa da mosca chosca, Fina a pirata ou Escarlatina a cociñeira defunta foron algúns dos elixidos. A partir das lecturas, os nenos e nenas debían tratar adiviñar cal era a portada de dito conto e así tamén coñecer á autora. Unha vez feito isto, levaban o robot DOC ata ela.

Visibilizamos e coñecimos así a labor de escritoras galegas.

INICIAMOS PEGADAS VERDES EN 1º E 2º

Nas aulas de 1º e 2º xa estamos a tope co noso proxecto documental integrado.

O pasado luns realizamos na biblioteca un xogo no que traballamos o impacto dos microplásticos no mar e nos diferentes seres vivos. Convertémonos en placton, sardiñas, bonitos, baleas, tartarugas e tamén en pescadores para aprender sobre a cadea trófica. Foi unha actividade moi visual coa que seguimos a concienciarnos sobre o uso de plásticos e a contaminación en xeral.

Seguimos traballando! 

 

Together we are a masterpiece! Xuntos e xuntas somos unha obra de arte.

O alumnado de 5º e 6º creou este mural na materia de Arts estas primeiras semanas de curso.

Debuxaron as súas mans e decoraron unha con liñas rectas e a outra, con liñas curvas e con todas as mans creamos esta flor xigante que decora o corredor da segunta planta.

We are each unique and beautiful, but together we are a masterpiece!

Cada un somos únicos e preciosos, pero xuntos somos unha obra de arte!

 

Visita de 5º e 6º de primaria ao CIS Tecnoloxía e Deseño

O venres día 29 de setembro as clases de 5º e 6º de primaria fomos ao CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol porque, con motivo da G-Night, organizaron uns obradoiros moi interesantes para nenos e nenas.

Un deles titulábase “Slime lab. Do laboratorio ao mercado”. Nesta actividade, partindo da curiosidade e interese que esperta nas rapazas e rapaces o slime, investigamos as propiedades dos fluídos non newtonianos e probamos dúas receitas para obter uns slimes do máis profesionais. Unha vez creados os slimes, deseñaron a imaxe corporativa e o packaging do produto, que puideron levar para as súas casas.

 

O outro obradoiro chamábase “Exploradores virtuais”, no que o alumnado puido coñecer de primeira man o potencial das tecnoloxías de Realidade Aumentada e Realidade Virtual. Probaron unha camiseta que mediante Realidade Aumentada nos permitía ver os órganos internos do corpo, usaron unha aplicación para probar tatuaxes, crearon os seus propios Merge Cubes e programaron distintas animacións con eles.

Finalmente, puideron probar unas gafas de Realidade Virtual. A algúns deulles bastante impresión, tiñan a sensación de que ían caer!

Foi unha mañá do máis entretida e interesante!

https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/relevancia-da-celebracion-das-actividades-da-g-night-no-cis-tecnoloxia-e-deseno-2/

 

As rapazas e rapaces de 5º e 6º teñen moito que dicir

Escoitade ás nosas rapazas e rapaces de 5º e 6º e pasade polo segundo andar da escola para desfrutar das súas marabillosas creacións.

Os maiores da escola teñen moito que dicir e as súas mestras podemos asegurar que son unhas e uns artistas, porque mirade que traballos tan espectaculares fixeron o primeiro día de escola deste curso para celebrar a volta ao cole. Quedaron preciosos, enchen de cor o corredor das nosas aulas e, o que é mellor de todo, axúdannos a coñecernos mellor, porque contan cousas sobre cada un e cada unha.

Noraboa, rapaces e rapazas, fixestes un fantástico traballo!

CREAMOS O XOGO DO TRES EN RAIA

O noso proxecto documental integrado deste curso tivo un dobre produto final, por unha banda, como xa sabedes, celebramos a II edición do Centifest no que amosamos todo o aprendido neste curso, por outra, o alumnado de 1º e 2º tamén fixemos os nosos propios tres en raia.

Primeiro de todo, cosimos unha bolsiña onde gardaríamos as pezas, despois, modelamos as pezas e pintámolas e por último marcamos na propia bolsiña o taboleiro de xogo.   

Cada neno e cada nena fixo o seu propio tres en raia mais tamén fixemos un a maiores para doar a aula hospitalaria.

 

XOGOS DO MUNDO

 Un dos traballos que presentamos o alumnado de 1º e de 2º de Educación Primaria á nosa feira de xogo foi un mapamundi no que incorporamos códigos QR que nos dirixían a vídeos onde os nenos e nenas explicaban oralmente as instrucións de xogos de diferentes partes do mundo: África, América…

Para facer este traballo previamente fixemos unha búsqueda de información e tamén gravamos os vídeos no noso croma.

 Ao final quedounos así! 

 

 

Para favorecer a difusión tamén fixemos uns trípticos enlazando a ditos códigos QR. 

Recibimos a visita de Pere Tobaruela

O pasado xoves recibimos a visita de Pere Tobaruela, autor do libro “Mariña e o balón” que limos o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

 

 

Primeiro, entre todos e todas recordamos o conto facendo un breve resumo e reflexionando sobre algúns aspectos que acontecían nel como a pouca presenza das nenas en xogos como o fútbol

Despois tivemos un tempo de preguntas e aí pescudamos que Pere ademais de escritor é adestrador de fútbol feminino algo que sen dúbida o levou a escribir este conto.

 

Para rematar asinou os nosos libros!

Grazas Pere por este ratiño tan agradable e por facernos rir tanto.

 

Distribuir contido