Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

3º Educación primaria

Unha veterinaria especial.

A nosa veterinaria particular Sorriso


O venres rematamos o trimestre dun xeito moi especial; tivemos a visita da nai de Enma, Lorena, que é veterinaria. Como nestes meses estivemos traballando sobre animais, ela veu falarnos de cousas moi interesantes sobre eles, que descoñecíamos.

Descubrimos que na Clínica onde traballa Lorena en Narón, o "can crestado chino", é o can que soe visitar á veterinaria máis raro da súa especie. Tamén recibiu 2 víboras que atoparan nunha casa de campo, despois de estar pechada unha tempada. Incríble!!!

Lorena contounos como temos que actuar se atopamos un animal perdido: debemos chamar á Policía Local, Protección Civil ou 112; eles saberán que facer co animaliño, e o levarán a un refuxio de animais ou a unha protectora onde os atenderán.

A clínica veterinaria Catro Patas, onde traballa Lorena, colabora coa protectora "Terracan", que  dispón de animais para adoptar, sen mercar. Así que antes de mercar un animaliño lembrade que hai moitas protectoras e refuxios onde hai animais abandoados que podemos levar para as nosas casas.

Sabiades que....

  • os peixes ou as tartarugas medran en función do espazo que teñan para vivir? Se dispoñen dun habitáculo grande mderan mais.
  • é moi importante que os animais estean vacinados para que non teñan enfermidades e que non poidan transmitilas?? Por exemplo, o can pode transmitirlle aos humáns a rabia se ten a enfermidade; se non a ten, el non pode contaxiarte.
  • se un can lle da rápido á cola quere dicir que está contento?
  • se un gato pon as "orellas de aviador" quere cicir que está enfadado?

O traballo de veterinaria pareceunos moi interesante, e  Lorena díxonos que a ela encantáballe, e iso nótase.

Canto nos gustou estar contigo e compartir todas as túas experiencias !!!

E, sobre todo, temos que lembrar que " os animais non son xoguetes ".

 

GRAZAS LORENA, ESPERAMOS QUE VOLVAS CANDO QUEIRAS!! 

 

Contos na boca de....Víctor.

Contos na boca de...Víctor.

O luns veunos contar un conto Víctor, o papá de Melania. Recibímolo con moito agrado pois nunca veu un pai a contarnos un conto, así que ...Grazas Víctor por ser tan valente!!

O conto gustounos moito; era o conto de Dumbo, de seguro que todas e todos o coñecedes. Un elefantito ao que rexeitaban por ter unhas orellas enormes, pero que lle servían para ser único: grazas a elas podía voar !!! Todas as persoas temos algo que nos fai únicos e inimitables, só hai que buscar nelas para atopalo.

Grazas Víctor!!! Esperamos que volvas axiña!!!....A seguinte vez xa non estarás nervioso Guiño !!!

victor 1.jpgVictor 2.jpg

 

 

Contos de boca

Contos na boca de....Cristina.

O luns veu Cristina, a nai de Thais, contarnos a historia da "Arca de Noé". Foi unha historia que case ningún coñecía, e nos chamou moito a atención. A humanidade tiña un serio problema porque eran moi malos uns con outros e ían sufrir un castigo.

Noé decidiu facer un arca enorme onde metería un animal de cada especie por si se acababa o mundo. A convivencia era difícil, pero había que intentalo e había que levarse ben e axudarse.

 

Cris1.jpg

Despois ensinounos a canción ...."estaba el cocodrilo y el orangután, dos pequeñas serpientes y el águila real"....

Encantounos....Grazas Cris!!!! Esperamos que volvas!!!

Cris 2.jpg

 

CONSUMO RESPONSABLE DA COMIDA

FACEMOS UN CONSUMO AXEITADO DA COMIDA???

A semana pasada veu Juana, a mamá de Roque, para facer unha actividade sobre o noso PDI. Desta volta ensinounos a reciclar a comida que sobraba, a facer unha lista da compra cando vaiamos mercar coa familia (así mercaremos só o necesario )...

Juana , Roi e a súa irmá Carmela, fixeron para nós un mural no que, cun camión, percorrimos a cadea de produción.....dende as granxas, as fábricas e almacéns, hipermercado, tenda ata chegar a casa. Todo estropea o medio ambiente: dende os peidos das vacas (que producen metano, un gas moi prexudicial), ata nós mesmos que imos no coche á compra, cando temos a tenda pretiño de casa.

Pois si....é verdade, pero imos intentar ser máis responsables para coidar o noso medio ambiente!!!


PDI 1.jpg

 

Despois desfrutamos reutilizando pan reseso: fixemos pan relado, picatostes, e torradas de pan.

Para rematar fixemos unha merendola fantástica comendo os picatostes e as torradas con aceite e queixo crema.

1703022152325.jpg1703022152345.jpg

1703022152353.jpg1703022152335.jpg

 

 

                                                       Ahhhh e Juana deunos dúas receitas para facer na casa.

                                                                                   Que ricoooooo!!! 

                                                                                    Grazas Juana !!!!

Hoxe contamos contos inventando o final

Inventamos finais para contos de Nadal !!!

1702557192346.jpg1702557192373.jpg

1702557192356.jpg1702557192365.jpg

 

Quedaron uns finais tolos de todo!! !Sorprendido

Pero pasámolo xenial !!!

 

 

 

Os nosos " contacontos" especiais.

" Conta contos Mariana, e os conta co  moita gana " 

Esta semana nos nosos " Contos de boca", contamos coa axuda de Mariana, a mamá de Sara, que veu contarnos dous contos chulísimos.

Non saberiamos dicir cal dos dous nos gustou mais., pois non houbo acordo.

O primeiro era  " A Caca Cuca ", que falaba da importancia de que os donos de cans ou cadelas recollan as cacas das súas mascotas, pois paseando podemos comprobar que hai diferentes tipos de cacas : longas, truños....

Se queredes saber máis, buscade o libro, é moi interesante.Beso

O seguinte conto titulábase "La casa de abuela". Mariana meteunos pouco a pouco naquela  casa da avoa na que pasaban cousas moi raras, moi raras; na que había un parque encantado no que entrabas a través dun armario, na que abrías a neveira e atopabas gusanos.... e na que descubrimos, ao final, que a avoa era unha bruxa, e o neto un home lobo.

Mariana 1.jpg

                                                           Alucinaaaaaaaaaaaaaaaaaaante!!!

                                            Grazas  Mariana !!!  Estamos desexando que volvas cando poidas.

 

Mariana 2_0.jpgMariana 3.jpg

 

 

Unha sesión musical.

Unha sesión músical con mandolina.

Thanks Lily !!Risa

O luns tivemos a sorte de desfrutar de Lily tocando a súa mandolina.

Ensinounos dúas cancións cantadas e tocadas por ela, e vaia pasada!! Canta e toca moi bonito!!

Foi fantástico! Esperamos que repitas, Lily...sobre todo para volver a cantar " A magic dragon lives..."

"Os nosos Contos de Boca"

Onte inauguramos a actividade de " Contos de boca"; a nosa primeira convidada foi Juana, a mamá de Roque, que veu contarnos dúas lendas moi fermosas e que nos impresionaron moito.

A primeira lenda foi a da creación da Torre de Hércules: "Hércules consegue vencer ao rei Xerión decapitándoo,  enterra a  súa cabeza e manda construír unha torre nese mesmo lugar para conmemorar e recordar a súa victoria".

Por iso o escudo de A Coruña ten unha Torre de Hércules cunha caveira debaixo....

A segunda lenda foi a da Serea das Mirandas:" Din que nas illa Mirandas vive, dende hai moitos moitos anos, unha serea que adoita moverse pola ría de Ares, e que ás veces aparécese para facer ben, ou para facer mal.

Tede coidado cando vaiades á praia das Mirandas.....andade con ollo !

Lembrade que as lendas son lendas, pero que teñen a súa parte de verdade.

Grazas Juana !! Foi moi divertido, así que esperamos que volvas cando queiras ! 

   

 

RECANTO DOS ANIVERSARIOS

O venres 29 de setembro de 2023 inauguramos o recanto dos aniversarios ao que iremos cada vez que un compañeiro ou compañeira celebren o seu aniversario: cantaremos, festexaremos e repartiremos os agasaios que traian para compartir co resto do alumnado da aula. Para comezar ben celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos no verán: Sara, Paula, Víctor, Sofía e Thais.

Gústavos? A eles e elas encantoulles a iniciativa... Están agardando a que cheguen os seguintes aniversarios!!!

                

VISITA DUNHA FARMACÉUTICA

Hoxe, 9 de xuño de 2023, os nenos e as nenas de 3°EP recibimos a visita de Rosa, a mamá de Iria Maceiras que é farmacéutica.

Contounos unha morea de cousas, algunhas que xa sabiamos e outras que eran totalmente novas para nós.

Falounos do seu traballo na farmacia, de que cada luns preparan os pastilleiros nos que colocan a medicación que as persoas precisan tomar cada día e así non esquezan tomala, isto fanno todos os luns con todas aquelas persoas que o precisan. Explicounos onde debemos botar os medicamentos que están caducados para non contaminar: na entrada das farmacias hai un contedor branco no que depositalos, chámase "punto SIGRE".

Contounos cales eran os hábitos de vida saudable, que debemos comer e todo aquilo do que non debemos abusar, nin nós nin os maiores.

Despois púxonos un vídeo no que vimos cales eran os seis fototipos de pel, o por que debemos botar a protección solar tanto se hai sol coma se está nubrado, cal é o factor que debemos usar e de canto en canto tempo debemos botalo... Díxonos que a pel era o órgano máis grande do corpo e que tiña memoria!!! Iso deixounos un pouco desconcertados e desconcertadas, pois pensabamos que a memoria só estaba no noso cerebro.

Invitounos visitar a farmacia na que traballa e aceptamos de bo grao a invitación, é unha sorte poder ver de primeira man un establecemento sanitario coma este e coñecer como traballan nel!! Quedamos en ir cando comece o curso 2023/2024, ela está a agardar por nós!!!

Grazas Rosa por dedicarnos parte do teu tempo e vir ao cole contarnos tantas cousas... Agardamos poidas volver outro día!!!

                                                                                                                         

 

  

Distribuir contido