Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
3º Educación primaria
CONTOS DE MEDO - SAMAÍN 2020
Despois de ter traballado na aula virtual a festa do Samaín e os contos de medo, na aula de 3º EP animámonos a escribir o noso conto de terror.
As creatividade dos nenos e das nenas non ten parangón, só hai que deixalos e deixalas crear e das súas cabeciñas saen creacións espectculares. Foi moi difícil facer unha escolma de todos os contos para escoller un.
Aquí tendes o escollido, o conto que escribiu Darío. Agardamos que vos guste.
Exposición virtual: ahora vamos andando al cole
Dende Stop Accidentes queremos informarvos de que realizamos unha exposición virtual cos debuxos e cartas gañadoras do calendario de Galicia deste ano 2020, na que participou o voso centro e inclúe o debuxo de Carla García Fernández. Achegamos o enlace para que poidades visitala e compartila coa vosa comunidade educativa.
http://www.peopleartfactory.com/g/14515
3º EP - Adaptación da programación didáctica curso 2019/20
Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, adáptase a programación didáctica do presente curso, puidéndose consultar no arquivo adxunto.
TITORIAL DE COMO ACCEDER Á AULA VIRTUAL
Bo día familias!
No arquivo adxunto, tedes un titorial de como acceder por primeira vez á aula virtual. Tedes un enlace directo nesta mesma páxina web, na marxe da esquerda, titulado AULA VIRTUAL.
Agardamos que vos guste esta nova aventura virtual!
Pola nosa parte...comezamos con ganas e ilusión!
Unha aperta!
DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR
Hoxe é o Día do Libro e do dereito do autor e queremos celebralo con vós a través das aportacións que fixestes a "Fame de Palabras". Disfrutádeo!
Proposta de actividades 22 de abril.
Ola familias!
Hoxe deixámosvos uns enlaces de páxinas webs que vos van gustar moito, e as solucións das tarefas do luns 20 de abril no arquivo adxunto.
- Como facer "Libros en movemento".
- Un conto sobre o coronavirus da ONU: “Mi héroe eres tú”.
E unha vez máis….coidádevos moito!!!!
Vero e Carmen.
RETOS EF NO CONFINAMENTO (20 ao 24 abril)
Ola rapaces e rapazas!
Déixovos unha serie de retos para levar a cabo. Seredes capaces de superarvos a vós mesmos? As explicacións están en catalán, pero fan unha demostración do reto polo que é facilmente entendible. A por elo!!!
- Salta comigo: https://youtu.be/b_xGJqGcDas
- Quen se achega máis?: https://youtu.be/ZPomffax4DI
- Baixo canastra: https://youtu.be/tfyzxVQhZeU
- Érgome sen que me caia o rolo: https://youtu.be/Iw9cNYlRL5w
- Aplauso pelota: https://youtu.be/MrQvEvUyvwg
- Quen encesta máis?: https://youtu.be/aBZa3iTemXM
English activities: Earth Day!
Hello!
Here you have some activities to do:
1) Practice the new vocabulary with the pairs game below. Download the PDF below
2) Earth Day reading. Read the Protect the Earth Book. Download the PDF below.
3) Make a craft of Earth's Day. Download the PDF below.
Enjoy!
3º PROPOSTA DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 20 DE ABRIL
Bo día!
A continuación adxunto a proposta para esta semana.
Un saúdo.
