Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

3º Educación primaria

Actividades propostas 18 de marzo.

Tal e como quedamos deixámosvos actividades propostas de cada área. En cada entrega irán fichas de Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá, e unha de Ciencias que iremos alternando, naturais ou sociais.

Carta para as nenas e nenos .

Carta para as nenas e os nenos.

Olaaaa!!!Como xa lles dixemos ás mamás e aos papás, as profes de 3º A e 3º B preparamos unha serie de propostas para facer nestes días de corentena. Como non sabemos o tempo que imos ter que estar na casiña, é importante que traballedes algo para non esquecer o que aprendimos. Por iso aquí tedes fichas de todas as materias (mate, lingua galega, lingua castelá , sociais e naturais), iguais ás que facemos na clase, pero tamén tedes páxinas web coas que podedes disfrutar moito.

E lembrade:

Sede bos, colaborade na casa, aproveitade para disfrutar a tope e ..... traballade un pouquichiño!!!

QUEDADE NA CASA.

TODO VAI SAÍR BEN.

Verónica e Carmen.

PROPOSTAS PÁXINAS WEB EDUCATIVAS

Moi bo día a todas e todos!

Deixámosvos unhas propostas de xogos online para as rapazas e rapaces que nos pareceron interesantes:

- Neste enlace tedes xogos variados para practicar as táboas de multiplicar. Son bastantes, polo que podedes distribuílas e organizalas como mellor vos pareza nos próximos días.

- No seguinte enlace propoñemos un xogo de gramática de palabras compostas: aquí.

- E, por último, un contacontos moi divertido! Preme aquí para escoitalo. 

Agardamos que vos sexan útiles.

Moito ánimo!

RECOMENDACIÓNS XERAIS

 

Estimadas familias:

Queremos axudarvos cunha serie de IDEAS OPCIONAIS para manter un horario e unhas rutinas nestes días especiais, que podan axudar a que o ritmo de traballo e autonomía das nenas e nenos non se vexa prexudicada:

- Intentar elaborar un horario diario (de luns a venres) no que se inclúan actividades como por exemplo: tempo de lectura diario (recomendamos uns 30 minutos como mínimo), tempo para realizar as actividades propostas na páxina web, tempo de lecer, etc.

- Diario do Coronavirus: parécenos unha boa idea que as nenas e nenos redacten diariamente como están a vivir estes días de corentena. Poden expresar o que aprecian no seu entorno e como se senten eles mesmos día a día. Será un bo xeito de contar como viviu cada un de nós esta situación cando volvamos ao colexio.

- Repasar o que aprendemos de nutrición saudable organizando menús diarios e calculando cantidades en función dos membros da familia.

- Para completar as suxestións que vos iremos colgando na páxina web, propoñemos os seguintes enlaces onde as nenas e nenos poderán visualizar vídeos explicativos dos contidos que levamos vistos:

Nesta páxina poderedes visualizar contidos de ciencias naturais e sociais.

Nesta páxina poderedes atopar xogos educativos de tódalas materias e para o nivel de 3º de primaria.

Queremos agradecervos a comprensión e colaboración nestes días que se aveciñan e lembrarvos que para calquera dúbida nos escribades por Abalar.

O mércores 18 colgaremos material por áreas.

Moitas grazas a todas e todos.

Titoras de 3º E. Primaria.

3º EP actividade de música

- Repasamos a escala musical.

 

- Repasamos Rondín Picotín:

https://www.youtube.com/watch?v=pLWJdZZmyrw

3ºEP Actividade de inglés: repaso de vocabulario con Quizlet

Con esta aplicación, poderás poñer a proba todo o que recordas sobre o vocabulario de inglés de "Food". Os pasos son os seguintes:

1) Proba a ver cántas flashcards acertas! Pincha aquí

2) Intenta acertar a resposta correcta. Pincha aquí

3) Serías capaz de escribilas? Pincha aquí

4) Afina o oído e escribe o que escoites! Pincha aquí

5) Proba que xa és todo un experto ou experta nesta proba. Pincha aquí

ATLETISMO DIVERTIDO

Como remate do segundo trimestre participamos nunha nova xuntanza de Atletismo divertido organizada polo Concello de Fene.

Foron tres horas,no Pavillón de San Valentin, deporte divertido nas que disfrutamos moitísimo.... non nos cansamos nada....

Agardamos que chegue a seguinte!!!!!!!

                                

          

UNHA NENA DE NOBEL

 Con motivo do día da muller que celebramos o día 8 de marzo, o alumnado de 3º EP tivo a súa pequena participación no mural conxunto que fixemos entre todos os nenos e as nenas.

 A nós tocounos a frase “E UN LIBRO” que fomos pintando entre todos.

PROGRAMA DE RADIO FEBREIRO 2016. CRÓNICAS DE CENTIEIRAS.

Este mes fixeron o programa de radio os nenos e as nenas de terceiro e sexto; coma sempre o noso agradecemento a Radio Fene por darnos esta oportunidade!!!

Podedes escoitalo en directo o venres 26 ás 12 da mañá en Radio Fene no 107.7 FM ou no enlace do programa.

(Pinchar na radio para escoitar o programa)

 

                                            

  

                                       

 

                                       

 

                                                            

Distribuir contido